DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño).

Unha vez recibido o informe-proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio sobre o persoal funcionario en prácticas, formulado mediante o escrito do 12 de decembro de 2023, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas, conforme o establecido na base II.4 da convocatoria, que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 2 de outubro de 2023 (DOG núm. 188, do 3 de outubro, corrección de erros DOG núm. 190, do 5 de outubro).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 8 de xuño).

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente del tribunal

ANEXO

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1

***6603**

Piñeiro Rodríguez, Concepción

2

***1495**

Gómez Abeledo, Daniel

3

***1593**

Reverter Viso, Sonia

4

***1574**

Grandal López, Adrián

5

***2626**

Fraga Falcón, Juan José

6

***5134**

Carreira Méndez, Carmen

7

***4721**

González Mareque, Lidia

8

***3292**

García Novais, Isabel

9

***2528**

Ferreiro Fernández, Iago

10

***8334**

González Vázquez, David

11

***8167**

López Fernández, Elba

12

***2217**

Pérez-Mendaña Piñeiro, Irene

13

***4450**

Asorey Souto, Laura

14

***5939**

Mosquera Rey, Ana María

15

***5395**

Miramontes Borrajo, Laura

16

***4848**

Campo Regueiro, Fernando

17

***9701**

Pedrares Tuñas, Mónica

18

***0197**

López Cabana, Marta

19

***1125**

Mariño Moure, Pilar

20

***2170**

Conde Lois, Patricia

21

***4026**

Queiruga Parada, Pablo

22

***6658**

Pombo Arzúa, José Manuel

23

***0104**

Garrido Antelo, Iria

24

***9828**

González Martín, Bárbara