DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 689

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de técnico de oficina de control de verteduras pertencente á oferta de emprego público de 2023.

Mediante o Decreto da Presidencia do 21 de xullo de 2023, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 236, do 11 de decembro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria:

– Unha praza de técnico de oficina de control de verteduras, a xornada completa, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso da oferta de emprego público 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cambados, 12 de decembro de 2023

Marta Giráldez Barral
Presidenta da Mancomunidade do Salnés