DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

EDICTO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación dunha parcela en conxunto edificatorio no lugar das Regueiras, Caamouco.

Faise público que na sesión plenaria ordinaria do día 28 de agosto de 2023 foi aprobado con carácter definitivo o estudo de detalle no lugar das Regueiras, s/n, para a ordenación dunha parcela en conxunto edificatorio, redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística, no Boletín Oficial da provincia.

O devandito estudo de detalle remitirase á Dirección Xeral de Urbanismo da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Faise constar, de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Decreto 143/2016, do 10 de febreiro, que, en todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ares, 14 de decembro de 2023

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde