DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 863

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. En sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2023, ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 30 de setembro de 2023, anular a pregunta número 49. En consecuencia, esta pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 83. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 57, polo que é correcta a alternativa C).

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, superarán o exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante o acordo deste tribunal do 18 de setembro de 2023 polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio da fase de oposición, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Asignarase a valoración de trinta (30) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Unha vez realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 11 de decembro, o número de persoas aspirantes que acadaron, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos non acadou o número máximo determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas (14). Polo que, aplicado o criterio subsidiario que establece a superación do exercicio polas persoas aspirantes que teñan as mellores notas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, acadaron a puntuación mínima de trinta (30) puntos un total de 46 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouse en 32 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1. da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 30 de setembro de 2023, correspondente ao exercicio da fase de oposición do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal