DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo.

Aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario, auxiliar administrativo (subgrupo C2) da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, para o Concello de Coirós, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 238, do 15 de decembro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de auxiliar administrativo (subgrupo C2) da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo: C2. Escala: Administración xeral. Subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na súa páxina web concellocoirós.com

Coirós, 15 de decembro de 2023

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde