DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na parcela 2 do PERI da Maestranza, A Coruña (expediente 631/2022/31).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 14 de decembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o informe municipal do 21.3.2023, con CSV 4B470Y1L1H3Z4X5D0PAS, no cal se analizan os informes emitidos o documento e se dá contestación ás alegacións presentadas durante o período de información pública do expediente, e no seu cumprimento, ordenar a publicación no BOP da normativa urbanística completa do Plan especial de reforma interior da Maestranza da Coruña, aprobado definitivamente polo Pleno municipal do 12.12.1994.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle parcela 2 PERI A Maestranza. Novembro 2023, promovido pola entidade Lipromo A Coruña, S.L.U., e asinado polo arquitecto Julio Zumárraga Gómez, habilitado como colexiado número 12.408 do COAG.

Terceiro. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento e desenvolvemento desta, para a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Cuarto. Notificar este acordo ao promotor do documento e aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área
de Economía e Planificación Urbana