DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño, no concello de Vigo, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 13 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/139-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

3

54057A095000180000AT

A Serra

Descoñecida

31 de maio de 2024

12.00

4

54057A095000100000AW

Fragosiño-Sárdoma

Descoñecida

31 de maio de 2024

12.00

5

4137126NG2743N0001QA

Fragosiño-Sárdoma

Descoñecida

31 de maio de 2024

12.00