DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 597

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se adxudican os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2023.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 21 de xuño de 2023 (publicada no DOG núm. 132, do 12 de xullo), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse os Premios Galicia de Innovación e Deseño, co obxectivo de destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

En cumprimento do establecido no artigo 12 das bases reguladoras «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora da Gain, de acordo coa proposta do xurado».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño, logo da proposta do Xurado, a:

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Traxectoria Innovadora, a María do Carme Pampín Casal, con NIF ***9167**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Grande Empresa, a Pasek Minerales, S.A., con NIF A70203286. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Pequena e Mediana Empresa, a Centum Research & Technology, S.L., con NIF B94016151. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Profesionais, a Uqui Cebra, S.L., con NIF B15924624. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Empresa, a Costa Comunicación Visual, S.L., con NIF B70267349. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Talento Emerxente, a Ismael Velo Feijoo, con NIF ***6758**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

Segundo. Conforme o artigo 21 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma Galega para o ano 2023 polos importes que se indican:

Categorías Innovación

NIF/CIF

Subtotal

Traxectoria Innovadora: María do Carme Pampín Casal

***9167**

15.000,00 €

Pequena e mediana empresa: Centum Research & Technology, S.L.

B94016151

15.000,00 €

Categorías Deseño

NIF/CIF

Subtotal

Profesionais: Uqui Cebra, S.L.

B15924624

15.000,00 €

Talento emerxente: Ismael Velo Feijoo

***6758**

15.000,00 €

Total: 05.A2.561A.480.0

60.000,00 €

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a presidenta da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación