DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1645

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria das axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024 (código de procedemento ED416A).

BDNS (Identif.): 737600.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 228.000 euros.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 para estadías no resto do mundo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de marzo de 2024.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades