DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Guntín (expediente IN407A 2023/125-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT, RBT Pradeda e Pacios (Guntín).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie (CTI) de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400-230 V, que se instalará sobre o apoio proxectado núm. 5-CT da LMTA LUG802.

– Centro de transformación (CT) tipo rural fin de liña (FL), de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Liña eléctrica de alta tensión aérea, a 20 kV, de 441 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, con orixe no apoio existente núm. 123-B-18 da LMTA LUG802 e final no CTI proxectado.

– Liña eléctrica de alta tensión soterrada, a 20 kV, de 27 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20kV 3×(1×150 mm2) AL, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado sobre o apoio existente núm. 136-7 da LMTA LUG802 e final no CT tipo rural FL proxectado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado a partir do día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/guntin

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 13 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMT, CT, RBT Pradeda e Pacios (Guntín)

Concello: Guntín (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/125-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Afeccións (ml. aér.)

Afeccións (m2 aér.)

Afeccións (ml. sub.)

Afeccións (m2 sub.)

1

120

261

Zarra

Prado

María Divina Varela Pérez

1

2.0

34.0

497.0

 

 

2

120

257

Zarra

Monte alto

Ana María Rodríguez Rodríguez

 

 

 

50.0

 

 

3

120

260

Barreiro

Labor

María Luisa Castro Maciñeiras

 

 

72.0

1144.0

 

 

4

120

219

Cotón

Monte alto

CMVMC de Pradeda

2, 3, 4, 5 CTI

15.0

329.0

5270.0

3.0

9.0

5

133

58

Arbillón

Froiteiras

Antonio Somoza Novo

CTC

15.0

 

 

3.0

9.0