DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 708

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023 de concesión de subvención e de desestimación de determinadas solicitudes, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR945C).

Antecedentes:

Primeiro. O 13 de xaneiro de 2023 publicouse a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR9045C).

O 13 de febreiro de 2023 publicouse a Orde do 7 de febreiro de 2023 pola que se modifica a citada Orde do 27 de decembro de 2022, afectando a dita modificación á distribución do crédito por liña de actuación e ampliando o prazo de solicitudes un mes máis.

O crédito orzamentario para financiar estas axudas quedaba establecido en 2.000.000,00 de € para as seguintes liñas de actuación:

– Liña I: desenvolvemento de actividades deportivas: 1.850.005,00 €.

– Liña II: núcleos de adestramento deportivo especializado: 149.995,00 €.

Segundo. No Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril de 2023, publicouse a Resolución do 21 de marzo de 2023, da Subdirección Xeral de Plans e Programas, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas á emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022, modificada pola Orde do 7 de febreiro de 2023, establecendo un prazo de dez (10) días para formular reclamacións, emendar erros e achegar os documentos que os interesados entendesen oportunos.

Terceiro. O 28 de abril de 2023 publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, http://deporte.xunta.gal, a relación dos datos deportivos obxecto de valoración achegados polas correspondentes federacións, para os efectos de que os interesados puideran presentar alegacións no prazo de dez (10) días no caso de desconformidade con eses datos para, de ser o caso, modificar as certificacións emitidas en primeira instancia polas federacións.

Cuarto. Unha vez pechado o prazo de reclamacións e emenda da documentación das solicitudes, así como o prazo de alegacións aos datos deportivos, e modificadas, de ser o caso, as certificacións emitidas polas respectivas federacións, o órgano instrutor remítelle á comisión encargada da súa valoración, aqueles expedientes administrativos que cumpren todos os requisitos e reúnen toda a documentación necesaria. A dita comisión reuniuse o 14 de xuño de 2023, emitindo un informe no cal se relaciona o conxunto de solicitudes presentadas, a proposta de entidades beneficiarias e a de inadmitidas.

Quinto. Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Valoración a que se refire o artigo 7 das bases, e a proposta formulada por esta, tendo en conta o disposto no artigo 33 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas e comprobando a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo o 14 de xuño de 2023, formulouse proposta de resolución o 3 de xullo de 2023.

Desta proposta quedaron excluídos os seguintes clubs, propostos pola Comisión de Valoración para ser beneficiarios en virtude da puntuacións acadada, ao non constar nese momento estar ao día nas obrigas tributarias ou pagamento de débedas coa AEAT (marcado na relación que se xunta cun (1), e ademais coa TXSS (marcado na relación que se xunta cun (2).

Entidade

NIF

Pr.

Concello

Modal./

espec.

Puntos por criterio

Importe (€)

A

B

C

D

E

F

G

H

I

J

Tot.

Clube Deportivo Balonmán Pabellón Ourense (1)

G32314999

OU

Ourense

Balonmán

12

17

0

0

0

0

3

1

0

0

33

1.651,12

Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa (2)

G94127768

PO

Vilagarcía de A.

Tenis de mesa

2

3

0

0

0

0

3

1

1

1

11

550,37

Visantoña, C.F. (1)

G15436942

CO

Mesía

Fútbol

0

15

0

0

0

0

3

0

0

1

19

950,65

Total: 3.152,14

Para estes efectos, foilles requirida o 27.6.2023 a emenda do citado requisito, e a achega dos certificados positivos de estar ao día no pagamento nas obrigas cos indicados organismos.

Dos 3 clubs só contestou en prazo ao requirimento efectuado o Visantoña, C.F., que achegou o certificado de estar ao día coas obrigas tributarias coa AEAT o 3 de xullo de 2023.

Sexto. O 21 de xullo de 2023 publicouse a Resolución do 13 de xullo de 2023 pola que se publica a relación definitiva de entidades beneficiarias, as entidades desestimadas e as entidades inadmitidas, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2023 (DOG núm. 139, o 21 de xullo), na que non se incluíron as entidades referidas no antecedente quinto.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para ditar as ordes de subvencións de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A Subdirección Xeral de Plans e Programas é o órgano competente para a instrución do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Segunda. As solicitudes, as actividades desenvolvidas, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na convocatoria e bases reguladoras destas subvencións.

Por todo o anteriormente exposto, e en cumprimento do previsto no artigo 10 das bases reguladoras, de conformidade coa proposta da Secretaría Xeral para o Deporte do 19 de decembro de 2023

RESOLVO:

Primeiro. Conceder aos beneficiarios citados deseguido e para o obxecto mencionado, as seguintes axudas:

Entidade

NIF

Pr.

Concello

Modal./

espec.

Puntos por criterio

Importe (€)

A

B

C

D

E

F

G

H

I

J

Tot.

Visantoña, C.F.

G15436942

CO

Mesía

Fútbol

0

15

0

0

0

0

3

0

0

1

19

950,65

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se indican a seguir:

Entidade

NIF

Pr.

Concello

Modal./
espec.

Motivo denegación

Clube Deportivo Balonmán Pabellón Ourense

G32314999

OU

Ourense

Balonmán

Incumprimento do artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non atoparse ao día nas obrigas tributarias coa AEAT

Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa

G94127768

PO

Vilagarcía de A.

Tenis de mesa

Incumprimento do artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non atoparse ao día nas obrigas tributarias coa AEAT, e coa TXSS

Terceiro. As entidades beneficiarias dispoñen dun mes de prazo, contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, para presentar a solicitude de aboamento da axuda concedida e demais documentación xustificativa, conforme ao indicado no artigo 14 das bases reguladoras destas subvencións.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes