DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Gusto Enxebre, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 7 de novembro de 2023, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao enderezo social da entidade Gusto Enxebre, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 15 de xuño de 2023. O seu novo enderezo social é rúa Murillo, 28 baixo, 32002 Ourense, provincia de Ourense.

Ourense, 7 de novembro de 2023

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense