DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 1954

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo.

Vista a proposta formulada polo presidente da comisión nomeada para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na institución do Valedor do Pobo, convocadas pola Resolución do 16 de outubro de 2023 (DOG núm. 202, do 24 de outubro),

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica no Valedor do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por obteren a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 16 de outubro de 2023.

De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación práctica dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación da resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Se, transcorrido o dito prazo, a incorporación das persoas seleccionadas non se produce, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificada.

Segundo. Facer pública a resolución definitiva de concesión das bolsas e a relación complementaria de suplentes (anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro. Excluír do procedemento de concesión das bolsas os aspirantes que figuran no anexo III por non achegaren, dentro de prazo de (5) cinco días hábiles concedido, a documentación exixida na base segunda da convocatoria, acreditativa dos requisitos que deben reunir os aspirantes para poder ser beneficiarios das bolsas en cuestión.

Cuarto. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Valedor do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo

ANEXO I

Aspirantes

Puntuación total

***2548**

18,00

***2968**

17,00

ANEXO II

Aspirantes

Puntuación total

***9148**

16,00

***2221**

15,75

***0580**

14,00

***5831**

13,50

***4276**

11,00

***7785**

7,75

ANEXO III

Aspirantes

***7288**

Excluído

***8602**

Excluído

***9795**

Excluído

***1070**

Excluído