DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1083

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2024 (código de procedemento TR301P).

A presente orde ten por obxecto concretar os criterios que rexerán a segunda convocatoria de concesión de axudas para impartir accións formativas de formación para o emprego que impliquen compromiso de contratación para as empresas e entidades beneficiarias delas.

Esta convocatoria apróbase ao abeiro do disposto na Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023.

A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, regula a planificación e o financiamento do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, a programación e execución das accións formativas, o control, o seguimento e o réxime sancionador, así como o sistema de información, a avaliación, a calidade e a gobernanza do sistema.

A Lei 30/2015 estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional favorecedora da formación de emprego estable e de calidade garantindo o exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras.

Entre as iniciativas de formación para o emprego que regula a Lei 30/2015 considérase, no seu artigo 8.1.c), a oferta formativa das administracións competentes para persoas traballadoras desempregadas, que inclúe, entre outros, os programas formativos con compromiso de contratación. Nesta liña, a lei, no seu artigo 11.2, recolle os programas formativos que inclúan compromiso de contratación como un dos piares da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas.

O Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015 pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, recolle nos seus artigos 27 e 28 os programas formativos que inclúan compromiso de contratación.

Así mesmo, a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, contempla, no seu artigo 1.3, os programas formativos con compromiso de contratación.

A finalidade destes programas formativos consiste en financiar as empresas para a impartición de accións formativas dirixidas a formar persoas traballadoras desempregadas naquelas competencias, habilidades e perfís laborais específicos demandados polo sistema produtivo para a cobertura dun posto de traballo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, no seu artigo 29 atribúelle á Comunidade Autónoma galega a execución da lexislación do Estado en materia laboral e de fondos de ámbito nacional e de emprego.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación do Decreto 69/1993, do 10 de marzo, asume as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

O Decreto 123/2022 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, atribúe á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación as competencias relativas á formación profesional para o emprego.

O orzamento destinado a impartir as accións formativas subvencionadas ao abeiro desta segunda convocatoria está financiado por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

De acordo co disposto na Orde de bases reguladoras, do 13 de xuño de 2023, a concesión das axudas realizarase polo procedemento de concesión directa, en réxime de concorrencia non competitiva.

A adopción deste criterio ten como obxectivo o financiamento de actividades formativas que non requiren dunha valoración comparativa con outras propostas, polo que as resolucións de concesión ditaranse en orde de presentación das solicitudes, unha vez verificado o cumprimento dos requisitos exixidos, e até o esgotamento do orzamento dispoñible na convocatoria.

O obxectivo desta orde consiste en axilizar o proceso de concesión de subvencións e axustar ao máximo posible o momento en que xorden as necesidades de contratación ás cales vai dirixida a formación, facilitando así a creación de emprego de xeito inmediato mediante a contratación directa dunha porcentaxe das persoas desempregadas formadas e permitindo crear postos de traballo especializados e sustentables.

A presente norma vencella de xeito directo formación e emprego, asociando a necesidade da empresa de contar con persoas traballadoras cualificadas e adaptadas ás súas formas de produción, coa procura activa de emprego por parte das persoas traballadoras desempregadas.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón no seu artigo 5.2 que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos que se axusta esta disposición. Tamén será de aplicación o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado, incluíndo aqueles de carácter básico que son de aplicación na normativa desta comunidade autónoma e, en consecuencia, a esta orde.

A concesión e xustificación da subvención realizarase a través do réxime de módulos previsto nos artigos 3 e 4 da Orde TMS/368/2019. Para os efectos de aplicar o dito réxime, os módulos económicos determinaranse aplicando criterios obxectivos en atención aos valores medios de mercado dos distintos compoñentes dos custos directos e indirectos da actividade formativa e en función da familia ou área profesional, e/ou a especialidade formativa.

Esta segunda convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no artigo 25 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que a concesión das subvencións queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

Consecuentemente con todo o anterior, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto proceder, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, á segunda convocatoria de subvencións de accións formativas para o emprego en unidades formativas das empresas con compromiso de contratación para o exercicio 2024 (código de procedemento TR301P).

Enténdese por unidade formativa da empresa, a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.

2. As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

3. As bases reguladoras desta convocatoria están recollidas na Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023.

Artigo 2. Procedemento de concesión das subvencións

A concesión das axudas realizarase polo procedemento de concesión directa en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 3. Financiamento

1. Destínase a esta segunda convocatoria, correspondente á anualidade 2024, un crédito por importe total de oito millóns de euros (8.000.000,00 de €), que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 13.50.323A.471.0, ou aquelas que a substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2013 00545. Esta aplicación está financiada con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Este crédito orzamentario está recollido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 18 de outubro de 2023.

Esta convocatoria, dado o seu carácter de tramitación anticipada, queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

2. Os créditos orzamentarios a que se refire este artigo poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Calquera modificación ou ampliación dos créditos dispoñibles estará condicionada ao cumprimento dos supostos e as condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

3. O módulo económico aplicable a esta convocatoria de subvencións é o que figura cuantificado, para cada área profesional, no anexo III.

4. Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras aprobadas e/ou formadas ao que se refire esta orde.

2. Entenderase por agrupación temporal de empresas, para os efectos desta orde, cando distintas empresas pertencentes a un sector ou actividade acrediten a correspondente agrupación mediante un acordo ou convenio entre elas.

Nas agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude de subvención coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación, que como mínimo deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

Todas as empresas agrupadas deberán cumprir todos os requisitos da convocatoria para seren beneficiarias.

Así mesmo, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser previamente solicitada, mediante documento asinado por todos os seus membros, á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para a súa autorización, e estará suxeita ao disposto neste artigo e no punto 7 do artigo 17 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

Neste caso será a entidade de formación beneficiaria a que se faga cargo da responsabilidade da execución da acción formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación, e poderá asumir o dito compromiso mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral.

Con anterioridade á execución do compromiso de contratación do alumnado e logo de solicitude motivada da entidade, a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación e poderá autorizar a subscrición de novos acordos ou convenios que deberán, en todo caso, cumprir coas obrigas asumidas na memoria técnica explicativa do compromiso de contratación presentada xunto coa solicitude de subvención.

As entidades de formación, coa excepción establecida no punto 4 deste artigo, deberán estar inscritas con carácter previo á presentación da solicitude de subvención. As empresas que non teñan a consideración de entidades de formación non estarán suxeitas á obriga de inscrición previa.

4. As beneficiarias deberán dispor, ben por si mesmas ou mediante acordo cunha entidade de formación, do equipamento e instalacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para a impartición das especialidades formativas solicitadas no seu programa formativo, así como dos recursos humanos requiridos de acordo coa normativa reguladora.

As empresas beneficiarias desenvolverán as accións formativas utilizando os medios de execución propios ou contratados establecidos no artigo 20 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.

Cando, atendendo ao disposto no artigo 9.1.h) desta orde de convocatoria, se soliciten especialidades formativas ou itinerarios formativos non incluídos no Catálogo de especialidades formativas, a inscrición deberá formalizarse, caso de que se autorice a solicitude, con anterioridade ao comezo da acción formativa.

5. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as entidades e institucións sen ánimo de lucro, as administracións públicas, as sociedades públicas, as empresas públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Tampouco poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas e entidades que, nos seis meses anteriores á solicitude, reduciran o seu cadro de persoal nunha porcentaxe igual ou superior ao 15 %. Para estes efectos, só se terán en conta as persoas con contrato indefinido, e non serán computables as extincións de contrato por causas obxectivas ou despidos disciplinarios declarados ou recoñecidos como procedentes, nin as baixas producidas por vontade propia da persoa traballadora, dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

6. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursos en ningunha das anteditas circunstancias, realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo I, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste punto poderán realizarse comprobacións por mostra estatística durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no artigo 8.2 desta orde para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.

De ser o caso, estas actuacións de comprobación poderán efectuarse por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

Artigo 5. Especialidades formativas subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro do disposto nesta orde e na Orde de bases do 13 de xuño de 2023, e nos termos establecidos no artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

Non serán obxecto de subvención as ofertas formativas do Sistema de formación profesional reguladas pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, e o Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional.

2. De non existiren, por non estaren dadas de alta no catálogo, especialidades formativas que respondan ás necesidades específicas de formación, as empresas poderán solicitar impartir especialidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, non estean incluídas nel. Neste caso, deberá presentarse xunto coa solicitude de subvención a proposta de alta da nova especialidade formativa achegando, para estes efectos, a documentación que se referencia no artigo 9.1.h) desta orde.

Artigo 6. Compromiso de contratación

Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación, regulado e formalizado de acordo co disposto no artigo 5 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023, dun mínimo do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado, en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou dun mínimo do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses, arredondado, en ambos os casos, ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5.

Non se poderán combinar ambos tipos de contratos nunha mesma acción formativa.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, será requirida para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Caso de que o requirimento afecte só a algunha das accións formativas da solicitude, entenderanse como desistidas unicamente estas, continuándose coa tramitación do resto do expediente.

Non se admitirán a trámite, e por conseguinte non existirá a posibilidade de emenda, as solicitudes presentadas fóra de prazo.

3. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

As empresas ou entidades de formación poderán formular unha única solicitude de subvención e incluirán nela, dentro da súa capacidade real de execución, conforme os límites e requisitos que se determinan na presente convocatoria, e de acordo co compromiso de contratación ao que se obriga, todas e cada unha das accións formativas para as que solicita subvención.

Para os posibles efectos de superación, de ser o caso, do límite máximo do importe de subvención para conceder que se estableza en cada convocatoria, ou de esgotamento do orzamento dispoñible, as accións formativas para as cales se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que estas figuren ordenadas segundo criterio de maior a menor preferencia.

4. A solicitude, que incluirá a ficha das accións formativas que se pretende impartir (anexo II), deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 9 desta orde.

Artigo 8. Declaración responsable que forma parte da solicitude

1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:

a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.

• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

c) Que coñece as estipulacións das ordes de bases e de segunda convocatoria, que cumpre cos requisitos sinalados nelas e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.

d) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

f) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

g) Que as dotacións, equipamentos, medios materiais e instalacións en que se desenvolverán as accións formativas serán as adecuadas para tal fin, e, no caso das entidades de formación, aquelas para as cales están inscritas, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e do artigo 6 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, e que son aptos para impartir a formación e que cumpren e manterán durante todo o período de impartición das accións formativas as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa.

h) Que conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.

i) Que dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

j) Que, de ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 23.9 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente rexistradas pola propia entidade formadora para o seguimento e control das actividades formativas presenciais se corresponden coas das persoas que din ser.

2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Ficha da acción formativa (anexo II).

b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

c) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude no nome e representación da agrupación, no caso de agrupacións temporais de empresas.

d) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.

e) Memoria técnica explicativa do compromiso de contratación do alumnado, asinado pola persoa ou persoas representantes da empresa ou empresas vencelladas ao proxecto presentado, que deberá incluír a información detallada no artigo 5.4 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.

Este compromiso, de conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, deberano adquirir a/as empresa/s beneficiaria/s con respecto a si mesmas, salvo que se trate de entidades de formación, suposto en que serán estas as que asumirán a responsabilidade do cumprimento do compromiso da contratación, así como da execución da actividade formativa subvencionada.

f) Para todas as especialidades, agás no caso de que a formación se desenvolva en centros xa inscritos para impartir a especialidade formativa, relación detallada de dotacións, equipamentos e medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento, así como unha descrición das aulas e talleres, indicando os seus metros cadrados e xuntando planos oficiais das instalacións onde estea previsto impartir a formación.

g) No caso de solicitudes conxuntas de agrupacións temporais de empresas deberá achegarse:

• Documento de constitución da agrupación, en que deberá constar a persoa designada como representante desta.

• Convenio entre as partes que fan a solicitude conxunta que incluirá os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que, como mínimo, deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

• Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar o convenio, en nome e representación da entidade, para cada unha das entidades que formen parte da agrupación.

• Comprobación de datos para pluralidade de solicitantes (anexo IV).

h) Cando se soliciten especialidades formativas non incluídas no Catálogo de especialidades formativas a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as entidades solicitantes deberán achegar a documentación que a seguir se referencia, nos termos recollidos na Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, pola que se regula o Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

• Solicitude de alta da nova especialidade formativa.

• Proposta de programa formativo.

• Ficha coa proposta da nova especialidade formativa.

• Informe motivado da necesidade de dar de alta a nova especialidade formativa no Catálogo de especialidades formativas.

Para estes efectos, a actualización do citado catálogo e as correspondentes altas e baixas de especialidades, serán realizadas polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/especialidades-formativas, está dispoñible para a súa consulta unha guía informativa coas actuacións a realizar para dar de alta novas especialidades formativas no Catálogo de especialidades formativas.

O informe motivado e os programas que se citan na guía deberán ser remitidos en soporte informático editable para os efectos, nos termos do artigo 6 da Orde TMS/283/2019, da correspondente xestión e tramitación dos procesos de alta, modificación e reactivación, segundo proceda, da especialidade ou itinerario formativo.

As accións formativas obxecto de financiamento non poderán en ningún caso iniciarse con carácter previo á finalización favorable do proceso de alta, modificación ou reactivación que corresponda.

i) Solicitude xustificada de autorización para impartir accións formativas de duración superior ás 300 horas, de ser o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. De existir discrepancia entre a información contida na solicitude (anexo I) e/ou na ficha da acción formativa (anexo II), en relación coa información achegada no resto de documentación para presentar, será considerada como correcta, para os efectos de tramitar e revisar a solicitude, a alegada nos citados anexos I e II, con independencia, de ser o caso, de que para ter validez esta deba acreditarse documentalmente.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos oportunos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día de entrada en vigor da orde ata o día 30 de setembro de 2024.

Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 12. Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar tras a presentación da solicitude deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, debendo adecuarse a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración ao disposto no punto 6 do artigo 13 desta orde.

Artigo 13. Réxime das notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear o citado enderezo de oficio, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A presentación de documentación derivada das notificacións efectuadas será realizada exclusivamente mediante o programa informático SIFO ou, de ser o caso, a través do programa de notificación xenérico da aplicación Forman https://emprego.xunta.es/forman, que disporá dun punto único para efectuar todos os envíos de documentación á Administración.

Unicamente no caso de que non fose posible por problemas técnicos acreditados que imposibilitasen a presentación de documentación polos medios establecidos no parágrafo anterior, o interesado podería realizar a súa presentación por medio dos trámites comúns da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

Artigo 14. Prazos de resolución e notificación

A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle, unha vez fiscalizada a proposta pola intervención competente, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, por delegación da persoa titular da consellería.

O prazo para resolver e notificar será dun mes contado desde a data de presentación da solicitude de subvención.

O dito prazo suspenderase, cando deba requirirse á entidade interesada a emenda de deficiencias ou a achega de documentos e elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre a notificación do requirimento e o seu efectivo cumprimento pola entidade interesada.

Transcorrido o prazo dun mes para resolver sen que se notifique resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 15. Recursos

As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, se o acto fose expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se o acto non fose expreso, de conformidade co que preceptúan os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 16. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as empresas e entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes procederán a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

3. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

Artigo 17. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 18. Medios de execución das accións formativas

1. Os medios de execución das accións formativas serán os establecidos no artigo 20 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.

2. As empresas beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou poderán recorrer á súa contratación, por unha soa vez, sempre que resulten adecuados para tal fin, nos termos da letra a) do número 2 do artigo 14 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

No caso de que as empresas beneficiarias opten pola contratación para impartir a formación, que poderá ser do 100 % da actividade formativa subvencionada, deberán comunicarllo á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación con anterioridade ao comezo da acción formativa e subscribir un contrato por escrito cunha entidade de formación inscrita para impartir a formación.

3. No suposto de que a empresa beneficiaria sexa unha entidade de formación, non poderá subcontratar con terceiros a execución da actividade formativa.

4. A contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da empresa beneficiaria non se considerará subcontratación, entendéndose, para estes efectos, por contratación de persoal docente a contratación de persoas físicas.

Artigo 19. Accións formativas

Para os efectos desta norma, enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición e mellora das competencias e capacidades profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

A acción formativa está constituída polo contido específico das especialidades formativas a que fai referencia o artigo 5 desta orde e, de acordo co disposto no artigo 31 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023, polos módulos transversais.

As especialidades formativas programaranse completas.

Artigo 20. Módulos formativos transversais

1. En todas as accións formativas subvencionadas ao abeiro da presente orde será obrigatoria a impartición dos módulos transversais establecidos no artigo 31.1 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.

2. Excepcionalmente, ademais dos módulos transversais a que se refire o punto 1 deste artigo, as entidades poderán solicitar a impartición dun módulo de formación complementaria de entre os que a seguir se especifican, sempre que a súa impartición estea xustificada polo contido da especialidade formativa solicitada.

A súa impartición será autorizada ou denegada na resolución de concesión da subvención.

Código

Denominación

Horas

FCOM01

Manipulador de alimentos

10

FCOXXX26

Básico de prevención de riscos laborais

60

3. De ser o caso, a superación da formación impartida no módulo de Prevención de riscos laborais garantirá o nivel de coñecementos necesarios para desempeñar as funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención, aprobado polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro (RSP). Esta formación impartiraa persoal cualificado e co contido mínimo do programa de formación establecido no anexo IV do RSP.

Este módulo, que incluirá unha proba final presencial de aptitude, unicamente poderá impartirse na modalidade presencial.

Naqueles sectores en que o seu respectivo convenio colectivo regule a formación en prevención de riscos laborais de nivel básico, deberá impartirse de acordo co indicado nel. A superación do módulo requirirá, ademais do cumprimento dos requisitos establecidos nesta orde, a asistencia por parte do alumnado á totalidade das sesións presenciais da formación e a superación da proba final de aptitude.

Artigo 21. Modalidade de impartición

As especialidades formativas impartiranse en modalidade presencial, e non estará autorizado o uso de aula virtual.

Os módulos transversais poderán, coa excepción recollida no artigo 20.3 desta orde, impartirse na modalidade de teleformación.

Artigo 22. Persoas destinatarias da formación

As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada, na data da súa incorporación á acción formativa.

Non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Artigo 23. Número de participantes por acción formativa

O número máximo de participantes por acción formativa, nos casos en que as instalacións cumpran os requisitos que posibiliten esta capacidade e a especialidade formativa o permita, será de 15 persoas.

O número mínimo de participantes estará determinado polo que, de ser o caso, estableza o programa formativo da especialidade que se vai impartir.

Artigo 24. Autorización do uso de datos persoais

1. No momento do inicio da acción formativa a beneficiaria deberá facilitar ao alumnado e ao persoal docente o documento de autorización de incorporación dos seus datos persoais ao sistema informático SIFO e, de ser o caso, o de autorización de captura da pegada dixital e da incorporación da mesma ao sistema informático Cobipe.

Así mesmo, deberá facilitarse ás persoas alumnas o documento de dereitos e obrigas por participar na acción formativa.

Toda esta documentación estará dispoñible no sistema informático SIFO para a súa descarga polas beneficiarias.

2. Da comunicación ás persoas asistentes da dita información e da súa autorización deberá quedar constancia mediante escrito asinado polo alumnado que se incorporará ao expediente electrónico recollido en SIFO.

Artigo 25. Difusión das accións formativas

As entidades e empresas beneficiarias poderán realizar actividades de difusión e promoción das accións formativas naqueles medios e canles que consideren oportunos. A difusión garantirá a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, e do uso dunha linguaxe non sexista.

Nestes anuncios deberá facerse constar necesariamente o carácter público do financiamento da actividade subvencionada, e incluirase neles o emblema da Xunta de Galicia e o dos organismos que financian a formación.

No anuncio, que deberá estar redactado en lingua galega, sen prexuízo de que, así mesmo, se publique noutros idiomas, deberá especificarse como mínimo:

• A entidade ou empresa ofertante, con indicación do teléfono e/ou correo electrónico de contacto.

• As prazas existentes, o carácter gratuíto da formación e o compromiso de contratación.

• A acción formativa de que se trata, con indicación do código e a denominación da especialidade formativa, os módulos transversais para impartir, o número de horas e a data prevista de inicio.

• O perfil requirido ao alumnado.

• A modalidade de impartición.

Artigo 26. Contratación do alumnado

A contratación comprometida realizarase, de acordo co disposto na Orde de bases do 13 de xuño de 2023, no prazo de dous meses desde o remate da acción formativa.

Por solicitude da beneficiaria e por causas excepcionais debidamente acreditadas e motivadas, o dito prazo poderá ampliarse en dous meses logo de resolución ao respecto da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

Artigo 27. Límites e criterios particulares de aplicación na segunda convocatoria

1. As persoas interesadas poderán presentar unha única solicitude que incluirá todas aquelas accións formativas para as que solicitan subvención.

Unha vez iniciadas un mínimo do 50 % das accións formativas concedidas, a beneficiaria poderá presentar unha nova solicitude de subvención de acordo co criterio establecido no anterior parágrafo.

2. Unha mesma empresa ou entidade de formación non poderá ser beneficiaria dunha subvención que supere, para cada expediente presentado, o 25 % do crédito orzamentario dispoñible.

3. Cada acción formativa que se vai subvencionar poderá ter unha duración máxima de 300 horas. Excepcionalmente, logo de petición xustificada da beneficiaria, poderá autorizarse un número superior de horas formativas, sen que este incremento de horas supoña un aumento da subvención.

Artigo 28. Prazos de execución das accións formativas da segunda convocatoria

As accións formativas correspondentes á presente convocatoria non poderán comezar ata transcorrido un mínimo de cinco días hábiles desde a aceptación pola beneficiaria da resolución de concesión.

A data límite para o remate das accións formativas será o 29 de novembro de 2024.

Artigo 29. Prazos de xustificación das accións formativas da segunda convocatoria

1. A xustificación das accións formativas deberá realizarse a través da aplicación informática SIFO nos prazos establecidos no artigo 38.2 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023. A data límite para a presentación da xustificación será a do 13 de decembro de 2024.

2. Se a documentación presentada fose insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación porá en coñecemento da beneficiaria afectada as insuficiencias detectadas para a súa emenda no prazo de dez días hábiles.

Artigo 30. Anexos

Son anexos desta orde de segunda convocatoria os seguintes:

• Anexo I: modelo de solicitude.

• Anexo II: ficha da acción formativa.

• Anexo III: importe dos módulos económicos por área profesional, hora e persoa alumna.

• Anexo IV: pluralidade de empresas solicitantes.

Disposición adicional primeira. Resolucións adicionais

Poderán ditarse resolucións adicionais cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, da asignación ou redistribución de fondos ou de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado.

Disposición adicional segunda. Modificación da resolución en caso de alteración das condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea, ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación da resolución de concesión e o reintegro da subvención percibida.

Disposición adicional terceira. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, para tramitar e resolver os expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde, para resolver a concesión, denegación, modificación e reintegro das subvencións, así como para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento ou outras incidencias das subvencións reguladas nesta orde.

Disposición adicional cuarta. Normativa de aplicación supletoria

En todo o non disposto nesta orde de segunda convocatoria será de aplicación o establecido na Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023.

Así mesmo, será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve.

Será igualmente de aplicación o establecido na Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego, na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve. Ademais, resultarán de aplicación a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, así como o resto da normativa regulamentaria que desenvolve as ditas normas.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar resolucións e instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Importe dos módulos económicos por área profesional, hora e persoa alumna

Familia profesional: Administración e Xestión

Área profesional

Módulo (€)

Administración/xestión (ADGA)

9,31

Administración e auditoría (ADGD)

9,03

Finanzas (ADGF)

7,97

Xestión da información e comunicación (ADGG)

9,74

Información/comunicación (ADGI)

9,39

Finanzas e seguros (ADGN)

9,22

Especialidades sen área definida-administración e oficinas (ADGX)

8,43

Familia profesional: Actividades Físicas e Deportivas

Área profesional

Módulo (€)

Actividades físico deportivas recreativas (AFDA)

6,53

Prevención e recuperación (AFDP)

6,44

Familia profesional: Agraria

Área profesional

Módulo (€)

Cultivos extensivos (AGAC)

6,96

Horticultura (AGAH)

7,60

Xardinería (AGAJ)

8,59

Gandería (AGAN)

7,33

Ornamentais e xardinería (AGAO)

7,27

Forestal (AGAR)

7,70

Agricultura (AGAU)

8,59

Familia profesional: Artes Gráficas

Área profesional

Módulo (€)

Actividades e técnicas gráficas artísticas (ARGA)

7,76

Deseño gráfico e multimedia (ARGG)

11,62

Deseño (ARGD)

7,15

Edición (ARGN)

9,27

Encadernación industrial (ARGC)

7,77

Impresión (ARGI)

12,34

Pre-impresión (ARGP)

12,34

Transformación e conversión en industrias gráficas (ARGT)

8,16

Familia profesional: Artes e Artesanía

Área profesional

Módulo (€)

Artesanía tradicional (ARTA)

7,95

Artes escénicas (ARTU)

9,72

Fabricación e mantemento de instrumentos musicais (ARTG)

6,91

Recuperación, reparación e mantemento artístico (ARTR)

9,72

Vidro e cerámica artesanal (ARTN)

6,93

Xoiería e ourivaría (ARTB)

7,52

Familia profesional: Comercio e Marketing

Área profesional

Módulo (€)

Almacenaxe (COMA)

13,00

Compravenda (COMT)

13,00

Loxística comercial e xestión do transporte (COML)

13,00

Marketing e relacións públicas (COMM)

9,53

Publicidade/imaxe (COMP)

9,86

Venda (COMV)

9,53

Familia profesional: Edificación e Obra Civil

Área profesional

Módulo (€)

Albanelería e acabados (EOCB)

9,72

Colocación e montaxe (EOCJ)

8,91

Estruturas (EOCE)

8,54

Maquinaria (EOCM)

12,15

Maquinaria de construción (EOCQ)

12,19

Proxectos e seguimento de obras (EOCO)

9,25

Familia profesional: Electricidade e Electrónica

Área profesional

Módulo (€)

Elel_electricidade (ELEL)

12,77

Eler_electricidade (ELER)

8,21

Equipos electrónicos (ELEQ)

10,90

Instalacións de telecomunicación (ELES)

10,99

Instalacións eléctricas (ELEE)

8,86

Máquinas electromecánicas (ELEM)

13,00

Familia profesional: Enerxía e Auga

Área profesional

Módulo (€)

Agua (ENAA)

7,97

Eficiencia enerxética (ENAC)

9,72

Enerxía eléctrica (ENAL)

7,66

Enerxías renovables (ENAE)

7,79

Gas (ENAS)

8,15

Familia profesional: Fabricación Mecánica

Área profesional

Módulo (€)

Construcións aeronáuticas (FMEA)

8,30

Construcións metálicas (FMEC)

10,28

Fabricación electromecánica (FMEE)

9,33

Fmel_construcións metálicas (FMEL)

13,00

Fundición (FMEF)

7,57

Operacións mecánicas (FMEH)

9,55

Produción mecánica (FMEM)

8,97

Familia profesional: Hostalaría e Turismo

Área profesional

Módulo (€)

Agroturismo (HOTU)

7,56

Aloxamento (HOTA)

10,12

Axencias de viaxe (HOTG)

10,12

Información, promoción e desenvolvemento turístico (HOTI)

10,12

Restauración (HOTR)

10,12

Turismo (HOTT)

10,12

Xogos de azar (HOTJ)

7,45

Familia profesional: Industrias Extractivas

Área profesional

Módulo (€)

Pedra natural (IEXD)

8,65

Minería (IEXM)

7,69

Familia profesional: Informática e Comunicacións

Área profesional

Módulo (€)

Comunicacións (IFCM)

9,33

Desenvolvemento (IFCD)

9,33

Informática (IFCI)

7,19

Sistemas e telemática (IFCT)

8,94

Familia profesional: Instalacións e Mantemento

Área profesional

Módulo (€)

IMAF_frio e climatización (IMAF)

10,41

Frío e climatización (IMAR)

7,98

Maquinaria e equipo industrial (IMAQ)

10,01

Mecánica (IMAM)

10,41

Montaxe e mantemento de instalacións (IMAI)

10,41

Familia profesional: Imaxe Persoal

Área profesional

Módulo (€)

Estética (IMPE)

8,96

Salón de peiteado (IMPQ)

8,96

Salón de peiteado e tratamentos de beleza (IMPP)

8,29

Familia profesional: Imaxe e Son

Área profesional

Módulo (€)

Dirección, realización (IMSD)

7,22

Espectáculos en vivo (IMSE)

6,95

Produción audiovisual (IMSV)

10,64

Producións fotográficas (IMST)

4,92

Familia profesional: Industrias Alimentarias

Área profesional

Módulo (€)

Aceites e graxas (INAK)

7,83

Alimentos diversos (INAD)

7,35

Bebidas (INAH)

8,10

Cárnicas (INAI)

8,08

Conservas vexetais (INAV)

7,78

Lácteos (INAE)

7,91

Panadería, pastelería, confeitería e muiñeiría (INAF)

10,58

Produtos da pesca (INAJ)

7,98

Familia profesional: Madeira, Moble e Cortiza

Área profesional

Módulo (€)

Transformación madeira e cortiza (MAMA)

8,48

Instalación e amoblamento (MAMB)

10,93

Produción carpintería e moble (MAMD)

8,48

Carpintería e moble (MAMR)

7,28

Fabricación semiindustrializada de carpintería e moble (MAMS)

13,00

Familia profesional: Marítimo Pesqueira

Área profesional

Módulo (€)

Acuicultura (MAPU)

6,75

Pesca e navegación (MAPN)

9,72

Familia profesional: Química

Área profesional

Módulo (€)

Análise e control (QUIA)

9,72

Farmaquímica (QUIM)

9,72

Laboratorio químico (QUIL)

11,17

Pasta, papel e cartón (QUIO)

8,22

Proceso químico (QUIE)

9,72

Transformación de polímeros (QUIT)

9,72

Familia profesional: Sanidade

Área profesional

Módulo (€)

Atención sanitaria (SANT)

9,05

Servizos e produtos sanitarios (SANP)

9,55

Soporte e axuda ao diagnóstico (SANS)

6,14

Familia profesional: Seguridade e Ambiente

Área profesional

Módulo (€)

Seguridade e prevención (SEAD)

8,57

Xestión ambiental (SEAG)

7,96

Limpeza, tratamento e eliminación de residuos urbanos (SEAU)

8,57

Familia profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade

Área profesional

Módulo (€)

Actividades culturais e recreativas (SSCB)

10,43

Limpeza (SSCL)

5,61

Asistencia social (SSCS)

7,30

Asistencia social e servizos ao consumidor (SSCM)

11,78

Atención social (SSCG)

9,24

Formación e educación (SSCE)

7,77

Servizos ao consumidor (SSCI)

7,04

Familia profesional: Téxtil, Confección e Pel

Área profesional

Módulo (€)

Calzado (TCPC)

8,86

Confección en téxtil e pel (TCPF)

8,27

Ennobrecemento de materias téxtiles e peles (TCPN)

6,39

Produción de fíos e tecidos (TCPP)

7,22

Familia profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos

Área profesional

Módulo (€)

Aeronáutica (TMVO)

5,80

Carrocería de vehículos (TMVL)

13,00

Condución de vehículos por estrada (TMVI)

9,77

Electromecánica de vehículos (TMVG)

12,50

Ferrocarril e cable (TMVB)

7,79

Náutica (TMVU)

7,56

Transporte por estrada (TMVC)

10,25

Familia profesional: Vidro e Cerámica

Área profesional

Módulo (€)

Fabricación cerámica (VICF)

9,72

Vidro industrial (VICI)

7,63

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file