DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2023.

Ao existir un posto vacante de persoal laboral operario/a de servizos básicos (Departamento de Obras e Servizos Varios), código RPT 02.00.00.03, segundo se desprende do cadro de persoal, e en aplicación do establecido na Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 349/2023, do 20 de decembro, deste concello,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2023. O proceso selectivo correspondente deberase publicar no prazo improrrogable de tres anos, contados desde a data da publicación da oferta de emprego público, que inclúe a seguinte praza:

Persoal laboral:

Código RPT

Grupo

Corpo/Escala

Descrición da praza

Dotación

02.00.00.03

V

Segundo convenio

Operario/a de servizos varios

1

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios e na sede electrónica da Corporación (https://sede.touro.gal), en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Terceiro. Dar traslado da presente resolución á Delegación do Goberno en Galicia e á Xunta de Persoal do Concello de Touro.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pode interpor, potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución ou, conforme o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpor, directamente, recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da Coruña ou, de ser o caso, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, computados de data a data a partir do día da notificación da presente resolución.

Se se optase polo recurso potestativo de reposición, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Quinto. Dar conta da presente resolución ao Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que teña lugar, en cumprimento do disposto no artigo 42 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Touro, 20 de decembro de 2023

Roberto Castro Rocamonde
Alcalde