DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de oito prazas de persoal administrativo polo sistema de promoción interna.

No BOP núm. 238, do 19 de decembro de 2022 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo procedemento de promoción interna, de oito prazas de persoal administrativo, modificadas no BOP núm. 148, do 4 de agosto de 2023.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 5 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía-Presidencia do 19.6.2023; BOP do 27.6.2023)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística