DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2059

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 6, do 9 de xaneiro de 2024, cómpre facer as oportunas correccións:

Nas páxinas 1529 e 1530, no artigo 4, punto 1, a numeración correcta sería a seguinte:

«a) Ser menor de 40 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir fóra de España.

d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

e) Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:

e.1. Ser persoa emigrante nacida en Galicia.

e.2. Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

e.3. Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.

f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitectura, enxeñaría, licenciatura, arquitectura técnica, diplomatura, ou enxeñaría técnica ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.

g) No caso das persoas nacidas fóra de Galicia, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda de documentación preceptiva».

Na páxina 1532, artigo 7, punto 1, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di:

«... accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal»,

Debe dicir:

«... accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou no enderezo web https://bolsasexcelencia.xunta.gal».

Nas páxinas 1533 e 1534, artigo 9, punto 1, a numeración correcta sería a seguinte:

«a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade español).

b) Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.

c) Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:

d.1. Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.

d.2. Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.

d.3. Descendentes por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.

e) Para as persoas nacidas fóra de Galicia: certificado de inscrición no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), ou na súa falta, calquera outra documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego.

f) Título universitario/diploma que dea acceso ao máster ou documentación que acredite que o título/diploma está en trámite.

g) No caso de titulacións españolas: certificado do expediente académico da titulación universitaria realizada, no cal conste a nota media na escala numérica de 0-10.

h) No caso de titulacións obtidas no estranxeiro:

h.1: certificado do expediente académico, analítico ou histórico escolar, en que consten a totalidade das materias cursadas coas cualificacións obtidas, incluíndo, se for o caso, o número de créditos de cada materia, así como as materias cursadas no ciclo básico común.

h.2: escala de avaliación/cualificación e a nota mínima requirida para a aprobación dunha materia: histórico escolar, analítico, regulamento universitario ou outro documento acreditativo.

h.3: documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España».

Nas páxinas 1546 e 1547, artigo 21, a numeración correcta sería a seguinte:

«a) Incorporarse ao máster na universidade correspondente e residir durante o curso académico completo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede, entendéndose por tal o pagamento do importe da matrícula, asistir ás actividades lectivas e non anular a matrícula.

c) Superar a totalidade dos créditos no curso ou cursos académicos para os que se concede a bolsa, excepto nos casos excepcionais en que á persoa beneficiaria se lle ampliase o período de desfrute segundo o previsto no artigo 19.3.

d) Informar sobre as súas actividades académicas achegando o expediente académico coas cualificacións obtidas ao rematar cada cuadrimestre, só no caso de que se opoña a esta consulta.

e) Achegar un informe do/da coordinador/a do máster sobre a súa evolución e rendemento ao rematar o primeiro cuadrimestre do curso.

f) Comunicar un enderezo e teléfono de contacto unha vez que residan en Galicia a efectos de recibir notificacións, así como os cambios que se poidan producir no seu correo electrónico.

g) Comunicar por escrito á Secretaría Xeral da Emigración a renuncia á bolsa, así como calquera modificación substancial que afecte as condicións desta.

h) Abrir unha conta bancaria en España na cal figure como titular.

i) Responsabilizarse da busca de aloxamento en Galicia e da xestión da viaxe.

j) Aquelas persoas que non posúan algún tipo de cobertura sanitaria durante o tempo que dure a súa estadía en Galicia, deberán subscribir unha póliza de seguro de asistencia sanitaria privada.

k) Participar nas accións de fomento do emprego ou de inserción laboral que se desenvolvan nesta comunidade autónoma.

l) Asistir ás reunións ou actividades que organice a Secretaría Xeral da Emigración para o desenvolvemento do programa.

m) Informarse e asesorarse, na Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, das xestións e trámites a levar a cabo.

n) Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolle a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións de Galicia, en concreto, ás recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento que concede a subvención, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

ñ) Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

o) Subministrar á Secretaría Xeral da Emigración, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte da Secretaría Xeral da Emigración das obrigas previstas no título I da citada lei».

Na páxina 1546, substituír o cadro publicado polo seguinte:

Data límite de achega de documentación xustificativa

1º pagamento

2º pagamento

3º pagamento

Total

31.10.2024

30.4.2025

31.10.2025

Nº créditos ECTS

Europa

Resto países

Europa

Resto
países

Europa

Resto
países

Europa

Resto
países

60 - 72

6.000 €

2.000 €

2.500 €

8.000 €

8.500 €

90

6.000 €

2.000 €

2.500 €

3.750 €

4.000 €

11.750 €

12.500 €