DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 603

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Unha vez recibido o informe proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante o escrito do 12 de decembro de 2023, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución de 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 2 de outubro de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 188, do 3 de outubro, corrección de erros no DOG núm. 190, do 5 de outubro).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida na fase de oposición e de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola citada Resolución do 31 de maio de 2021.

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***5528**

Fraga Martínez, María del Rosario

2

***8232**

Peitieiros García, Antía

3

***9004**

Conde Delgado, Leticia