DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 1843

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución da Secretaría Xeral da Emigración, do 6 de setembro de 2023, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2023 (DOG núm. 175, do 14 de setembro), dáse publicidade dos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2023 e que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2023

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para a adquisición de medicamentos destinados ás persoas galegas residentes en Venezuela

Articular o financiamento dos servizos de distribución de medicinas e demais produtos farmacolóxicos entre os galegos e galegas residentes en Venezuela en situación de discapacidade ou con algún tipo de enfermidade

30.000,00 €

25.9.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Maracaibo para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Gallego de Maracaibo (Venezuela) para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

5.000,00 €

26.9.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz (Venezuela) para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

5.000,00 €

26.9.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Hermandad Gallega de Valencia para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

5.000,00 €

26.9.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

20.000,00 €

26.9.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago para o mantemento dun punto de Información e asesoramento social en Salvador de Bahía, Brasil

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración

10.000,00 €

10.10.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud (FES) de Venezuela en Caracas para a atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela

Atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela

25.000,00 €

10.10.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para a adquisición de medicamentos destinados ás persoas galegas residentes en Venezuela

Articular o financiamento dos servizos de distribución de medicinas e demais produtos farmacolóxicos entre os galegos e galegas residentes en Venezuela en situación de discapacidade ou con algún tipo de enfermidade

20.000,00 €

17.11.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Ourensán de Montevideo para a actuación urxente no teito da sede social

Actuación urxente no teito da sede social do Centro Ourensán de Montevideo que impermeabilice as dependencias en que está depositada a biblioteca da extinta Casa de Galicia de Montevideo

10.500,00 €

14.12.2023

ANEXO II

Convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2023

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Contribuír ao mantemento da entidade

60.000,00 €

15.8.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

Establecer o marco da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

20.000,00 €

30.8.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

Prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

20.000,00 €

30.8.2023