DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 263

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 4 de decembro de 2023 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, facultando a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), e convocar para o ano 2024 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 3.600.000 €  no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios. En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A Transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será dun mes, contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2024

Ano 2025

Total

2023 00002

09.A1.741A.7700

1.800.000,00 €

1.800.000,00 €

3.600.000,00 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; transcorrido este, poderase entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude, e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións para realizar ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións para realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa
Galicia Feder 2021-2027

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é expoñente e dinamizadora dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e a diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e da sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a 3 prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de 5 obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e actuacións que se desenvolverán integrados nos correspondentes programas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. O obxectivo estratéxico 5 busca impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5).

En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3 e, polo seu carácter transversal, responde aos tres retos e ás tres prioridades. Ten como obxectivo estratéxico impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5) e  intégrase no programa Posiciona.

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos.

Unha aposta que se plasma na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega. Aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e dos seus produtos e servizos.

En concreto estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

a) Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados, pero, sobre todo, zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 21-27 no seguinte encaixe:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicación.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, micro empresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores, senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados. Así mesmo, considérase adecuado o apoio ás pemes galegas que –operando en Galicia– pretendan a captación de clientes estranxeiros, incluíndo, polo tanto, as empresas inmersas en procesos de internacionalización inversa como posibles beneficiarias.

Esta liña de axuda compleméntase coas liñas de axuda Galicia Exporta organismos intermedios e Plan Foexga, cofinanciadas co Feder, e cos servizos do Igape á internacionalización.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852: mitigación ao cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariño, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do RDC.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007.

Artigo 1. Obxecto

Estas axudas teñen como obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Artigo 2. Definicións

1. Única empresa: para os efectos desta resolución e da noción de persoas beneficiarias para o cálculo do límite previsto no artigo 4.1, terase en conta a definición de única empresa establecida no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, no artigo 2.2 do Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo ás axudas de minimis no sector agrícola, que coinciden coa noción de empresa vinculada do artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (CE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Enténdese por única empresa todas as sociedades que teñan, polo menos, un dos seguintes vínculos entre si:

(a) unha (1) empresa ten unha maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa.

(b) unha (1) empresa ten dereito a nomear ou revocar a maior parte dos membros dos órganos de administración, dirección ou control doutra sociedade.

(c) unha (1) empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado coa dita empresa ou unha cláusula estatutaria doutra empresa.

(d) unha (1) empresa, que é accionista ou asociada a outra empresa, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, unha maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

As empresas que manteñan calquera dos catro supostos das relacións a través doutra ou outras empresas tamén deben ser consideradas como única empresa.

2. Feiras comerciais: manifestacións comerciais organizadas por terceiros, de duración limitada, que teñen por obxecto a exposición de bens e a oferta de servizos para favorecer o seu coñecemento e difusión, promover contactos e intercambios comerciais, lograr maior transparencia no mercado e achegar a oferta á demanda.

3. Feiras comerciais de carácter internacional: as feiras comerciais organizadas por terceiros de carácter internacional e tipo presencial, que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no calendario oficial de feiras comerciais internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os anos 2024 ou 2025, publicadas no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Inclúense, ademais, as feiras comerciais virtuais con carácter internacional.

4. Outros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros, de duración limitada. Quedan incluídas nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, pases de produtos audiovisuais (screenings), desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións e outras de similar natureza. Inclúense, ademais, os eventos expositivos virtuais con carácter internacional. A presenza como expositor obedecerá a un obxectivo comercial preestablecido ou responderá a unha oportunidade de negocio previamente identificada, relacionadas directamente cos bens ou servizos que produce ou presta o beneficiario.

Non se entenderán incluídos nas definicións dos números 1, 2, 3 e 4:

– Os mercados de época, os mercados festivos e as feiras artesás.

– Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda.

– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

5. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia: inclúe visitas presenciais de clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores con sede no estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e dos seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación internacional. As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións da empresa en Galicia como ao lugar en Galicia dun proxecto que a empresa solicitante realizase ou estea realizando e que queira mostrar como modelo a clientes potenciais.

Artigo 3. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019), e no Regulamento (UE) 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro de 2023, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 717/2014, (UE) nº 1407/2013, (UE) nº 1408/2013 e (UE) nº 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) nº 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, o seu período de aplicación e outros asuntos; ou as normas que os substitúan.

4. A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 3.600.000 €  no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular, esta convocatoria enmárcase en:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores de realización e de resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

5. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados, conforme o disposto no artigo 54 do RDC.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do RDC, todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, do no significant harm).

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos custos.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que carezan de personalidade xurídica propia, aínda que realicen actividade empresarial.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia acreditarana as sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

Artigo 6. Proxectos obxecto de apoio e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos. Os gastos clasifícanse en:

Custos directos: determinados con base no seu custo real, que se corresponden cos descritos nas alíneas a), b), c) e d) do punto 3.

Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables, de conformidade co establecido na alínea a) do artigo 54 do RDC e que se corresponde co descrito na alínea e) do punto 3.

2. Os límites máximos de gasto subvencionable son os establecidos en cada tipo de acción. O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).

3. Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

a) Accións de difusión.

b) Accións de promoción.

c) Accións de prospección en mercados internacionais.

d) Accións de operatividade da internacionalización.

e) Custos indirectos.

• Custos directos.

a) Accións de difusión:

a) 1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a) 2. Campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores/distribuidores do estranxeiro.

Gastos subvencionables:

Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente.

Non se subvencionarán gastos de deseño e elaboración dos anuncios, gastos de axencia nin outros semellantes, agás os indicados neste punto. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

a) 3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para a súa difusión en mercados estranxeiros.

Gastos subvencionables:

Gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos para difusión en mercados estranxeiros.

Quedan excluídos deste punto os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

As accións de difusión recollidas na alínea a).3 só poderán ser subvencionadas cando estean vinculadas á execución, polo menos, dunha das accións recollidas nas alíneas b) e c) 1 e c) 2 destas bases.

O límite máximo de gastos subvencionables para todas as accións de difusión é 20.000 € por solicitude.

b) Accións de promoción:

b) 1. Nesta alínea inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.3).

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.4).

Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.

Gastos subvencionables (accións presenciais):

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III. O límite de ida será o correspondente ao traxecto máis longo entre a orixe e o destino (indicados nos xustificantes de gasto de avión, tren ou autobús) realizados polas persoas que viaxen.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou nos seus arredores, cun máximo de 5 noitadas. Polo menos, unha das noitadas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento en que se participa.

No caso de accións en máis dun país poderanse engadir un máximo de 2 noitadas máis por país cun máximo total de 10 noitadas.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.

Non son subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se admiten noitadas in itinere durante as escalas da viaxe.

3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stands, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: entradas, dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario e equipamento, aluguer de equipamentos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Admítense como máximo 2 entradas por evento, cun importe máximo por entrada de 1.500 €.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmontaxe de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 € por cada feira ou evento presencial no que se participe.

Gastos subvencionables (accións virtuais):

Subvencionaranse gastos de alugamento de stand virtual e dos servizos relacionados co alugamento; gastos de intérpretes e cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).

O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.

b) 2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes, segundo a definición recollida no artigo 2.5) das bases.

Gastos subvencionables:

Gastos de viaxe a Galicia das persoas das empresas visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

Gastos de aloxamento en Galicia e gastos de intérpretes.

Os límites de gastos por persoa para aloxamento e viaxe son os recollidos no anexo III.

Os límites de gastos de intérpretes por visita son 1.200 €.

Gastos de desprazamento en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

O límite de gasto subvencionable para este tipo de acción é de 5.000 € por persoa solicitante.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c) 1. Axendas de reunións de carácter presencial.

Gastos subvencionables:

Gastos de servizos de consultoría. Non será subvencionable a simple elaboración da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución do proxecto.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

c) 2. Análise de competencia no estranxeiro: documento que inclúa a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa e os seus produtos, a través do estudo da competencia nos devanditos mercados (por exemplo: análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou similares).

Gastos subvencionables:

Gastos de servizos de consultoría.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 3.000 € por solicitude.

c) 3. Accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos de servizos de consultoría.

O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

2º. Gastos de alugamento de locais no estranxeiro con fins promocionais no mercado obxectivo durante o período de execución establecido na resolución de concesión. Nestes locais non se poderán realizar vendas directas.

O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.

En relación cos gastos de consultoría, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste punto deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia xurídica, técnica e servizos para a tradución de documentación. Inclúense como subvencionables os gastos das taxas específicas e inherentes aos servizos relacionados no parágrafo anterior sempre que estean relacionadas coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Taxas específicas e inherentes aos servizos de operatividade, sempre que estean relacionados e sexan indispensables.

O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.

Non se permiten renovacións de rexistros de marcas, certificacións ou patentes.

• Custos indirectos.

e) Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, en que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministración (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

4. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por persoa beneficiaria, en que se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras da a) á d) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude, entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

5. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings.

b) Os convites.

c) Os custos de elaboración e posicionamento de páxinas web e redes sociais.

d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

e) Folletos, material de papelaría, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

g) O alugamento de espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.

h) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

6. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda (data da última factura), ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

7. Os provedores teñen que ser independentes, non poderán estar asociados nin vinculados entre si nin coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non serán admisibles as facturas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do servizo atendendo ao seu obxecto social e/ou alta en actividade económica compatible cos servizos prestados.

Excepcionalmente, poderase autorizar a contratación con provedores vinculados, con carácter previo á concesión, cando se xustifique a necesidade por parte da persoa solicitante e se acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

8. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, errores idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

10. Non se subvencionarán os servizos contratados relacionados coa actividade empresarial da persoa solicitante da axuda.

11. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 7. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

1. A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados no artigo 6 punto 3, letras a), b) c) e d). Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 95.000 € por solicitude e persoa beneficiaria.

2. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral, cunha base de puntuación de 100 puntos:

a) Dificultade para acometer o proceso de internacionalización e, polo tanto, maior necesidade de apoio. Máximo: 24 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Tamaño da empresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. Microempresa: 24 puntos; Pequena empresa: 20 puntos; Mediana empresa: 16 puntos. Esta condición acreditarase mediante a declaración no formulario electrónico de solicitude.

b) Tipo de internacionalización da empresa. Máximo: 24 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Empresa exportadora de mercadorías fabricadas pola propia empresa solicitante da axuda: 24 puntos. Empresa exportadora de mercadorías non fabricadora (comercializadora): 12 puntos. Empresa que presta ou comercializa servizos no estranxeiro (os seus clientes reciben o servizo no estranxeiro): 12 puntos. Empresa internacionalización inversa (venda de produtos ou prestación de servizos en Galicia a clientes estranxeiros, os clientes acoden a Galicia): 4 puntos.

Esta condición acreditarase no formulario electrónico de solicitude.

c) Novos solicitantes: recibirán 20 puntos as empresas que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de convocatorias destas bases anteriores á convocatoria IG230.2023 (excepto as convocatorias IG230.2019 e IG230.2020).

d) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores á convocatoria IG230.2023 (excepto as convocatorias IG230.2019 e IG230.2020). Máximo: 16 puntos. Avaliarase tendo en conta:

O informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas para o mesmo fin de internacionalización: 16 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se acadasen resultados positivos.

Este informe debe incluír, para cada subvención recibida pola empresa solicitante –con resolución de concesión entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de xaneiro de 2019, e ao longo de decembro de 2022– un detalle de:

1º. Ano da resolución de concesión da axuda.

2º. Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, o importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).

3º. Finalidade da axuda.

4º. Resultados en termos de:

i) Nº de contratos asinados.

ii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas ás accións subvencionadas.

iii) Países en que iniciou negocio a empresa solicitante.

iv) Países en que consolidou negocio a empresa solicitante.

No caso de non acadar resultados positivos, ou non cubrir o informe, obteranse 4 puntos nesta epígrafe da baremación.

As persoas solicitantes que incorresen en «resolución de perda total de dereito ao cobramento» na convocatoria IG230.2022 non obterán ningún punto nesta epígrafe da baremación.

e) Empresas con produtos ou servizos obtidos a través da realización exitosa de proxectos de I+D+i. Máximo de 8 puntos.

Esta condición declararase no formulario electrónico de solicitude.

f) Empresas con selo da certificación de Galicia Calidade dalgún dos seus produtos e/ou servizos. Máximo de 8 puntos.

Esta condición declararase no formulario electrónico de solicitude.

g) Empresas que fosen beneficiarias nas 2 últimas convocatorias do programa IG166-Axudas á contratación de xestores de internacionalización, e contratasen coa dita axuda, como xestor de internacionalización, a unha ou varias persoas beneficiarias do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial nas convocatorias IG220.2015; IG220.2018 ou IG220.2020. Máximo 16 puntos. Avaliarase tendo en conta que:

Concederanse 8 puntos por cada persoa contratada beneficiaria do programa IG220. Non se computará no caso de que a persoa beneficiaria do dito programa incorrese nun incumprimento total.

Esta condición acreditarase no formulario electrónico de solicitude.

As persoas solicitantes que incorresen en «resolución de incumprimento total» nalgunha das ditas convocatorias IG166, non obterán ningún punto nesta epígrafe da baremación.

No caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio a), b), c), d), e), f) e g) do artigo 7.2, sucesivamente. Se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do RDC, decidirase a favor do proxecto en que se prevexa a implantación dun plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. De persistir o empate, darase preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

Tras a baremación, o órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadasen 24 puntos.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as cales solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención, que incluirá: os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario a entidade solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, e constituirá unha infracción moi grave, tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, podéndose impoñer as seguintes sancións:

1º. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2º. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda os 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do número 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i) Á perda, durante un prazo de ata cinco anos, da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii) Á prohibición, durante un prazo de ata cinco anos, de celebrar contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii) Á perda, durante un prazo de ata cinco anos, da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

d) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

f) Se é o caso, declaración responsable da persoa representante legal de que a empresa ten implantado un plan de igualdade, identificando o código do localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos.

g) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriu coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (RD 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido da Lei de sociedades de capital.

h) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

i) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

k) Que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.

l) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non o xerou a aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda; transcorrido este, considerarase que desistiron da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura sexa suficiente para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Memoria descritiva do proxecto, que se deberá cubrir no propio formulario electrónico de solicitude, co formato e contido mínimo proposto pola aplicación.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 6.8 destas bases reguladoras.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 5.2.d) das bases reguladoras, a persoa beneficiaria debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo V das bases reguladoras:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

e) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio do no significant harm-DNSH), segundo o anexo VI das bases reguladoras.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación dos datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE).

f) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

h) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

k) Informe de Galicia Calidade, S.A.U., en relación coa letra f) do artigo 7.2 destas bases.

l) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 9.1 destas bases.

m) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

n) Consulta de concesións pola regra de minimis.

ñ) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

o) Certificado da renda (IRPF).

p) Contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, de ser o caso.

q) Informes de vida laboral da empresa.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trasa presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 12. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, composto por tres membros: o director da Área de Internacionalización, que actuará como presidente, o subdirector de Internacionalización e o técnico Responsable de Programas, que actuará como secretario, con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 13. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante a publicación na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 7.2 destas bases.

Artigo 14. Resolución, publicación e notificacións

1. A Área de Internacionalización do Igape ditará a proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. Na resolución, que ten a consideración de documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), constará a información sobre o cofinanciamento polo programa Galicia Feder 2021-2027 e as correspondentes porcentaxes, con indicación do obxectivo político, obxectivo específico, actuación e ámbito de intervención. Así mesmo, figurará a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución e, se procede, o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o DECA.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do RDC.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria; transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón https://www.igape.gal/gl/notificacion-telematica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

Artigo 15. Réxime dos recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestivamente recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 16. Modificación da resolución

Unha vez ditada resolución de concesión, non se admiten modificacións.

O cambio de programación dun ou varios eventos expositivos por outro ou outros dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión non se considera modificación.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Durante o período citado na epígrafe anterior, as empresas estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas públicas ou privadas, supere o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

i) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o devandito plan durante o período de execución do proxecto.

k) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de non causar prexuízo significativo (principio do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

l) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración da  convocatoria  no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos de seguimento.

m) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder a Unión Europea, segundo o establecido no anexo VII.

n) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. Para cobrar a subvención concedida, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL), que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O devandito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. A persoa beneficiaria deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas co gasto xustificado.

No caso de gastos de alugueiro de locais no estranxeiro, debe presentar o contrato de arrendamento.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento se realizou efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente. No caso de que a xustificación da execución do proxecto comprenda máis de 20 facturas, a xustificación deberá facerse obrigatoriamente con este informe de auditor.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: unha relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, unha orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou carta de recepción asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse coa copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, en que se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados e situación da persoa solicitante da axuda polo que se refire ao mercado/s obxectivo/s, unha vez realizadas as accións.

d) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 6.3.a)1 será necesario achegar, ademais:

Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV), onde consten os medios, datas das insercións, países e, se é o caso, fotos das insercións dos anuncios en prensa escrita.

No caso das cuñas radiofónicas e dos spots, ademais: certificados da súa emisión.

e) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 6.3.a)2 será necesario achegar, ademais:

Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV), onde consten os medios, datas das insercións, países e fotos das insercións publicitarias no catálogo ou páxina web do importador/distribuidor.

f) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 6.3.a)3 será necesario achegar, ademais:

Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV), onde consten o calendario de difusión, e fotos ou arquivos escaneados de mostras do material promocional realizado.

g) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)1 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e o destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tickets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de noitadas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo anexo IV-Informe de execución).

h) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)2 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados no punto anterior 18.5.g)2 e 18.5.g)3 para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento.

3) Se é o caso: declaración responsable de que non se percibiu remuneración ou outra contraprestación económica como relator.

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución).

i) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)3 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados na letra g) para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento dos clientes, importadores, prescritores, etc. visitantes á sede da empresa en Galicia.

3) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución).

k) No caso de concesión de axuda para a realización de accións e prospección de mercados das previstas no artigo 6.3.c), ademais será necesario achegar copia do informe de execución (segundo modelo do anexo IV) asinado polo provedor, en que se indique, como mínimo: situación do solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, se é o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas. Se é o caso: contrato de alugamento do local promocional.

l) No caso de concesión de axuda para a realización de accións e prospección de mercados das previstas no artigo 6.3.d), ademais será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor, en que se indique, como mínimo: situación da persoa solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. Se é o caso: copia dos documentos acreditativos do rexistro da marca ou patente no organismo competente do país de destino da acción.

m) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 6.8 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

n) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

o) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que se concedeu a subvención.

p) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 17 destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A persoa beneficiaria deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 17.e), xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica. A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de perda de dereito ao cobramento da axuda total ou parcial e, de ser o caso, de reintegro das cantidades previamente abonadas.

Artigo 19. Aboamento das axudas

1. Poderase realizar o pagamento anticipado, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, ata o 50 % do importe da subvención concedida, sempre que a persoa beneficiaria o solicitase marcando esta opción no anexo I de solicitude, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente. A concesión do anticipo, se é o caso, incluirase na resolución de concesión da axuda. A persoa beneficiaria queda eximida da obriga de constituír garantías, conforme o disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

O pagamento final realizarase polo resto do importe da subvención concedida, unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, que se xustificará mediante a presentación, na forma e nos prazos previstos nestas bases, da documentación xustificativa do pagamento final establecido no artigo 18.5. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación, ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, o Igape declarará a perda do dereito ao cobramento da axuda total ou parcial.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 20. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Cando, como consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación da perda parcial do dereito ao cobramento da axuda establecidos no artigo 20.4.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

i) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder.

j) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 17 destas bases.

4. Perda parcial do dereito ao cobramento: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá declarar a perda parcial do dereito ao cobramento, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na devandita proporción.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable, entenderase que o devandito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Artigo 21. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Comprobación das subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do RDC.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013); Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fonde de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos devanditos regulamentos.

e) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

i) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Límites gastos de viaxe e aloxamento

Gastos máximos de viaxe subvencionables por acción e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación).

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

220,00 €

220,00 €

Entre 500 e 1.999 km

580,00 €

580,00 €

Entre 2.000 e 2.999 km

690,00 €

690,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

1.140,00 €

1.140,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

1.250,00 €

1.250,00 €

8.000 km ou máis

1.590,00 €

1.590,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das accións calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país na ligazón:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/system/files/2022-09/Per%20diem%20rates%20-%2025%20July%202022.pdf

(Tarifas publicadas o 25.7.2022).

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 80 % do importe total indicado per diem.

ANEXO IV

Informe de execución

• Accións do artigo 6.3.a).1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión (no caso de campañas en distintos medios, deberase presentar un informe de execución por cada medio).

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data inicio:

Data fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou enlaces (para os efectos de relacionar cada foto coa inserción ou factura correspondente, indíquese como título cada factura ou inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

No caso de insercións en televisión ou radio: pode xuntarse ligazón ou copia de arquivo/s dixital/is co/cos vídeos ou cuñas radiofónicas.

• Accións do artigo 6.3.a).2. Campañas ou Insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais, e páxinas web de importadores/distribuidores, no estranxeiro.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Título da campaña:

Breve descrición:

Denominación do catálogo do importador/distribuidor:

No caso de catálogo dixital, ligazón ao dito catálogo do importador/distribuidor:

Existe relación comercial previa co dito importador/distribuidor?

Identificación do importador/distribuidor: (razón social, NIF (ou equivalente), nome comercial, datos de contacto, nome e cargo da/das persoa/s relacionadas coa solicitante):

Páxina web do importador/distribuidor:

Data inicio:

Data fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou ligazóns: (para efectos de relacionar cada foto coa inserción ou factura correspondente, indíquese como título cada factura ou inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

• Accións do artigo 6.3.a).3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para difusión no estranxeiro.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Breve descrición (alcance e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Breve resumo da execución:

Data inicio da difusión do catálogo:

Data fin:

Calendario da difusión do catálogo:

Número de copias impresas:

Modo de difusión (accións de publicidade, promoción ou prospección en que se utilizou):

País/es de difusión:

Fotos ou ligazón á copia dixital do material promocional: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, indíquese –como título– cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

• Accións do artigo 6.3.b).1. Participación en feiras comerciais carácter internacional (no caso de participación en varias feiras deberase presentar un informe de execución por cada feira).

Nº expediente:

Solicitante:

¿Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Feira 1

Título feira:

Feira incluída na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición da feira: (no caso de feiras novas non incluídas na solicitude da axuda: alcance da feira e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados acadados:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

– Per diem país:

Fonte:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

– Nº noitadas:

– Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe e destino: fonte:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Fotografía/s stand da empresa solicitante na feira comercial: deberá identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial ou dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título da feira comercial e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

Outras evidencias de participación (no caso de dispor dalgunha destas evidencias, xúntese aquí a imaxe):

– Acreditación (credencial/badge) de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

– Acreditacións (credencial/badge) persoais do/s participante/s na feira por parte da empresa solicitante.

– Certificado expedido polo organizador de que a empresa participou como expositor na feira comercial internacional.

• Accións do artigo 6.3.b).2. Participación noutros eventos expositivos internacionais no estranxeiro (no caso de participación en varios eventos, deberase presentar un informe de execución por cada evento).

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Evento 1

Tipo de evento expositivo ou (xornada técnica, demostracións, encontro, desfile, participación en concurso ou certame, presentación de produtos, cata, degustación):

Título do evento expositivo.

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento/acción e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados acadados:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome persoa que viaxa:

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

– Per diem país:

Fonte:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

– Nº noitadas:

– Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe e destino: fonte:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Foto/s do espazo expositivo: deberá identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial ou dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título do evento e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

Outras evidencias de participación no evento expositivo (no caso de dispor dalgunha destas evidencias, xúntese aquí a imaxe):

– Acreditación (credencial/badge) de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

– Acreditacións (credencial/badge) persoais da/das persoa/s participante/s no evento expositivo por parte da empresa solicitante.

– Certificado expedido polo organizador de que a empresa participou como expositor no evento expositivo.

– Outras evidencias.

• Accións do artigo 6.3.b).2. Participación en feiras comerciais e/ou noutros eventos expositivos internacionais no estranxeiro (con carácter virtual):

Evento 1

Título feira/evento:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: (no caso de feiras/eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome da/das persoa/s inscrita/s na feira evento e posto na empresa:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Ligazón ao catálogo virtual en que se acredite a participación da empresa como expositor.

• Accións do artigo 6.3.b).3. Visitas presenciais á sede da empresa en Galicia (no caso de varias visitas, deberase presentar un informe de execución por cada unha).

Nº expediente:

Solicitante:

Visita 1

Título:

Breve descrición da visita:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Data inicio:

Data fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega destino:

Razón social e datos de contacto da empresa/s estranxeira/s visitante/s:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa estranxeira visitante:

Aloxamento:

– Nome do hotel

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

– Nº noitadas:

– Per diem país (España):

Fonte:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/system/files/2022-09/Per%20diem%20rates%20-%2025%20July%202022.pdf

– Importe total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino:

fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Fotos verificadoras da visita das empresas/prescritores estranxeiros á empresa e/ou ao/s lugar/es do proxecto que se vaia mostrar.

Axenda:

• Accións do artigo 6.3.c) Accións de prospección en mercados internacionais. Gastos de consultoría. (Nota: este informe debe vir asinado polo provedor/es do servizo).

Nº expediente:

Solicitante:

Descrición dos servizos prestados:

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

De ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas:

De ser o caso, deberanse xuntar os informes de consultoría correspondentes a estes servizos:

No caso de accións de implantación promocional en destino: breve resumo de desenvolvemento e resultados obtidos. Datos do arrendador, duración do contrato de alugamento, incluíndo data de inicio e data de finalización, enderezo do local.

• Accións do artigo 6.3.d) Accións de operatividade da internacionalización.

Nº expediente:

Solicitante:

Descrición dos servizos prestados:

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Resumo dos resultados obtidos:

ANEXO V

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004

No caso das solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

Para as solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

– Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, abondaría un certificado, emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumprindo, por tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención ou axuda*. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun informe de procedementos acordados.

Para emitir o certificado, na data de referencia utilizada, os procedementos acordados incluirán, polo menos, o seguinte, a partir do detalle sobre os pagamentos pendentes a provedores: o auditor comprobará o importe total do detalle facilitado cos rexistros contables, obtendo, de ser o caso, a conciliación oportuna, e tomará unha mostra para comprobar a corrección das facturas seleccionadas en canto a provedor, data de factura, entrega de bens ou prestación de servizos, antigüidade e clasificación. Así mesmo, comprobarase unha mostra de pagamentos realizados con posterioridade á data de referencia co obxectivo de comprobar que non existen facturas adicionais ás recollidas no detalle facilitado pola entidade ou comprobarase, a partir do detalle de facturas de provedores do libro rexistro de IVE soportado, para unha mostra de facturas, se se atopan pendentes de pagamento e, en tal caso, a súa inclusión no detalle de facturas na data de referencia e, en caso contrario, a partir do maior de provedores seleccionarase unha mostra cun grao de confianza suficiente e realizarase confirmación externa con provedores.

Unha vez realizados estes procedementos, entenderase cumprido o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións cando da información proporcionada non derive que existen facturas pendentes de pagamento cunha antigüidade superior a 60 días.

* O certificado terá unha data de corte, que se considerará data de referencia, anterior á data de emisión do certificado (dun máximo dun mes), posto que o auditor, para poder emitir o seu informe a unha data, ten que terminar os procedementos de comprobación antes da data de solicitude da subvención ou axuda.

missing image file
missing image file

ANEXO VII

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas son subvencións susceptibles de seren cofinanciadas con fondos da Unión Europea. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_GEE.pdf

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas que se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra d) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_GEE.pdf

missing image file

Cando varias actuacións se realicen no mesmo lugar só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación.

Este material deberá ser posto a disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.