O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).
Os representantes das centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) comunicaron á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a convocatoria da folga, que terá lugar desde as 22.00 horas do día 9 de xaneiro de 2024 ata as 22.00 horas do día 10 de xaneiro de 2024. A folga afectará todas as persoas traballadoras das empresas encadradas no Convenio provincial de edificios e locais da provincia de Pontevedra.
A este respecto, o artigo 10 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo, establece que, cando a folga se declare en empresas encargadas da prestación de calquera xénero de servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade e concorran circunstancias de especial gravidade, a autoridade gobernativa poderá adoptar as medidas necesarias para asegurar o funcionamento dos servizos.
Deste xeito, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan e xustifican nesta orde.
A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, entre outras, STC 183/2006, do 19 de xuño, vén considerando como servizos esenciais aqueles que satisfán dereitos e intereses dos cidadáns vinculados aos dereitos fundamentais, liberdades públicas e bens constitucionalmente protexidos, como son os dereitos á protección da saúde e o dereito á seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos seguintes criterios:
a) Proporcionalidade entre os sacrificios que se lles impoñan aos folguistas e os que padezan os usuarios dos servizos.
b) Equilibrio entre os dereitos e intereses dos traballadores en folga e dos cidadáns afectados.
c) Suficiencia na realización do traballo necesario que permita a cobertura mínima do servizo, aínda sen alcanzar os niveis normais de prestación.
Neste contexto, considérase necesario establecer uns servizos mínimos de limpeza que garantan unhas adecuadas condicións de limpeza para o desenvolvemento dos servizos públicos.
De xeito máis concreto, respecto das oficinas de turismo de Vigo e de Pontevedra, propóñense os servizos mínimos indispensables para garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas, coa limpeza de baños e retirada de lixo, xa que é un lugar de grande afluencia de público.
En canto aos edificios xudiciais, a fixación desta porcentaxe de servizos mínimos nos xulgados da provincia de Pontevedra vén xustificada pola necesidade de garantir unhas mínimas condicións de hixiene que permitan asegurar diariamente a retirada de lixo, limpeza de baños, e outras necesidades urxentes e inaprazables, con especial atención ás zonas de uso común.
Polo que respecta aos centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, tendo en conta que o exercicio do dereito á folga debe conciliarse co resto dos dereitos de carácter fundamental da cidadanía, resulta imprescindible adoptar as medidas oportunas para asegurar o mantemento dos servizos de educación, dado o seu carácter de servizo esencial da comunidade.
O artigo 43.1 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde, mentres que o punto 2 dese artigo sinala que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas. Ben que isto é común para toda a cidadanía, a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Nenos, ratificada polo Reino de España mediante o Instrumento do 30 de novembro de 1990, recolle no seu artigo 24 o dereito de que as nenas e nenos gocen do máis alto nivel posible de saúde, sendo elementos fundamentais para iso a hixiene, o saneamento ambiental e as medidas preventivas de accidentes.
Garantir o dereito á saúde do alumnado e tamén dos traballadores non afectados pola folga implica fixar uns servizos mínimos que, sen alcanzaren os niveis normais de actividade, resultan necesarios nun contexto de edificios, os centros educativos, a que acoden numerosas persoas todos os días. Entre elas atópase o alumnado menor de idade que permanece neses centros durante un tempo prolongado, o que xera un uso intenso das instalacións hixiénico-sanitarias, como baños e aseos, e xera tamén residuos orgánicos, cuxa retirada é ineludible para evitar pragas, focos de infección e propagación de xermes. Desde logo, non fixar servizos mínimos suporía poñer en perigo a saúde e mesmo, nalgúns casos, a vida dos usuarios dos centros educativos.
Polo que se refire aos centros dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude, a folga afecta empresas adxudicatarias dos servizos de limpeza en diversos centros e unidades da consellería na provincia de Pontevedra.
O servizo público de asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.
A paralización dos servizos de limpeza pode provocar nos centros e unidades afectados graves problemas de salubridade, con consecuencias imprevisibles, se non se mantén o mínimo de actividade que garanta a prestación dos servizos públicos nos ditos centros e unidades, polo que se establecen os servizos esenciais para a comunidade ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.
Todo o persoal cuxa presenza se cuantifica como esencial para o mantemento dos servizos mínimos é absolutamente necesario e indispensable, xa que a limpeza constitúe unha das exixencias máis relevantes nos nosos centros e unidades.
En consecuencia, de acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, en virtude das facultades que me confire o Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e oído o Comité de Folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
1. A convocatoria de folga efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.), que terá lugar desde as 22.00 horas do día 9 de xaneiro de 2024 ata as 22.00 horas do día 10 de xaneiro de 2024. A folga afectará todas as persoas traballadoras das empresas encadradas no Convenio provincial de edificios e locais da provincia de Pontevedra, e deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.
2. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan no anexo á presente orde.
Artigo 2
O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación suficiente. A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada polos empregadores e notificada ao persoal designado.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
– Servizos mínimos da Presidencia da Xunta de Galicia.
Centro |
Total |
Servizos mínimos |
Posto |
Quenda |
Oficina de turismo de Vigo (rúa Cánovas del Castillo, 22, Vigo) |
2 horas |
50 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Oficina de turismo de Pontevedra (rúa Marqués de Riestra, 30, Pontevedra) |
2 horas |
50 % |
Limpador/a |
Xornada partida |
– Servizos mínimos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Centro |
Total |
Servizos mínimos |
Posto |
Quenda |
Edificio Cidade da Xustiza de Vigo |
18 |
50 % |
Limpador/a |
2 quenda de mañá e 16 quenda de tarde |
Rexistro Civil de Vigo |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Audiencia Provincial de Pontevedra |
3 |
33 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Edificio Xudicial A Parda (antigo) |
3 |
33 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Edificio Xudicial A Parda (novo) |
6 |
50 % |
Limpador/a |
1 quenda de mañá/ 5 quenda de tarde |
Xulgados da Estrada |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Caldas de Reis |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Cambados |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Cangas |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Lalín |
2 |
50 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Marín |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Ponteareas |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Redondela |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Tui |
3 |
33 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
Xulgados de Vilagarcía de Arousa |
1 |
100 % |
Limpador/a |
Quenda de tarde |
– Servizos mínimos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Centro |
Servizos mínimos |
Posto |
Centros educativos de educación especial de titularidade privada |
20 % (mínimo 1 persoa) |
Limpador/a |
Centro educativo de educación especial de Pontevedra |
20 % (mínimo 1 persoa) |
Limpador/a |
Centro educativo de educación especial de Vilagarcía de Arousa |
20 % (mínimo 1 persoa) |
Limpador/a |
– Servizos mínimos da Consellería de Política Social e Xuventude.
Centro |
Total |
Servizos mínimos |
Posto |
Quenda |
Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo |
5 |
2 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (CAPD) de Redondela |
4 |
2 |
Limpador/a |
1 mañá e 1 tarde |
Residencia de maiores de Campolongo |
4 |
2 |
Limpador/a |
1 mañá e 1 tarde |
Residencia de maiores de Marín |
4 |
2 |
Limpador/a |
1 mañá e 1 tarde |
Residencia de maiores da Estrada |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Lalín |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá/tarde |
Centro sociocomunitario de Pontevedra |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Redondela |
1 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |
Centro sociocomunitario de Vilaxoán |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario do Calvario |
2 |
1 |
Limpador/a |
Mañá/tarde |
Centro sociocomunitario de Teis |
2 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Baiona |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Bouzas |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Coia |
2 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Centro sociocomunitario de Rivera Atienza |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Espazo Xove de Lalín |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Espazo Xove de Tui |
1 |
1 |
Limpador/a |
Mañá |
Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa |
2 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |
Casa do Mar de Aldán |
1 |
1 |
Limpador/a |
Horario habitual |
Casa do Mar de Bueu |
1 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |
Casa do Mar de Cambados |
2 |
1 |
Limpador/a |
Horario habitual |
Casa do Mar de Portonovo |
1 |
1 |
Limpador/a |
Horario habitual |
EVO Vigo |
2 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |
EVO Pontevedra |
2 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |
– Servizos mínimos da Consellería do Mar.
Centro |
Total |
Servizos mínimos |
Posto |
Quenda |
Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR |
1 |
1 |
Limpador/a |
Tarde |