DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2064

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 68.2 que corresponde ás administracións educativas, no ámbito das súas competencias, organizar periodicamente probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no punto 8 da disposición adicional cuarta que a consellería con competencias en materia de educación, no ámbito das súas competencias, organizará periodicamente probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

A Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia dispón no artigo 44.1 que anualmente se convocarán polo menos dúas probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, establece no punto 2 da disposición transitoria primeira que as probas que ata o final do curso 2023/24 realicen as administracións educativas para a obtención directa do título de graduado en educación secundaria obrigatoria se organizarán baseándose na configuración curricular desenvolvida a partir do Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, para o caso de Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, concretado para a educación básica para as persoas adultas na Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos correspondentes ao ano 2024 na Comunidade Autónoma de Galicia, con código de procedemento administrativo ED540A, conforme se dispón nas epígrafes seguintes.

Segundo. Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos da etapa establecidos na Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Convocatorias

1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.

2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

Cuarto. Lugares de realización das probas

1. Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

2. A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

Quinto. Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

1. Poderán participar as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de dezaoito anos ou facer esa idade no ano 2024.

b) Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2023/24, agás as persoas matriculadas durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:

– Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

– Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela.

Sexto. Persoas con necesidades educativas especiais

1. As persoas con necesidades educativas especiais que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver (anexo I).

2. A presidencia do tribunal determinará se procede adoptar medidas ou facilitar recursos adicionais para cada caso e informará a persoa interesada da súa decisión.

3. A presidencia do tribunal adoptará as medidas e facilitará os recursos adicionais que se determinen para permitir que estas persoas poidan realizar a proba. Cando sexa necesario, poñerá esta circunstancia en coñecemento da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que facilite os recursos necesarios.

Sétimo. Validacións

1. De acordo coas especificacións do anexo III, as persoas aspirantes poderán solicitar a exención da realización da proba dos ámbitos correspondentes cando acrediten ter superado:

a) Algún ámbito nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos en convocatorias anteriores.

b) Algún módulo catro dos ámbitos de educación secundaria de persoas adultas.

c) Algún módulo voluntario dos programas de cualificación profesional inicial.

d) Algún ámbito dos programas de diversificación curricular de cuarto curso.

A cualificación deses ámbitos consignarase nas actas de avaliación da proba nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

2. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán solicitar a exención da realización da proba dos ámbitos correspondentes cando acrediten ter superado:

a) As materias correspondentes do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria especificadas no anexo III.

b) As materias correspondentes de segundo curso de bacharelato unificado polivalente especificadas no anexo III.

Neste caso, as cualificacións consignaranse co resultado da media aritmética desas materias, arredondada á unidade máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior.

Oitavo. Exención da realización da proba de Lingua Galega e Literatura

1. Consonte o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, as persoas aspirantes procedentes doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro poderán solicitar a exención da realización da proba de Lingua Galega e Literatura.

2. A solicitude de exención consignarase no formulario de inscrición na proba (anexo I).

Noveno. Prazo, forma e lugar de presentación de solicitudes de inscrición

1. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

a) Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

2. Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centro educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

3. A identidade dos solicitantes quedará acreditada mediante DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

4. Poderanse presentar solicitudes de inscrición nos seguintes centros educativos:

a) A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

b) Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

c) Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

d) Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

e) Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, nº 4, 32002 Ourense.

f) Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.

g) Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

Décimo. Documentación complementaria

1. Cando proceda, xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación complementaria, que se presentará presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 4 da epígrafe novena ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

a) Pasaporte ou documento acreditativo da identidade recoñecido en dereito.

b) Certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, de acordo co establecido no punto 1.a) da epígrafe sétima desta resolución, só no caso de aspirantes que os superasen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas na epígrafe sétima desta resolución.

d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades educativas especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Décimo primeiro. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

• Certificado do grao de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de solicitar a adaptación da proba.

• Certificado de ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

• Historial académico dos estudos cursados en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo segundo. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 4 da epígrafe novena desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

Décimo terceiro. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo cuarto. Listaxes de persoas admitidas e excluídas e prazos de reclamacións

1. O día 6 de marzo (para a convocatoria de abril) e o día 30 de abril (para a convocatoria de xuño) de 2024 publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e nos taboleiros dos centros educativos relacionados no punto 4 da epígrafe novena as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, diferenciadas para cada centro de realización da proba, con expresión das causas que motivaron a exclusión.

2. Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas indicaranse para cada persoa aspirante o centro en que debe realizar a proba, os ámbitos validados, con indicación da nota correspondente, e a concesión ou denegación da exención de realización da proba de Lingua Galega e Literatura.

3. Unha vez publicadas as listaxes, as persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para formular escrito de reclamación contra estas dirixido á presidencia do tribunal, presentando, se é o caso, a documentación que consideren oportuna.

4. O día 15 de marzo (para a convocatoria de abril) e o día 14 de maio (para a convocatoria de xuño) de 2024 publicarase a listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas nos lugares indicados no punto 1 desta epígrafe.

Décimo quinto. Tribunais

1. Para avaliar e supervisar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral Formación Profesional designará tribunais compostos por un presidente ou unha presidenta titular e catro vogais titulares; designará, así mesmo, un presidente ou unha presidenta suplente e catro vogais suplentes.

2. Á vista das persoas aspirantes inscritas, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá establecer outros tribunais, de seren necesarios para a realización da proba.

Décimo sexto. Normas para a realización da proba

1. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

2. Na proba do ámbito Científico-Tecnolóxico, as persoas aspirantes poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos alfanuméricos. Os membros do tribunal poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, será retirada e non poderá ser substituída por outra.

3. As persoas aspirantes non poderán acceder á proba con auriculares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos. Os membros do tribunal poderán comprobar en calquera momento o cumprimento desta norma.

4. Non respectar estas instrucións, copiar, valerse de información subministrada por terceiros, utilizar material non autorizado ou calquera tipo de actuación fraudulenta detectada durante a realización dos exercicios comportará a non superación da proba na súa totalidade.

Décimo sétimo. Estrutura da proba

A proba organizarase en tres sesións, correspondentes a cada un dos seguintes ámbitos de coñecemento:

a) Ámbito Científico-Tecnolóxico, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.

b) Ámbito Social, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música.

c) Ámbito de Comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.

Décimo oitavo. Desenvolvemento da proba

• De 9.00 a 9.30 horas: chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

• De 9.30 a 12.00 horas: realización da proba correspondente ao ámbito Científico-Tecnolóxico.

• De 12.15 a 13.15 horas: realización da proba correspondente ao ámbito Social.

• De 16.00 a 19.00 horas: realización da proba correspondente ao ámbito de Comunicación.

Décimo noveno. Cualificación da proba

A cualificación de cada ámbito levarase a cabo de acordo coas especificacións establecidas no anexo II desta resolución.

Vixésimo. Cualificacións provisionais e reclamacións

1. Os días 24 de abril (para a convocatoria de abril) e 19 de xuño (para a convocatoria de xuño) de 2024 faranse públicas as cualificacións provisionais e poderanse consultar de maneira presencial no centro de inscrición na proba ou no espazoAbalar, ao que se poderá acceder no enderezo web https://espazoabalar.edu.xunta.gal/ con certificado dixital ou Chave365, ou a través da aplicación abalarMóbil. O acceso á aplicación móbil tras a súa descarga farase mediante o número de teléfono móbil que se facilite no formulario de inscrición na proba (anexo I), en que recibirá un código de acceso.

2. Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación mediante escrito motivado dirixido á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións.

3. As reclamacións presentaranse na secretaría do centro de inscrición na proba ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Ademais, poderase adiantar o envío por correo electrónico ao enderezo educadultos@edu.xunta.gal, o cal non suplirá en ningún caso a presentación do escrito na secretaría do centro.

Vixésimo primeiro. Resolución

1. Resoltas as reclamacións, o día 3 de maio (para a convocatoria de abril) e o día 28 de xuño (para a convocatoria de xuño) de 2024 poderanse consultar as cualificacións definitivas seguindo o procedemento indicado no punto 1 da epígrafe vixésima.

2. Contra as cualificacións definitivas poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

Vixésimo segundo. Superación da proba

A proba considérase superada cando se obteña unha cualificación global igual ou superior a cinco puntos nos tres ámbitos que a compoñen.

Vixésimo terceiro. Superación parcial da proba

As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación obtida no ámbito ou ámbitos superados para sucesivas convocatorias.

Vixésimo cuarto. Expedición do título

As persoas aspirantes que superen a proba poderán solicitar a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria no centro en que se inscribiron na proba.

Vixésimo quinto. Certificacións

1. A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos ámbitos e, se é o caso, a validación destes.

2. O tribunal facilitará aos aspirantes con ámbitos superados unha certificación coas cualificacións obtidas segundo o modelo do anexo IV desta resolución.

3. Os centros en que se constitúan os tribunais conservarán toda a documentación relativa á proba para a súa tramitación e custodia.

4. As certificacións que se soliciten con posterioridade ao proceso de avaliación serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se realizou a proba.

Vixésimo sexto. Publicación e información

1. A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e nos taboleiros dos centros de inscrición na proba.

2. As cualificacións provisionais e definitivas poderán ser consultadas seguindo o procedemento establecido no punto 1 da epígrafe vixésima desta resolución.

Disposición adicional única. Efectos económicos do tribunal

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, o tribunal e as comisións técnicas ateranse á categoría correspondente que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

missing image file
missing image file

ANEXO II

Cualificación da proba

1. Puntuación de cada ámbito.

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Puntuación total máxima: 55 puntos

Ámbito Social

Puntuación total máxima: 25 puntos

Ámbito de Comunicación

Puntuación total máxima: 100 puntos

2. Cualificación do ámbito Científico-Tecnolóxico.

Puntos

Cualificación

52 a 55

47 a 51,99

42 a 46,99

37 a 41,99

32 a 36,99

27 a 31,99

21 a 26,99

14 a 20,99

7 a 13,99

0 a 6,99

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

ANEXO II

(segunda parte)

Cualificación da proba

3. Cualificación do ámbito Social.

Puntos

Cualificación

23 a 25

21 a 22,99

19 a 20,99

17 a 18,99

15 a 16,99

12 a 14,99

9 a 11,99

6 a 8,99

3 a 5,99

0 a 2,99

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

4. Cualificación do ámbito de Comunicación.

Puntos

Cualificación

95 a 100

86 a 94,99

77 a 85,99

68 a 76,99

59 a 67,99

50 a 58,99

37,5 a 49,99

25 a 37,49

12,5 a 24,99

0 a 12,49

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

ANEXO II

(terceira parte)

Cualificación da proba

5. No caso das persoas exentas da realización da proba de Lingua Galega e Literatura, a puntuación máxima que se outorgará ao ámbito de Comunicación será a seguinte:

Ámbito de Comunicación

Puntuación total máxima: 60 puntos

6. A cualificación do ámbito de Comunicación para as persoas candidatas exentas de realizar a proba de Lingua Galega e Literatura será a seguinte:

Puntos

Cualificación

55 a 60

50 a 54,99

45 a 49,99

40 a 44,99

35 a 39,99

30 a 34,99

22,5 a 29,99

15 a 22,49

7,5 a 14,99

0 a 7,49 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

ANEXO III

Equivalencias entre ensinanzas ou probas superadas e a proba para a obtención
do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Sistema actual

Sistemas educativos anteriores

Ámbitos exentos

Materias de educación secundaria obrigatoria de 4º de ESO (Decreto 156/2022, do 15 de setembro)

Módulos dos ciclos formativos de grao básico definidos pola Lei orgánica 3/2020

Materias de educación secundaria obrigatoria de 4º de ESO (Decreto 86/2015, do 25 de xuño)

Módulos dos ciclos da formación profesional básica definidos pola Lei orgánica 8/2013

Materias de educación secundaria obrigatoria de 4º de ESO (Decreto 133/2007, do 5 de xullo)

Materias e ámbitos do programa de diversificación curricular de 4º de ESO (Orde do 30 de xullo de 2007)

4º módulo (nivel II) dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas ou módulos voluntarios de PCPI

4º módulo dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas, currículo LOXSE

Materias de 2º curso de BUP

(Lei 14/1970, do 4 de agosto)

Ámbito de Comunicación

Lingua Castelá e Literatura,

Lingua Galega e Literatura,

e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Módulo de Comunicación e Ciencias Sociais II

Lingua Castelá e Literatura,

Lingua Galega e Literatura,

e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura,

e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito lingüístico-social e a materia de Lingua Estranxeira

Comunicación

Comunicación

Lingua Castelá e Literatura,

Lingua Galega e Literatura,

e Lingua Estranxeira

Ámbito Social

Xeografía e Historia

Módulo de Comunicación e Ciencias Sociais II

Xeografía e Historia

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ciencias Sociais e

Xeografía e Historia

Ámbito

lingüístico-social

Social

Da sociedade

Xeografía Humana e Historia

Ámbito Científico- Tecnolóxico

Matemáticas A ou B, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química

(no caso de non ter cursado algunha destas materias, deberá ter superada a materia do terceiro curso).

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía,

Física e Química, e Tecnoloxía

(no caso de non ter cursado algunha das materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Matemáticas e, polo menos, dúas materias das seguintes: Tecnoloxía

Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química

Ámbito

Científico-Técnico e

a materia de Tecnoloxía

Científico-Tecnolóxico

Ámbito Tecnolóxico-Matemático e

Ámbito da Natureza

Matemáticas e

Física e Química

missing image file