DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1733

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se ordena a publicación da resolución da IV edición do Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, acordada polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa Xuntanza do 28 de decembro de 2023.

Por Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 23 de setembro de 2019, creouse o Premio Carlos G. Otero Díaz para promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións públicas e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 215, do 12 de novembro).

Polo Acordo do mesmo órgano, do 18 de maio de 2022, aprobouse a modificación das ditas bases reguladoras e convocouse o III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, designándose tamén o xurado (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Valorados os traballos presentados, o xurado emitiu as actas correspondentes ás reunións levadas a cabo o 22.11.2023, o 4.12.2023 e o 11.12.2023, elevando ao Pleno do Consello de Contas a súa proposta, o cal acordou por unanimidade, na súa xuntanza do 28 de decembro de 2023, declarar deserto o primeiro e segundo premios da edición correspondente a 2023.

En cumprimento do disposto na base 12 das bases reguladoras do Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz,

RESOLVO:

Ordenar a publicación do acordado polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa Xuntanza do 28 de decembro de 2023, referido á resolución da IV edición do Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, de conformidade co contido reflexado no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Resolución da IV edición do Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, acordada polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa Xuntanza
do 28 de decembro de 2023

Primeiro. Declarar deserto o primeiro e segundo premios da edición correspondente ao 2023 por non seren os traballos presentados, segundo o criterio do xurado, relevantes para acadar a finalidade da convocatoria no que se refire a novidade, orixinalidade e contido científico en materia de prevención da corrupción.

Segundo. Comunicar esta resolución aos autores dos traballos nos seus enderezos electrónicos, tras prestaren o seu consentimento expreso previsto para tal efecto no anexo I da convocatoria.