DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 333

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 4 de decembro de 2023, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024) cofinanciadas pola Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, facultando a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) e convocar para o exercicio 2024 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 1.300.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2024

Ano 2025

Total

2023 00004

09.A1.741A.7810

1.000.000 €

300.000 €

1.300.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude, e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións para realizar ata esta data, e o 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións para realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción
exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos
Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea
no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é expoñente e dinamizador dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a 3 prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de 5 obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e actuacións para desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. O obxectivo estratéxico 5 busca impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5).

En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3, respondendo polo seu carácter transversal aos tres retos e ás tres prioridades. Ten como obxectivo estratéxico impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5) e intégrase no programa Posiciona.

A internacionalización do tecido empresarial galego ten sido e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos.

Unha aposta que se plasma na proposta da Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025 que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e impacto efectivo das exportacións da empresa galega: aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presencia e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, este plan de internacionalización persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

a) Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados, pero sobre todo, zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

Para os efectos de conseguir maior coordinación de axentes impulsores e apoiar a todos dunha maneira equitativa, considérase axeitado unificar nestas bases o apoio a todo tipo de organismos que realizan accións de fomento da internacionalización da empresa galega (clústeres, asociacións empresariais, consellos reguladores e centros tecnolóxicos).

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 21-27 no seguinte encaixe:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan ao apoio público.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Estas axudas están dirixidas a apoiar o esforzo realizado polos organismos intermedios para promocionar empresas galegas (que compartan similares intereses en determinados mercados) de modo agrupado aproveitando sinerxías e cooperando entre si, polo que se apoian as accións de promoción propostas e organizadas por entidades empresariais sen ánimo de lucro.

Compleméntase, ademais, coas liñas de axuda Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Dixital, Plan Foexga, Plan Sinerxía, e cos servizos do Igape á internacionalización.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852: mitigación ao cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariño, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns, relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, RDC).

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Obxecto

Estas axudas teñen como obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

Artigo 2. Definicións

1. Organismo intermedio empresarial: enténdese as asociacións empresariais, os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

2. Actuacións agrupadas de internacionalización: accións promovidas e desenvoltas por organismos intermedios (OO.II.) para facilitar a internacionalización das empresas ás cales representan. Estas accións clasifícanse en:

a) Acción sectorial: acción promovida e desenvolta polo organismo intermedio representando a todo o sector ou a todas as empresas asociadas ao dito organismo.

No caso de organismo multisectorial, a acción deberá representar polo menos dúas empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

b) Acción grupal: acción promovida polo organismo Intermedio pero realizada directamente polas pemes. Deberán participar polo menos dúas empresas asociadas ao organismo. O organismo pode acompañar as ditas empresas; nese caso, os gastos en que incorra o seu persoal imputaranse ás pemes participantes na acción.

3. Feiras comerciais: manifestacións comerciais de duración limitada, que teñen por obxecto a exposición de bens e a oferta de servizos para favorecer o seu coñecemento e difusión, promover contactos e intercambios comerciais, lograr maior transparencia no mercado e achegar a oferta á demanda.

4. Feiras comerciais de carácter internacional: as feiras comerciais organizadas por terceiros de carácter internacional e tipo presencial, que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario oficial de feiras comerciais internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os anos 2024 ou 2025 publicadas no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Inclúense, ademais, as feiras comerciais virtuais con carácter internacional.

5. Outros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros, de duración limitada. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, pases de produtos audiovisuais (screenings), participación en concursos ou certames, catas, degustacións e outras de similar natureza. Inclúense, ademais, as feiras comerciais virtuais con carácter internacional. A presenza como expositor obedecerá a un obxectivo comercial preestablecido ou responderá a unha oportunidade de negocio previamente identificada, relacionadas directamente cos bens ou servizos que producen ou prestan o sector representado polo organismo o as súas empresas asociadas.

Non se entenderán incluídos nas definicións dos números 3, 4 e 5:

– Os mercados de época, os mercados festivos e os mercados artesáns.

– Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda.

– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

6. Misión comercial: as viaxes de carácter comercial a un país obxectivo organizados conforme unha axenda concertada de eventos. Poden ser prospectivas, directas e inversas.

Quedan excluídas desta definición:

– As viaxes de negocio subseguintes á implantación do organismo intermedio (ou empresas asociadas) no mercado de destino.

– Xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

– As prestacións de servizos no mercado de destino, en particular, as derivadas da execución de contratos.

7. Misión comercial prospectiva: as misións comerciais a un mercado potencial exterior co fin de analizar as posibilidades de negocio e afondar no coñecemento da demanda e da competencia, así como de estudar as formas de acceso e as modalidades de implantación da empresa no país ou países de destino. Inclúense as visitas conxuntas a feiras ou eventos expositivos de carácter internacional.

8. Misión comercial/empresarial directa: as misións comerciais a un país obxectivo de destino, que se desenvolven por medio de visitas e encontros programados con empresas demandantes de bens e servizos, co obxectivo de alcanzar acordos de negocio para promocionar e comercializar os produtos das pemes representadas polo organismo intermedio, así como de facilitar o acceso a novos mercados exteriores.

9. Misión comercial/empresarial inversa: as misións comerciais que reúnen clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co fin de dar a coñecer o organismo intermedio e/ou varias das empresas asociadas ou representadas, e as súas instalacións, presentar os produtos galegos con posibilidades de seren exportados ao mercado de interese e establecer relacións comerciais e/ou sondar posibles fórmulas de cooperación. As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións do organismo intermedio e/ou das empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, como a lugares de localización dos proxectos que o organismo solicitante e/ou varias das empresas asociadas realizasen ou estean a realizar e que queiran mostrar como modelos a clientes potenciais.

10. Campañas conxuntas de publicidade: campañas de publicidade conxunta en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

11. Elaboración de material promocional conxunto: elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

12. Licitación internacional conxunta: convocatorias de subministracións de bens e servizos, proxectos e execución de obras, instalacións, etc., lanzadas por autoridades públicas e as súas empresas de países de destino, ás cales concorren polo menos dúas empresas galegas, directamente.

Artigo 3. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) núm. 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019), e no Regulamento (UE) 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro de 2023, polo que se modifican os regulamentos (UE) núm. 717/2014, (UE) núm. 1407/2013, (UE) núm. 1408/2013 e (UE) núm. 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) núm. 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, o seu período de aplicación e outros asuntos; ou as normas que os substitúan.

4. A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 1.300.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular, esta convocatoria enmárcase en:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización das empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores de realización e de resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan ao apoio público.

5. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do RDC.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do RDC todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, «do no significant harm».

7. As empresas que participen directamente nas accións subvencionadas consideraranse beneficiarias para os efectos de imputación da axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.

Ao organismo intermedio imputaráselle o minimis correspondente ao gasto subvencionado naquelas accións en que participe en representación das súas empresas asociadas.

Tamén se lle imputará ao organismo intermedio o minimis correspondente ao gasto subvencionado pola súa participación en accións sectoriais en representación de todo o sector.

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos custos.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase da persoa solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia.

2. Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 da Comisión e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia acreditarase por parte das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser beneficiarias conforme a este artigo.

Artigo 6. Proxectos obxecto de apoio e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos. Os gastos clasifícanse en:

Custos directos: determinados con base no seu custo real que se corresponden cos descritos nas letras a), b), c) e d) do número 4.

Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables de conformidade co establecido na letra a) do artigo 54 do RDC e que se corresponde co descrito na letra e) do número 4.

2. Los límites máximos de gasto subvencionables son os establecidos en cada tipo de acción. O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).

3. En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas (acción grupal), ou o organismo intermedio solicitante da axuda representando todo o sector ou as empresas asociadas ao dito organismo intermedio (acción sectorial).

O máximo de pemes participantes en cada acción é de 20, participe ou non o organismo intermedio.

4. Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

a) Accións de difusión.

b) Accións de promoción.

c) Accións de prospección en mercados internacionais.

d) Accións de operatividade da internacionalización.

e) Custos indirectos.

CUSTOS DIRECTOS

a) Accións de difusión.

a).1. Campañas conxuntas de publicidade (artigo 2.10) en prensa, revistas, radio, televisión, internet, ou outros medios sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

Gastos subvencionables:

Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente, así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital.

As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

a).2. Elaboración de material promocional conxunto (artigo 2.11).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa en orixe ou destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Quedan excluídos desta epígrafe os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

O límite de gasto subvencionable conxunto para as accións de difusión é de 45.000 €.

b) Accións de promoción.

b).1. Nesta epígrafe inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.4).

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados ao organismo nin ás empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.5).

– A participación en misións comerciais: tanto misións directas, como as visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional (artigos 2.6, 2.7 e 2.8).

Gastos subvencionables (no caso de participación como expositor en feira ou evento presencial):

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren
e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.

Teranse en conta o límite correspondente ao traxecto máis longo entre orixe e destino indicado nos xustificantes de gastos de avión, tren ou autobús realizados polas persoas que viaxen.

No caso de accións sectoriais: límite 3 traxectos de I/V por cada acción.

No caso de accións grupais: límite 41 traxectos de I/V por cada acción.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de 5 pernoitas. Polo menos, unha das pernoitas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento en que se participa.

No caso de accións en máis dun país, poderanse engadir un máximo de 2 pernoitas máis por país cun máximo total de 10 pernoitas.

Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.

Terase en conta a coherencia cos límites de viaxe.

Non son subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se admiten pernoitas in itinere durante as escalas da viaxe.

3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: entradas, dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, alugamento de mobiliario e equipamento, alugamento de equipamentos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Admítense como máximo 2 entradas por evento, con un importe máximo por entrada de 1.500 €.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmontaxe de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

4º. Gastos de asistencia externa para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes. Inclúense as axendas virtuais. Límite: 2.000 € por acción.

Gastos subvencionables (no caso de participación como expositor en feira ou evento virtual):

Subvencionaranse os gastos de alugamento de stand virtual e dos servizos relacionados co alugamento; gastos de intérpretes, e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).

O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.

b).2. Misións empresariais inversas (artigo 2.9):

Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 3 empresas/prescriptores visitantes.

Teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción).

Gastos subvencionables:

1º. Gastos da viaxe a Galicia correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe. Límites indicados no anexo III.

2º. Gastos de aloxamento en Galicia (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán un máximo de 5 pernoitas por persoa e tendo en conta os límites indicados no anexo III.

3º. Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

4º. Gastos de asistencia externa para a realización de axendas, detección de oportunidades, etc. Límite: 2.000 € por acción.

5º. Gastos de alugamento de salóns e espazos.

6º. Gastos de intérpretes. Límite: 1.500 € por acción.

c) Accións de prospección.

Accións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

Gastos subvencionables:

Gastos de alugamento de locais promocionais ou de prospección no estranxeiro durante o período de execución establecido na resolución de concesión.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

d).1. Bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

Gastos subvencionables:

Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectoriais.

d).2. Creación de plataforma aplicación de e-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico.

Non serán subvencionables os gastos de mantemento.

Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases.

Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.

d).3. Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

d).4. Xestión de licitacións internacionais conxuntas.

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

En relación cos gastos de consultoría (asistencia externa) das letras b).1.4º e b).2.4º, as empresas que presten este tipo de servizos descritos nestas letras deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

CUSTOS INDIRECTOS

e) Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

Fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables indicados nas letras a), b), c), e d), ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

5. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings.

b) Os convites.

c) Os custos de elaboración e posicionamento de páxinas web e redes sociais.

d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

e) Folletos, material de papelaría, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

g) O alugamento de espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.

h) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

6. So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por persoa beneficiaria, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar más dunha solicitude, entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

7. Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día 1 de xaneiro de 2024 e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024 (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación), ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

8. Os provedores teñen que ser independentes, non poderán estar asociados nin vinculados entre si nin coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

Non serán admisibles as facturas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do servizo atendendo ao seu obxecto social e/ou alta en actividade económica compatible cos servizos prestados.

Excepcionalmente, poderase autorizar a contratación con provedores vinculados, con carácter previo á concesión, cando se xustifique a necesidade por parte da persoa solicitante e se acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

9. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos nas que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

10. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

11. Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados polo dito organismo. Non se admiten pagamentos en efectivo.

12. Non se subvencionarán os servizos contratados relacionados coa actividade empresarial da persoa solicitante da axuda.

13. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

14. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

15. No caso de que a persoa solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, podendo o seu incumprimento dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios desa epígrafe 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

Artigo 7. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

1. A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados no artigo 6 número 4, letras a), b) c) e d). Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC, co límite máximo de subvención de 400.000 € por beneficiario e convocatoria.

2. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral, cunha base de puntuación de 100 puntos:

a) Representatividade do organismo intermedio.

Número total de empresas asociadas ou representadas polo organismo intermedio solicitante da axuda á data de solicitude da axuda:

1º. Superior a 30 empresas: 30 puntos.

2º. Entre 20 e 30 empresas: 12 puntos.

3º. Entre 10 e 19 empresas: 6 puntos.

4º. Menos de 10 empresas: 0 puntos.

Esta condición acreditarase mediante declaración no formulario electrónico de solicitude.

b) Concreción sectorial do solicitante: organismo intermedio sectorial (clúster, consello regulador, centro tecnolóxico ou asociación representativa dun sector ou varios sectores relacionados entre si): 30 puntos. Para os efectos de priorizar as accións de organismos con especialización sectorial sobre accións de organismos multisectoriais, en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3 Galicia).

c) Estudo previo –feito ou encargado polo organismo intermedio– de empresas pertencentes a este en relación coa súa internacionalización: 23 puntos (no caso de telo elaborado no ano 2019 ou posterior). Para acreditar esta condición deberá cubrir a seguinte información no formulario electrónico de solicitude:

1º. Número de empresas analizadas e a súa porcentaxe sobre o total de empresas representadas polo organismo (como mínimo deben estar analizadas todas as empresas para as que se solicita axuda).

2º. Grado de internacionalización das empresas analizadas en función da porcentaxe do volume de exportacións ou negocio no estranxeiro sobre o volume de negocio total anual. Indicando: número de empresas por tramos de internacionalización, países en que teñen feito exportacións ou negocios e número de empresas non internacionalizadas.

3º. Debilidades e fortalezas das empresas analizadas de cara á súa internacionalización.

d) Novos solicitantes: recibirán 17 puntos os organismos que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de convocatorias destas bases anteriores á convocatoria IG208.2023 (excepto as convocatorias IG208.2019 e IG208.2020).

e) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores á convocatoria IG208.2023 (excepto as convocatorias IG208.2019 e IG208.2020). Avaliarase tendo en conta:

Informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas polo organismo para o mesmo fin de internacionalización das empresas asociadas ao organismo intermedio: 17 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se acadasen resultados positivos.

Este informe debe incluír, para cada subvención recibida polo organismo intermedio solicitante, con resolución de concesión entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de xaneiro de 2019, e ao longo do ano 2022, un detalle de:

1º. Ano da resolución de concesión da axuda.

2º. Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, o importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).

3º. Finalidade da axuda.

4º. Resultados en termos de:

i) Núm. de empresas beneficiarias da axuda.

ii) Núm. de contratos asinados polas empresas.

iii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas ás accións subvencionadas.

iv) Núm. de empresas que se iniciaron nos mercados obxecto das accións subvencionadas.

v) Núm. de empresas que ampliaron mercado no país/es obxecto da subvención.

No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios a), b), c), d) e e) do artigo 7.2, sucesivamente. Se aínda así segue existindo empate, con fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do RDC, decidirase a favor do proxecto en que se prevea a implantación dun plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. De persistir o empate, darase preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

Tras a baremación, o órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadaran 35 puntos.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os organismos interesados definidos no artigo 2 deberán cubrir, previamente, un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e das accións para as que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet
https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario o organismo intermedio realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, podéndose impoñer as seguintes sancións:

1). Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2) Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda de 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do número 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais, con:

i) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii) A prohibición, durante un prazo de ata cinco anos, para celebrar contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as entidades para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

d) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

f) Se é o caso, declaración responsable da persoa representante legal de que a empresa ten implantado un plan de igualdade, identificando o código do localizador no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos.

g) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

h) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

i) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriu coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (Real decreto 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido de Lei de sociedades de capital.

j) Que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou «taxonomía») das actividades económicas ambientais sustentables.

k) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

l) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de dez días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para presentar a solicitude por medios electrónicos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma
@firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:
https://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan a unha delas para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no cal desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Os organismos interesados deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado acreditativo da inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31.12.2016, no caso de centros de innovación e tecnoloxía.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 6.9 das bases reguladoras.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 5.3.d) das bases reguladoras, o beneficiario debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo V destas bases:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá o prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

e) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «do no significant harm»-DNSH), segundo o anexo VI a estas bases.

De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos u outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas excepto que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

e) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 9.1 destas bases.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través da dirección de internet: https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 12. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, cuxos membros serán designados pola Dirección Xeral do Igape de entre o persoal da Área de Internacionalización. Este órgano estará composto por un mínimo de tres membros e contará cun presidente e un secretario/a co voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 13. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo:
https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 7.2 destas bases.

Artigo 14. Resolución, publicación e notificación

1. A Área de Internacionalización ditará a proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención, que ten a consideración de documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, contía da subvención e obrigas que corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria comunitaria para a selección da operación que debe conter o DECA.

Na resolución, que ten a consideración de documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), constará a información sobre o cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e as correspondentes porcentaxes, con indicación do obxectivo político, obxectivo específico, actuación e ámbito de intervención.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

5. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace https://www.igape.gal/gl/notificacion-telematica para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 16. Modificación da resolución

Unha vez recaída resolución de concesión non se admiten modificacións.

No que respecta ás accións da letra b) do artigo 6.4 o cambio de programación dun ou de varios eventos expositivos por outro/s dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión non se considera modificación sempre e cando non exista ningunha alteración no número de pemes galegas participantes na dita acción.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos na resolución de concesión da subvención, así como a realización das accións e o cumprimento da finalidade que determine a resolución de concesión da axuda.

3. Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

4. Durante o período citado no número anterior, as entidades e empresas participantes nas accións estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos gracias ás accións financiadas en que participan, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

5. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

6. Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención.

7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

8. No caso de non ser quen de realizar as accións para as que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

9. No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto.

10. Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm»-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

11. Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración da convocatoria no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos de seguimento.

12. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo VII.

13. Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o organismo beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O organismo beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

No caso de gastos de alugamento de locais no estranxeiro, debe achegar o contrato de arrendamento.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento se realizou efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exércente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos números anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: unha relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, unha orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse coa copia dos documentos bancarios de cargo no cal conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, en que se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos conseguidos e a situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/aos mercado/s obxectivo unha vez realizadas as accións.

d) Declaración sobre calquera outra axuda recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

e) Copia das tres ofertas que deba solicitar o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 6.9 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

f) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 6.4.a).1 será necesario achegar, ademais:

1) Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo IV), onde consten os medios, datas das insercións, países, e, se é o caso, fotos das insercións dos anuncios en prensa escrita.

2) No caso das cuñas radiofónicas e dos spots, ademais: certificados da súa emisión.

g) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 6.4.a).2 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV), onde consten o calendario de difusión, e fotos ou arquivos escaneados de mostras do material promocional realizado.

h) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.4.b).1 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de pernoitas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4) No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: copia do informe de execución asinado polo provedor en que se indique, como mínimo, situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, o lugar e as datas das reunións realizadas.

5) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo anexo IV-Informe de execución).

i) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.4.b).2 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de pernoitas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo anexo IV-Informe de execución).

j) No caso de concesión de axuda para actuacións de prospección das referidas no artigo 6.4.c), será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Contrato de alugamento do local.

k) No caso de concesión de axuda para actuacións de operatividade das referidas no artigo 6.4.d), será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV, segundo corresponda a cada acción).

l) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 17 destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A persoa beneficiaria deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 17.5: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de perda de dereito ao cobramento da axuda total ou parcial e, de ser o caso, o reintegro das cantidades previamente aboadas.

8. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

Artigo 19. Aboamento das axudas

1. Poderase realizar o pagamento anticipado, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sempre que a persoa beneficiaria o solicitase marcando esta opción no anexo I de solicitude, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente. A concesión do anticipo, se é o caso, incluirase na resolución de concesión da axuda. A persoa beneficiaria queda eximida da obriga de constituír garantías conforme o disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

O pagamento final realizarase polo resto do importe da subvención concedida, unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, que se xustificará mediante a presentación, na forma e nos prazos previstos nestas bases, da documentación xustificativa do pagamento final establecido no artigo 18.5. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, o Igape declarará a perda do dereito ao cobramento da axuda total ou parcial.

3. O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 20. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitir someterse ás accións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra acción, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

e) Non acreditar que se atopa ao día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

i) Cando, como consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación da perda parcial do dereito ao cobramento da axuda establecidos no artigo 20.4.

j) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 17 destas bases.

4. Perda parcial do dereito ao cobramento: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá declarar a perda parcial do dereito ao cobramento, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables debendo, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable, entenderase que o devandito incumprimento é total, e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Artigo 21. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do RDC.

2. Para todo o non previsto nos números anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en:

a) Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro de 2013) e para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) núm. 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

b) Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fonde de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) núm. 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) Na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

i) No resto da normativa que resulte de aplicación.

ANEXO III

Límites gastos de viaxe e aloxamento

Gastos máximos de viaxe subvencionables por persoa e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación).

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

110,00 €

110,00 €

Entre 500 e 1.999 km

290,00 €

290,00 €

Entre 2.000 e 2.999 km

345,00 €

345,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

570,00 €

570,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

625,00 €

625,00 €

8.000 km ou máis

795,00 €

795,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das accións calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país no enlace:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/system/files/2022-09/Per%20diem%20rates%20-%2025%20July%202022.pdf

(tarifas publicadas a 25.7.2022)

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 80 % do importe total indicado per diem.

ANEXO IV

Informe de execución

Accións do artigo 6.4.a).1 (Campañas conxuntas de publicidade).

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data inicio: Data fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou enlaces: (para os efectos de relacionar cada foto coa inserción correspondente, indicar como título cada inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

No caso de insercións en televisión ou radio: pode xuntarse enlace ou copia de arquivo/s dixital/ais co/cos vídeo/s ou cuñas radiofónicas.

Accións do artigo 6.4.a).2 (Elaboración de material promocional conxunto).

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Breve descrición (alcance e interese para o organismo e/ou as empresas, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Breve resumo da execución

Data inicio da difusión do material promocional:

Data fin:

Calendario da difusión do material promocional:

Modo de difusión (indicar, de ser o caso, se se utilizou en accións de publicidade, promoción ou prospección):

País/es de difusión:

Fotos ou enlace á copia dixital do material promocional: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, indicar –como título– cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

Accións do artigo 6.4.b).1.

• (Participación como expositores en feiras ou outros eventos expositivos)-Presenciais (no caso de participación en varios eventos, presentar un informe de execución por cada feira/evento):

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Evento 1

Título feira/evento expositivo:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio: Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo)

Razón social empresa/organismo participante no evento expositivo presencial:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo: (ou relación coa/s mesma/s):

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Núm. pernoitas realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: achegar copia do informe de execución asinado polo provedor en que se indique, como mínimo, situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título da feira comercial e o nome do organismo intermedio como expositor ou das empresas participantes na acción grupal como expositoras).

Foto/s do stand/evento, en que se identifique claramente o nome do organismo intermedio participante e/ou as empresas participantes: (no caso de gastos de construción de stand ou decoración deben apreciarse, ademais, os elementos correspondentes a estes gastos para os que se solicita subvención):

1º. Acción sectorial: fotografías do stand (posto) que permitan verificar a presencia do organismo intermedio no evento con stand.

2º. Acción grupal: fotografías do stand das empresas participantes na acción conxunta no evento expositivo en que se identifique claramente os nomes das ditas empresas o dos seus produtos/marcas.

Outras evidencias de participación (no caso de dispor dalgunha destas, xuntar aquí a imaxe):

– Acreditación de participación como expositor do organismo intermedio –acción sectorial– e/ou das empresas –acción grupal–, como expositores no evento (identificando claramente os nomes).

– Acreditacións persoais (badges) como expositor do/dos participante/s na feira/evento por parte do organismo e/ou por parte das empresas participantes.

– Certificado do organizador do evento expositivo en que se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como expositoras.

• (Participación como expositores en feiras ou outros eventos expositivos)-Virtuais (no caso de participación en varios eventos, presentar un informe de execución por cada feira/evento):

Evento 1

Título feira/evento:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: (no caso de feiras/eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome da/das persoa/s inscrita/s na feira evento e posto na empresa:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Enlace ao catálogo virtual en que se acredite a participación da empresa como expositor.

Accións do artigo 6.4.b)1.

• (Misións directas ou visitas a feiras ou eventos expositivos/promocionais con carácter internacional):

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Evento 1

Título da misión directa ou da feira o evento visitado:

Misión, feira ou evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición misión, feira ou evento: (no caso de misións, feiras ou eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance da misión, feira ou evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio: Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

(Replicar, cando sexa necesario, por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo participante na misión directa empresarial ou na visita á feira/evento:

Nome da persoa que viaxa e posto na/no empresa/organismo (ou relación con ela/el):

Se é o caso: razón social e datos de contacto das entidades ou empresas visitadas na misión directa:

Axenda da misión:

No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: achegar copia do informe de execución asinado polo provedor en que se indique, como mínimo, situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Núm. pernoitas realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Fotos verificadoras da participación na misión directa ou da asistencia como visitante á feira ou evento por parte do organismo intermedio e/ou das empresas asistentes: (exemplo: dossier fotográfico na feira/evento ou das empresas/entidades estranxeiras visitadas na misión, identificando claramente lugares e participantes...).

Outras evidencias de participación (no caso de dispor dalgunha destas, xuntar aquí a imaxe):

– Acreditacións persoais (badges) como visitantes do/dos participante/s na feira/evento por parte do organismo e/ou por parte das empresas participantes.

– Certificado do organizador da feira ou evento expositivo en que se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como visitantes.

– Outros: recortes de prensa, noticias en internet, convocatoria da misión, copia de inscricións, etc.

Accións do artigo 6.4.b).2 (Misións inversas) (no caso de varias misións, presentar un informe de execución por cada unha):

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Misión inversa 1

Título misión inversa:

Breve descrición da misión/visita recibida:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega/s destino:

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Núm. pernoitas realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

(Replicar, cando sexa necesario, por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo receptor da misión inversa presencial:

Razón social e datos de contacto da/das empresa/s ou prescritores estranxeiros visitantes na misión inversa:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/entidade estranxeira visitante:

Axenda da misión inversa realizada:

Fotografías que permitan verificar inequivocamente a presenza da/das empresa/s ou prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/das instalación/s do organismo intermedio solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc.); e, se é o caso, nas sedes das pemes galegas participantes na acción. Deberá identificarse claramente o/s nome/s da/das empresa/s/centro/s ou eventos visitados.

Accións do artigo 6.4.c) (Accións cooperativas en destino) (no caso de varias accións, presentar un informe de execución por cada unha):

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Acción cooperativa 1

Breve descrición da acción:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Data inicio contrato aluguer:

Data fin contrato:

País/es de destino:

Cidade de realización:

Dirección do local:

Accións do artigo 6.4.d).1 (Contratación bases de datos de intelixencia competitiva internacional): (nota: este informe debe vir asinado polo provedor/es do servizo)

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Breve descrición (alcance e interese para o organismo e/ou as empresas, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Descrición dos servizos prestados:

Data de inicio prestación de servizos:

Data de fin prestación de servizos:

Accións do artigo 6.4.d).2 (Creación plataforma e-commerce): (nota: este informe debe vir asinado polo provedor/es do servizo)

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Breve descrición (alcance e interese para o organismo e/ou as empresas, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Descrición dos servizos prestados:

Información de resultados (incluído número de visitas e volume de venda desde a posta en marcha:

Data de inicio prestación de servizos:

Data de fin prestación de servizos:

Accións do artigo 6.4.d).3 (Xestión de tramitación de acordos): (nota: este informe debe vir asinado polo provedor/es do servizo)

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Descrición dos servizos prestados:

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Resumo dos resultados obtidos:

Accións do artigo 6.4.d).4 (Licitacións internacionais): (nota: este informe debe vir asinado polo provedor/es do servizo)

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

Descrición dos servizos prestados:

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Resumo dos resultados obtidos:

ANEXO V

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004

• No caso das solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

• Para as solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

– Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, abondaría un certificado emitido polo auditor de contas da sociedade que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumprindo, por tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención o axuda*. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun «Informe de procedementos acordados».

Para emitir o certificado, á data de referencia utilizada, os procedementos acordados incluirán, polo menos, o seguinte, a partir do detalle sobre os pagamentos pendentes a provedores: o auditor comprobará o importe total do detalle facilitado cos rexistros contables, obtendo, de ser o caso, a conciliación oportuna, e tomará unha mostra para comprobar da corrección das facturas seleccionadas en canto a provedor, data de factura, entrega de bens ou prestación de servizos, antigüidade e clasificación. Así mesmo, comprobarase unha mostra de pagamentos realizados con posterioridade á data de referencia co obxectivo de comprobar que non existen facturas adicionais ás recollidas no detalle facilitado pola entidade ou comprobarase, a partir do detalle de facturas de provedores do Libro rexistro de IVE soportado, para unha mostra de facturas, se se atopan pendentes de pagamento e, en tal caso, a súa inclusión no detalle de facturas a data de referencia e, en caso contrario, a partir do maior de provedores seleccionarase unha mostra cun grao de confianza suficiente e realizarase confirmación externa con provedores.

Unha vez realizados estes procedementos, entenderase cumprido o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións cando da información proporcionada non derive que existen facturas pendentes de pagamento cunha antigüidade superior a 60 días.

* O certificado terá unha data de corte, que se considerará data de referencia, anterior á data de emisión do certificado (dun máximo dun mes), posto que o auditor para poder emitir o seu informe a unha data, ten que terminar os procedementos de comprobación antes da data de solicitude da subvención ou axuda.

ANEXO VII

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas son subvencións susceptibles de seren cofinanciadas con fondos da Unión Europea. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_OOII.pdf

foto1.pdf

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

foto2.pdf

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valla publicitaria resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas que se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra d) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_OOII.pdf

foto3.pdf

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea, se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file