DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, procedemento abreviado 361/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra tramítase o recurso 361/2023 (procedemento abreviado), interposto por Mª Lourdes Rosales Docampo contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 18 de xullo de 2023 (DOG do 27 de xullo), pola que se publica a orde de prelación e as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal do Servizo Galego de Saúde na categoría de fisioterapeuta (Área de Pontevedra e O Salnés), así como contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto o 8 de agosto de 2023 fronte á anterior resolución.

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación continuada.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos