DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de contratación (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 235, do 12 de decembro de 2023, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de contratación (funcionario/a de carreira), polo sistema selectivo de concurso-oposición libre, correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 12 de decembro de 2023

José Ramón Romero García
Alcalde