DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Nigrán (expediente 2010AAE0337).

Faise pública a Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica sobre o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Nigrán, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado nos procedementos de aprobación de instrumentos de planeamento urbanístico regulados na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 0841/2009.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático