DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente 2022/58-ATE).

O 29 de xuño de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT PAL805 Friol 5 entre os apoios 55-11-1 e 55-11-5-CT.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a persoa afectada coa que non se chegou a un acordo, incluída na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Palas de Rei, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 7 marzo de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2023, para que compareza o día 2 de febreiro de 2024 no Concello de Palas de Rei, sinalado como punto de reunión, para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado a interesada mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Palas de Rei estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre o ben afectado, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 13 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación LAMT PAL805 Friol 5 entre os apoios 55-11-1 e 55-11-5-CT

Nº predio

Nome e apelidos

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Apoio

m2

ml aéreos

m2 aéreos

2

Mª Otilia Camoira Arias

61

252

Prado Sanfiz

Prado

55-11-3

2.0