DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 605

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de setembro de 2023 (DOG núm. 173, do 12 de setembro) e modificado pola Resolución do 21 de setembro de 2023 (DOG núm. 182, do 25 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.2.d e III.1.2.6 da convocatoria do proceso selectivo, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 17 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na sala Seminario B da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2.d da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica, poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.), sen prexuízo da posibilidade de utilización alternativa do material que a ese respecto lle facilitará o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

Manuel Romero Gómez
Presidente do tribunal