De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con datas do 19 e 28 de decembro de 2023, dos seguintes informes:
– Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade Deputación Provincial de Lugo, exercicio 2022.
– Informe de fiscalización dos criterios de adxudicación e da contratación menor das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma galega.
Ligazón para acceder ao texto completo do informe: https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia