DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño na ordenanza número 9, Equipamentos e dotacións, no concello do Carballiño (expediente 2023AAE2840).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 18 de decembro de 2023, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño na ordenanza número 9, Equipamentos e dotacións, no concello do Carballiño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2636/2023.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático