DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2568

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).

missing image file

A maior parte das persoas propietarias forestais particulares en Galicia dispoñen de parcelas de monte dunha dimensión que resulta insuficiente para aplicar unha xestión viable e profesionalizada. Segundo os datos rexistrados polo Sistema de información xeográfica de identificación de parcelas agrícolas (Sixpac), Galicia alberga case 8 millóns de parcelas de uso forestal, preto da terceira parte (30 %) dos recintos de uso forestal de toda España; a superficie media por parcela de uso forestal de Galicia excede apenas un cuarto de hectárea (0,28 hectáreas).

A análise do grao de parcelación ofrece resultados variables dunhas comarcas a outras e algúns estudos socioeconómicos na Comunidade Autónoma indican diferentes perfís de propietarios, con distintos obxectivos e criterios de xestión forestal en propiedades de tamaños variables, prevalecendo con todo unha gran maioría de parcelas con dimensións moi reducidas, insuficientes para unha xestión eficiente.

Para o caso concreto do monte privado particular/familiar, o minifundismo favorece unha produtividade e rendibilidade unitaria pouco elevada, agravado pola carencia de pautas adecuadas de silvicultura debidamente organizada, o que se acompaña dunha falta de capitalización, dunha dificultade para a comercialización de produtos forestais en calidade e cantidade e dunha baixa competitividade.

As organizacións de persoas propietarias forestais teñen o propósito xeral de representar os intereses das persoas asociadas e promover a rendibilidade das actividades forestais, así como o fomento da ordenación e xestión sustentable do monte. Algunhas das asociacións de persoas propietarias presentes en Galicia foron pioneiras nos procesos de organización dos/das propietarios/as no sur de Europa, contando con traxectorias de máis de 35 anos e un número moi elevado de persoas asociadas. Outras iniciativas relevantes son as asociacións de comercialización de madeira por parte de produtores do norte da comunidade.

Fórmulas máis complexas de organizacións de titulares forestais foron establecidas a través das sociedades de fomento forestal (Sofor), que son agrupacións que asocian persoas propietarias forestais ou, de ser o caso, persoas titulares de dereitos de uso de parcelas susceptibles de aproveitamento forestal que son cedidas á sociedade para a súa xestión forestal conxunta cun réxime xurídico de sociedade de responsabilidade limitada. Actualmente, tal como reflicten as estatísticas forestais para Galicia, existen 19 agrupacións forestais de xestión conxunta, todas elas sociedades de fomento forestal, que abranguen unha superficie total de 3.145 hectáreas.

Os resultados obtidos e a experiencia aprendida conducen a entender que as medidas en materia de fomento da xestión conxunta deben ser amplas e diversas, onde a persoa titular poida decidir o seu grao de compromiso en materia de xestión forestal sustentable, propiciando así unha contorna de diversas alternativas de compromiso, desde fórmulas que favorezan a cesión dos terreos, pasando pola posibilidade de formar parte das asociacións de persoas propietarias forestais (optando por servizos de información e formación ata servizos de xestión ou comercialización conxunta) ou, mediante un maior grao de compromiso, integrándose como parte protagonista en figuras xurídicas de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa.

Dando resposta a esta necesidade, a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, establece, no seu artigo 16, que as persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos agroforestais que pretendan unha xestión común deses terreos poderán solicitar o seu recoñecemento como agrupación forestal ou agrogandeira de xestión conxunta, segundo a finalidade principal da agrupación. Neste sentido, as agrupacións de xestión conxunta terán por finalidade xestionar de forma conxunta e sustentable os terreos agroforestais integrados no perímetro de actuación co fin de explotalos, recuperalos e poñelos en valor, previndo e impedindo o seu abandono; favorecer a produción e comercialización conxunta; o uso en común dos medios para a realización de actividades agrarias; servir como instrumento para a protección do ambiente, a prevención e defensa contra os incendios forestais, a protección fronte a catástrofes e a mitigación e adaptación contra o cambio climático; crear emprego endóxeno, colaborando no aumento da calidade de vida e nas expectativas de desenvolvemento da poboación rural; e a transferencia de coñecemento e a introdución de prácticas innovadoras no medio rural.

Así, as agrupacións de xestión conxunta son un dos principais instrumentos de recuperación de terras agroforestais que recolle a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, que se caracterizan pola realización dos procesos de xestión por parte das persoas propietarias ou titulares de dereitos de usos ou aproveitamentos a través das súas agrupacións, sen incorporar procedementos de reestruturación da propiedade.

O artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, define e delimita as agrupacións forestais de xestión conxunta, e establece o seu obxecto, os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e inscrición no Rexistro Administrativo de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta creado no artigo 126 da dita lei. A Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C), desenvolve esta norma.

As agrupacións forestais de xestión conxunta, sexa cal for a figura xurídica que as sustente, son instrumentos adecuados para defender o interese xeral en beneficio do desenvolvemento sustentable. As asociacións, como entidades sen ánimo de lucro, constitúen unha ferramenta moi apropiada para o apoio ás súas persoas socias, que poden apreciar dunha maneira directa as vantaxes da cooperación, que lles ofrece múltiples servizos.

Para iso, é necesario unha promoción activa mediante campañas de comunicación e concienciación que promocionen o atractivo e as vantaxes do asociacionismo para a produción e venda agrupada de madeira e outros recursos forestais, destacando os casos de éxito coñecidos, así como distintos modelos de asociación e cooperación.

Segundo o contexto exposto, a Consellería do Medio Rural desenvolve este instrumento xurídico, que se artella nas seguintes liñas de axudas:

1. Liña I: axudas para organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta.

2. Liña II: axudas para o apoio ás asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais.

3. Liña III: axudas para a creación e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta.

Esta iniciativa está aliñada coa primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, que se estrutura en distintos eixes estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega. Concretamente, no eixe III 1.2 do Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

As mencionadas liñas de axudas son financiables co Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Estas axudas teñen o seu encaixe no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). Dentro dos obxectivos que recolle o PRTR no seu compoñente 4 (C4) –Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade– está alcanzar un bo estado de conservación dos ecosistemas mediante a súa restauración ecolóxica cando sexa necesaria, e reverter a perda de biodiversidade, garantindo un uso sustentable dos recursos naturais e a preservación e mellora dos seus servizos ecosistémicos.

Este compoñente inclúe, entre outros, o Investimento 4 (I4). Xestión forestal sustentable que se compón de investimentos para a xestión forestal, en que se propoñen:

1. Plans de soporte técnico ás persoas propietarias e administracións forestais para a consolidación da propiedade pública e a redacción de proxectos de ordenación ou plans de xestión e as súas revisións, así como a súa aplicación.

2. Unha liña de actuación sobre o reto demográfico, para loita contra a despoboamento e garantir a cohesión territorial e social.

3. Un especial esforzo en materia de defensa dos ecosistemas mediante a loita contra incendios, por ser un elemento especialmente importante no noso país.

Para a liña de actuación sobre o reto demográfico, a biodiversidade e os servizos ecosistémicos teñen un importante papel potencial para equilibrar desigualdades territoriais e contribuír a achegar solucións ao reto demográfico a través de contornas colaborativas en que se fomente a economía circular.

A intervención sobre o reto demográfico constata a necesidade de incorporar os beneficios que poden derivar do adecuado uso das masas forestais, polo seu contrastado valor como recurso nas áreas rurais e áreas afectadas polo declive demográfico e a baixa densidade, de modo que a súa xestión sustentable debe ser un factor para a reactivación económica e a cohesión territorial e social destes espazos. Ademais, desde a perspectiva ambiental, é coñecido como a baixa densidade de poboación ten un grande efecto sobre o territorio, de modo que o mantemento dun medio rural poboado é fundamental para a conservación dos ecosistemas e recursos relacionados, á vez que axuda a manter o medio forestal en condicións adecuadas de protección.

En especial, a xestión forestal que se estende por unha grande extensión do territorio ten unha especial capacidade para a dinamización económica, a través da consolidación de masas, a recuperación da biodiversidade, o aproveitamento, a creación de novas cadeas de recursos e de valor, orientadas a todos os sectores económicos. Debido á súa intensa presenza territorial, as actividades forestais teñen unha notable capacidade para a xeración de emprego directo e indirecto, así como para fomentar a reactivación económica do medio rural, fundamentalmente en zonas en risco de despoboamento, ao permitir a mobilización do sector primario e de toda a cadea de valor que leva asociada.

As actuacións previstas nesta orde de axuda, que se enmarcan no compoñente 4 do PRTR-Investimento 4 (I4), teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cun coeficiente de contribución aos obxectivos climáticos do 40 % e do 100 % para os ambientais, segundo o anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Para financiar esta convocatoria de axudas, a Consellería do Medio Rural dispón nos seus orzamentos dun total de 2.398.931 euros, incluídos no investimento 4 (I4) do compoñente 4 do PRTR, segundo o acordado na Conferencia Sectorial de Reto Demográfico do 1 de setembro de 2022.

En cumprimento co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no Regulamento (UE) 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a Comunicación da Comisión (2021/C 58/01) guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», así como co requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (CID) e o seu documento anexo, así como na Decisión sobre os acordos operativos (OA), todas as actuacións financiadas que se levarán a cabo en cumprimento da presente orde deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

Isto inclúe, de ser o caso , o cumprimento das condicións específicas previstas no compoñente 4 (C4), investimento 4 (I4), en que se enmarcan as ditas actuacións, tanto no referido ao principio DNSH, como á etiquetaxe climática e dixital e, especialmente, as recollidas nos puntos 3, 6 e 8 do documento do compoñente do plan, no CID e no OA.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposición xerais

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións de fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e o asociacionismo forestal, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2024 a través de tres liñas de axuda.

Para a liña I: o obxecto desta orde é establecer as bases que regulan as axudas para a organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta (en diante, AFXC) (código de procedemento MR608D).

Para a liña II: o obxecto desta orde é establecer as bases que regulan as axudas para o apoio das asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais (código de procedemento MR608E).

Para a liña III: tamén é obxecto desta orde establecer as bases das axudas para a creación e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta (código de procedemento MR608F). Esta liña estrutúrase en dúas subliñas:

• Subliña III-A: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta mediante calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil, que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal.

• Subliña III-B: axudas para o apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta xa creadas e inscritas no correspondente rexistro, co fin de dar o necesario soporte de carácter loxístico, operativo e integral que precisan.

2. Estas axudas ampáranse nas actuacións incluídas no Investimento 4 (I4) xestión forestal sustentable, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a ela, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Artigo 2. Réxime xurídico

1. As axudas reguladas nesta orde ampáranse nas actuacións incluídas no Investimento 4 (I4), xestión forestal sustentable, do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, segundo o acordado na Conferencia Sectorial de Reto Demográfico do 1 de setembro de 2022 e, polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) núm. 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España, aprobado o 16 de xuño de 2021, mediante decisión de execución do Consello de Europa.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

– Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C).

– Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se poidan establecer, na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Artigo 3. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 14.03.713B.770.0.2023.00238, por un importe de 2.398.931 euros, distribuídos do seguinte xeito:

– 1.919.145 euros no ano 2024.

– 479.786 euros no ano 2025.

2. Segundo as liñas de axudas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Para a liña I, accións de divulgación: asígnase un crédito total de 200.000 euros. Este importe distribúese como segue: 160.000 euros para o ano 2024 e 40.000 euros para o ano 2025.

– Para a liña II, apoio das asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais: asígnase un crédito total de 400.000 euros. Este importe distribúese como segue: 320.000 euros para o ano 2024 e 80.000 euros para o ano 2025.

– Para a liña III, creación e apoio das AFXC: asígnase un crédito total de 1.798.931 euros. Este importe distribúese como segue: 1.439.145 euros para o ano 2024 e 359.786 euros para o ano 2025.

3. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes que cumpran as condicións e criterios establecidos nesta orde, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para cada liña, os importes sobrantes pasarán a financiar as outras liñas segundo a seguinte prelación: primeiro liña III, segundo liña II e, por último, liña I.

4. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

5. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que a súa eficacia queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

6. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 4 (I4) xestión forestal sustentable.

Artigo 4. Intensidade e compatibilidade de axuda

1. A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable cos límites máximo por liña de axuda que se indican no artigo 7 (liña I), no artigo 30 (liña II), e no artigo 54 (liña III).

2. A concesión da axuda será incompatible coa percepción doutras subvencións para a mesma finalidade e obxecto.

3. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

CAPÍTULO II

Bases que regulan as axudas para a organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta (código de procedemento MR608D)

Artigo 5. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Poderán ser entidades beneficiarias desta liña de axudas, sempre que con anterioridade á publicación desta orde cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela, as asociacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro con base asociativa e que sexan representativas ou estean relacionadas coa propiedade forestal, así como as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común.

2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e rexistradas nos rexistros competentes; ademais, de ser o caso, estar ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros.

b) Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Ter domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente orde.

3. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Actuacións obxecto de axuda

1. Serán subvencionables a organización e realización de actividades de carácter divulgativo que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das AFXC, quedando excluídos outros usos ou labores vencellados á industria forestal-madeira.

2. As actividades de divulgación das AFXC subvencionables deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Forma: adoptar a forma de curso, pílulas formativas, xornadas, coloquios, campañas de divulgación, folletos ...

b) Edicións: realización nunha ou varias edicións, ben sexa porque se organiza nunha localidade diferente ou porque se repite noutra data.

c) Modalidade de realización: presencial (as persoas asistentes reúnense nun lugar determinado) ou sen participación directa (cando o público obxectivo non se convoca nun momento determinado, como pode ser o caso das campañas de divulgación, os folletos ...).

d) Contidos: subvencionaranse exclusivamente as actividades divulgativas que aborden as seguintes temáticas:

• Que é unha AFXC.

• O proceso de constitución dunha AFXC. Por onde empezar, trámites e custos de constitución, estatutos.

• O rexistro dunha AFXC.

• O día a día das AFXC. Administración das AFXC, participación dos propietarios, obrigas contables e fiscais, contratación de traballadores, relación con clientes e provedores, liquidación da AFXC.

• A xestión forestal sustentable dunha AFXC.

• Divulgación sobre a xestión agrupada da comercialización de produtos forestais.

e) Duración: a duración máxima de cada actuación de divulgación será de 10 horas salvo que se realice na modalidade sen participación directa.

f) Lugar de realización: as actividades de divulgación deben ser realizadas en territorios (concello/parroquia) relacionados e representativos da propiedade forestal potencial das futuras AFXC.

Artigo 7. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos imputables ás actividades divulgativas que acrediten a asistencia mínima de 10 persoas, excepto aquelas que teñan un carácter exclusivamente de difusión por medios audiovisuais ou gráficos.

2. Serán subvencionables os custos directos que se relacionan:

a) Recursos humanos:

i) Gastos de persoal en materia de dirección/coordinación e xestión/administración: o gasto subvencionable calcularase atendendo á duración efectiva da actividade de divulgación e, como máximo, suporá o 25 % do importe total subvencionable.

ii) Custos de relatores. En calquera caso, o importe máximo obxecto de axuda será de 100 €/hora de persoa formadora, excluídos os gastos por desprazamento, aloxamento e mantemento.

b) Os gastos por aloxamento e mantemento non superarán os límites seguintes:

Aloxamento

Mantemento

½ día

Día completo

Persoal propio

-

14,11 €

-

Relatores externos

48,95 euros/día

14,11 €

28,21 €

c) Os gastos de desprazamento ao lugar onde se realiza a actividade desde o centro de traballo ou residencia do persoal relator (a de menor distancia): a contía subvencionable limítase a 0,26 euros por km.

d) Gastos correspondentes á edición dos materiais didácticos, dos relatorios ou publicacións. Ademais, no caso da realización na modalidade sen participación directa, os gastos correspondentes á elaboración da documentación e material divulgativo.

e) Os gastos de alugamento de locais/aulas de formación, medios audiovisuais e demais materiais que se precisen para levar a cabo a actividade divulgativa.

f) Gastos de publicidade para a organización e difusión da actividade subvencionable.

g) Gastos correspondentes a seguros de responsabilidade civil ou accidentes, cando as especiais características da actividade así o requiran.

Os custos directos derivados das letras d), e), f) e g) conxuntamente suporán, como máximo, o 25 % do importe total subvencionable.

3. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por cada acción divulgativa e xustificaranse os criterios de imputación a esta. Tanto no orzamento como na factura deben estar indubidablemente especificados os conceptos de gasto, o tipo impositivo ou exención, e os réximes especiais, de ser o caso.

4. Non serán subvencionables:

a) Os custos indirectos, tales como auga, luz, electricidade, etc.

b) Os tributos, os impostos indirectos (IVE) nin os impostos persoais sobre a renda.

c) O desenvolvemento e o mantemento de páxinas web nin de redes sociais.

d) A adquisición de maquinaria.

e) Os gastos realizados en concepto de arrendamento financeiro (leasing), renting ou sistemas similares.

f) Os gastos correspondentes á manutención das persoas asistentes ás actividades, tales como servizos de comida e pausa-café.

g) A publicidade corporativa nin aquelas accións dirixidas a captar máis persoas afiliadas.

h) Os gastos de protocolo ou representación e gastos de agasallos.

5. En todo caso, os custos subvencionables deberán axustarse aos prezos do mercado. A Administración concedente poderá comprobar o valor real de mercado dos gastos subvencionables por algún dos medios establecidos no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O importe máximo subvencionable por entidade beneficiaria nesta liña de axudas non poderá superar os 20.000 euros (IVE excluído).

Artigo 8. Criterios de baremación

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación:

a) Poboación oficial do ano 2022 dos concellos (dato INE): o menor valor do/dos concello/s onde se realice a actividade de divulgación, segundo a seguinte gradación e ata un máximo de 25 puntos:

• 300 habitantes-2.000 habitantes: 25 puntos.

• 2001 habitantes-5.000 habitantes: 15 puntos.

• 5.001 habitantes-10.000 habitantes: 7 puntos.

• 10.001 habitantes-30.000 habitantes: 5 puntos.

• Maior de 30.000 habitantes: 3 puntos.

b) Concello en que se realiza a actividade que ten montes de masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 5 puntos por concello ata un máximo de 25 puntos.

c) Participación de, polo menos, unha muller como docente ou nun rol principal diferente ao de presentadora da actividade (queda excluído o persoal propio): 5 puntos.

d) Emprego da lingua galega nas actividades e/ou nos materiais utilizados nas actividades propostas, tales como trípticos, material didáctico, etc.: 5 puntos.

e) Edición das actuacións de divulgación que se impartan en distinta localidade ou en distinta data: 1 punto por edición ata un máximo de 5 puntos.

f) Base societaria da entidade solicitante: ata un máximo de 25 puntos. O número de persoas socias será o que conste na certificación que emita o/a secretario/a da entidade; outorgaráselle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de persoas socias e ao resto a que lle corresponda en proporción.

g) Ámbito da entidade (autonómico/local); autonómico: 6 puntos e provincial ou local: 3 puntos.

h) Número de persoas con formación superior contratada pola persoa beneficiaria: 1 punto por persoa ata un máximo de 4.

A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas nas letras anteriores.

2. As solicitudes que cumpran coas condicións administrativas e técnicas establecidas na orde ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade indicados, e aprobaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignado á liña de axuda.

3. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

a) Maior puntuación obtida no punto 1.a).

b) Maior puntuación obtida no punto 1.b).

c) Emprego da lingua galega nas actividades e/ou nos materiais.

d) Participación, polo menos, dunha muller como docente ou nun rol principal.

e) Solicitude de maior importe.

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-solicitude), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade solicitante deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 (documentación complementaria) desta orde xunto cos anexos que sexan necesarios.

3. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas á entidade solicitante para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

e) De que está legalmente constituída e rexistrada nos rexistros competentes e, de ser de aplicación, está ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros.

f) De que ten domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente orde.

g) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións previstas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

h) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.

i) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.

4. A entidade beneficiaria deberá especificar na solicitude (anexo I) como vai executar as actividades subvencionables e deberá indicar se a execución das actuacións divulgativas é con medios propios da entidade ou concerta con terceiros a execución total (externalización na súa totalidade) ou parcial (medios propios da entidade beneficiaria e subcontratación de actuacións).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

b) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.

c) Actividades que se van desenvolver e orzamentos detallados cos gastos conforme o anexo II (memoria de actividades).

d) Cando os gastos sexan externalizados e non sexan asumidos con medios propios, os orzamentos ou facturas pro forma, asinados dixitalmente, individualizados para cada gasto e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 15.000 euros, IVE excluído, a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de actuación).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

e) Baremo das solicitudes segundo os criterios de priorización establecidos no artigo 8.1 e documentación acreditativa dos puntos incluídos, salvo para o criterio 1.a) e b), que serán comprobados polo órgano instrutor. A información achegarase nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o solicitante será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase, ademais que, de non o facer, se considera que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

h) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

j) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.

k) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que na consulta de datos polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, as certificacións que debe entregar a entidade solicitante, logo de requirimento de emenda, deben ter data de expedición posterior á data de consulta.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 14. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos provinciais de montes).

2. O órgano instrutor examinará as solicitudes presentadas e requirirá as persoas solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, o órgano instrutor proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento, e remitirá esa información á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

4. Posteriormente, a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, finalmente, resolverá a persoa titular da Dirección Xeral Responsable da Planificación e Ordenación Forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro desta orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Publicación dos actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 17. Execución das actividades

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta liña remata o 31 de xullo de 2025.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

O órgano instrutor proporá as ditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

3. A realización das actividades será responsabilidade exclusiva das entidades beneficiarias; non obstante, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal debe estar informada puntualmente e con suficiente antelación das circunstancias concretas da execución e reserva para si o dereito de solicitar a información complementaria que considere oportuna, así como a comprobación de calquera aspecto relacionado con elas.

4. Con carácter previo á realización das actividades de divulgación para as que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, cunha antelación mínima de cinco días hábiles, os datos de identificación: edición, lugar de impartición, datas e horario. O persoal da Consellería do Medio Rural poderá presentarse nas actividades comunicadas para velar polo cumprimento das obrigas establecidas na presente orde, especialmente de asistencia e publicidade.

5. A Consellería do Medio Rural poderá facer uso de todo o material e documentación obxecto de financiamento por esta convocatoria coa finalidade de formación, divulgación, fomento e promoción. Do mesmo xeito, a Administración forestal poderá publicar e publicitar a programación e convocatoria das actividades.

6. No relativo ao material gráfico (imaxes e fotografías) e das listaxes de asistentes descritos no artigo 18.2.e) será responsabilidade das entidades beneficiarias o cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais, e da información ás persoas interesadas da cesión de datos e material gráfico á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Como excepción a este punto, as fotografías sinaladas no artigo 18.2.f) que teñen como fin a verificación da realización das actividades e do cumprimento dos mínimos exixidos, non serán empregadas pola Administración forestal, salvo petición expresa ás entidades beneficiarias.

7. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 18, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a entidade beneficiaria é requirida para presentar documentación adicional e non achega esa documentación no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 18. Xustificación das actividades subvencionadas

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas será o 31 de xullo de 2025, e só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados entre unha data posterior á resolución de concesión da axuda e a data límite de xustificación.

2. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo III), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Memoria técnico-económica xustificativa da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria, segundo a memoria técnico-económica xustificativa das actividades (anexo IV).

b) Facturas que cumpran os seguintes requisitos:

1. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención.

c) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria, en que consten a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

d) Documentación xustificativa dos gastos de persoal propio da entidade beneficiaria, que consistirá en:

1. Copia das nóminas do persoal que realicen tarefas dos gastos subvencionables e xustificante bancario do seu pagamento.

2. Recibo de liquidación da cotización (RLC) e xustificante bancario do seu pagamento.

e) Relación de persoas asistentes por edición (anexo V) coa finalidade de acreditar a asistencia mínima a que se refire o artigo 7.1. A indicada relación de persoas asistentes conterá: nome, apelidos, o número do documento de identificación persoal, idade e número de teléfono.

f) Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 27 desta orde.

g) Documentos, xerados durante a execución das actividades, en formato dixital (como, por exemplo, documentos de difusión, materiais entregados, material docente, material audiovisual, reportaxes fotográficas, etc.) nos cales se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento con fondos NextGenerationEU citado no artigo 27 destas bases.

h) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.

Para iso, debe presentar o anexo VI (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).

3. Na solicitude de pagamento (anexo III) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de selección.

4. Deberá existir unha clara coherencia entre os gastos xustificados e os obxectivos de cada acción subvencionable.

5. En todo caso, a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da axuda concedida deben cumprir co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación complementaria, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización das actividades obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que a entidade beneficiaria concerte con terceiros a execución total das actividades obxecto de subvención e se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 18.2.i).

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen prexuízo do disposto no artigo 22.2.

5. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

6. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e teñan pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 20. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas a persoa solicitante precisa introducir modificacións nas actividades de divulgación, poderá solicitar unha modificación da resolución de aprobación ante a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xustificando as razóns do cambio e xuntando a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións das actividades previstas na solicitude orixinal.

O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata dous (2) meses antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación a terceiros, e que non supoña a modificación da puntuación conseguida pola aplicación dos criterios de selección.

2. A autorización da modificación será expresa e mediante resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, por delegación do conselleiro do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada do órgano instrutor.

3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Contratación

1. A entidade beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total ou parcial das actividades que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación de servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido no artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

En ningún caso poderá concertar a entidade beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita entidade, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación complementaria da solicitude da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

4. No caso de subcontratar parte ou toda a actividade obxecto desta subvención, a entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a entidade subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 22. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso referente á contía ou conceptos subvencionados, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada, entenderase que o devandito incumprimento é total e non terá dereito ao cobramento, salvo que se aprobasen todas as solicitudes desta liña que cumpren cos requisitos da orde.

3. Se se descobre que unha beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 23. Controis e loita contra a fraude

1. As entidades beneficiarias desta subvención someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_filefolderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), que será de aplicación a esta orde e, polo tanto, ás persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 24. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 26. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias da axuda están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A entidade beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión, o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

4. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

5. Así mesmo, son obrigas das entidades beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 27. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade previstas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

En particular, nas actuacións de información e comunicación das actividades subvencionadas, o material didáctico e divulgativo (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións na prensa, certificados, etc.), deberán incluírse os seguintes logotipos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en:

https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download

b) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

d) Tamén se empregarán o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Conselleria do Medio Rural.

3. No lugar de impartición da actividade divulgativa, a entidade beneficiaria informará da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible, que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento adecuado que diga «financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón
https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

Ademais, a entidade beneficia exhibirá, nun lugar ben visible da sede, un panel do tamaño e coa información indicada no parágrafo anterior durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 26.3 da orde.

4. Cando a entidade beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

5. As presentes medidas de difusión e publicidade do financiamento público deberán manterse e incluírse en calquera adaptación dos documentos ou materiais desenvolvidos que se realice a posteriori da xustificación.

6. Con todas estas medidas de difusión e publicidade das actuacións subvencionadas dáse cumprimento ao disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 28. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO III

Bases que regulan as axudas de apoio a asociacións sen ánimo de lucro
que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais
(procedemento MR608E)

Artigo 29. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Poderán ser entidades beneficiarias desta liña de axudas as asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais sempre que, con anterioridade á publicación desta orde, cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela.

2. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, a entidade solicitante deberá declarar na solicitude que non se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 30. Actuacións obxecto de axuda

1. As actuacións obxecto das axudas e os importes máximos subvencionables son os descritos no anexo XIII. As actuacións subvencionables son as seguintes:

a) Contratación de persoal técnico para facer traballos vinculados coa comercialización conxunta de produtos forestais.

b) Dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización: creación e mantemento de cargadoiros de madeira e básculas.

c) Equipamento técnico e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de comercialización: ferramentas dixitais para a prestación do servizo.

2. Serán subvencionables os custos derivados das actuacións relacionadas no punto primeiro realizadas entre unha data posterior á resolución de concesión e o 31 de xullo de 2025, agás para as actuacións que están supeditadas a inspección previa, en que serán subvencionables os custos efectuados desde esa data ata o 31 de xullo de 2025.

3. O IVE non é subvencionable.

4. O importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria nesta liña non poderá superar os 50.000 euros.

5. As limitacións e condicións técnicas xerais de cada actuación obxecto das axudas son as descritas no anexo XIII.

Artigo 31. Compromisos

1. A entidade beneficiaria comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas actuacións relacionadas neste capítulo.

2. No caso de cesións de pagamento, a persoa titular da conta bancaria debe coincidir coa cesionaria e comprometerse a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

3. En aplicación dos artigos 2.2.b) e 4 da Orde HFP/1030/2021, as persoas beneficiarias deben cumprir, no que afecte as actuacións establecidas nesta orde, co compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto, para cada compoñente, no PRTR, con base no Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

4. As entidades beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «Non causar prexuízo significativo» (DNSH) definido no artigo 2.6 do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

Artigo 32. Criterios de baremación

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación:

a) Asociacións de produtores de madeira (Proma): un máximo de 50 puntos. A prelación entre estas asociacións será en función da súa base societaria, segundo o número de persoas socias que figuran na certificación que emita o/a seu/súa secretario/a. Outorgaráselle a maior puntuación á asociación de produtores de madeira con maior base societaria e ao resto a que lle corresponda en proporción.

b) Outras asociacións sen animo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais: un máximo de 25 puntos. A prelación entre estas asociacións será en función da súa base societaria, segundo o número de persoas socias que figuran na certificación que emita o/a seu/súa secretario/a. Outorgaráselle a maior puntuación á asociación con maior base societaria e ao resto a que lle corresponda en proporción.

c) A empresa ou persoa individual executora da/das actuación/s obxecto de subvención están inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor): 25 puntos.

2. As solicitudes presentadas que cumpran coas condicións administrativas e técnicas establecidas na orde ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade indicados, e aprobaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignado á liña de axuda.

3. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

a) Maior base societaria.

b) Maior importe de subvención.

Artigo 33. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo VII) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo VII (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 34 desta orde, xunto cos anexos que fosen necesarios.

3. No formulario de solicitude (anexo VII) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

e) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións previstas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

g) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.

h) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 34. Documentación complementaria

1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo VII) a seguinte documentación:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.

a.3) Unha memoria descritiva-económica das actuacións subvencionables polas que pide axuda, que conterá, como mínimo:

a) Descrición da situación de partida.

b) Obxectivos que se pretende acadar.

c) Actuacións solicitadas ao abeiro do disposto no artigo 30 e no anexo XIII (actuacións e importes máximos dos investimentos) xustificadas consonte os obxectivos declarados no punto anterior.

d) Valoración económica das actuacións solicitadas calculada segundo os importes (sen IVE) ou coas fórmulas que se relacionan no anexo XIII (actuacións e importes máximos dos investimentos).

e) No caso de solicitar axuda para a actuación de dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización: básculas e/ou creación e mantemento de cargadoiros de madeira, debe achegar unha memoria e plano de localización xeorreferenciado da intervención.

f) Resultados e melloras previstas tras a execución das actuacións.

a.4) Os orzamentos ou facturas pro forma do importe do gasto subvencionable asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior aos importes de contrato menor, segundo o establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, IVE excluído, a entidade solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se vaian realizar (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Documentación acreditativa dos criterios de priorización segundo o establecido no artigo 32.1, que se achegará nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 35. Prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será 30 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o solicitante será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase, ademais, que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 36. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

h) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

j) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.

k) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que na consulta de datos polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, as certificacións que debe entregar a entidade solicitante, logo de requirimento de emenda, deben ter data de expedición posterior á data de consulta.

Artigo 37. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 38. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos de montes provinciais).

2. O órgano instrutor examinará as solicitudes presentadas e requirirá os solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fan, se considerará que desisten da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso da actuación de dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización: básculas e/ou creación e mantemento de cargadoiros de madeira, antes da proposta de aprobación persoal da Consellería do Medio Rural realizará unha inspección previa para verificar a súa viabilidade e, de ser necesario, poderá realizar a correspondente visita ao campo.

4. Unha vez tramitadas as solicitudes, o órgano instrutor proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraas á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

5. Posteriormente, a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, finalmente, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

6. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

8. As resolucións ditadas ao abeiro desta orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 39. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 40. Publicación dos actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 41. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta liña remata o 31 de xullo de 2025.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

O órgano instrutor proporá as ditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

3. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 42, requirirase a beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 42. Xustificación das actividades subvencionadas

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actuacións subvencionadas será o 31 de xullo de 2025, e só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados entre unha data posterior á resolución de concesión da axuda e a data límite de xustificación, salvo que a actuación estea supeditada á inspección previa.

2. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo VIII), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo XIV (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.

As facturas achegadas deben cumprir os seguintes requisitos:

1. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

Nos xustificante bancario de pagamento pola entidade beneficiaria deben constar a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo XIII (actuacións e importes máximos) e no artigo 30.

c) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.

Para iso, debe presentar o anexo IX (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto ca documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).

3. Na solicitude de pagamento (anexo VIII) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de selección.

4. En todo caso, a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da axuda concedida debe cumprir co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 43. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa das actuacións subvencionadas, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actuación obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que a entidade beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecida no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 42.2.d).

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen prexuízo do disposto no artigo 46.2.

5. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

6. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

7. No caso de ser beneficiario/a da actuación de dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización: básculas e/ou creación e mantemento de cargadoiros de madeira, antes do pagamento persoal da Consellería do Medio Rural poderá realizar unha inspección para verificar o investimento e o cumprimento das obrigas de publicidade.

Artigo 44. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas a persoa solicitante precisa introducir modificacións nas actuacións, poderá solicitar unha modificación da resolución de aprobación ante a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xustificando as razóns do cambio e achegando a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións das actividades previstas na solicitude orixinal.

O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata dous (2) meses antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación a terceiros, e que non supoña a modificación da puntuación conseguida pola aplicación dos criterios de selección.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A autorización da modificación será expresa e mediante resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, por delegación do conselleiro do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada do órgano instrutor.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 45. Contratación

1. A entidade beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total ou parcial das actuacións que constitúen o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación de servizos ou obras será realizada polas entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido no artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación complementaria da solicitude da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

4. Nas contratacións a entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a entidade subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 46. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso referente á contía ou conceptos subvencionados, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada, entenderase que o devandito incumprimento é total e non terá dereito ao cobramento salvo que se aprobasen todas as solicitudes que cumpren cos requisitos e criterios da orde.

3. Se se descobre que un/unha beneficiario/a efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 47. Controis e loita contra a fraude

1. As entidades beneficiarias desta subvención someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_filefolderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), que será de aplicación a esta orde e, polo tanto, ás persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 48. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 49. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 50. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias da axuda están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A entidade beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

4. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

5. Así mesmo, son obrigas das entidades beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 51. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade previstas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

En particular, a documentación xustificativa e memorias deberá incluír os seguintes logos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en:

https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download

b) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

d) Tamén se empregarán o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Conselleria do Medio Rural.

3. Nos produtos resultantes das actuacións subvencionables (báscula e cargadeiro de madeira) deberán colocarse, nun lugar ben visible, un cartel que faga referencia á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR.

4. A entidade beneficiaria informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 50.3 da orde, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible da súa sede, que faga referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón
https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

5. Cando a entidade beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 52. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO IV

Bases que regulan as axudas para crear e apoiar agrupación forestais
de xestión conxunta (procedemento MR608F)

Artigo 53. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Serán entidades beneficiarias da subliña III-A (axudas para creación de AFXC):

a) Asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o auxilio, apoio e asesoramento ás persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos na planificación da xestión forestal e na xestión e comercialización conxunta dos seus aproveitamentos, sempre que estean compostas por persoas titulares dos indicados dereitos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sociedades civís e comunidades de bens.

c) Cooperativas e outras entidades de economía social.

d) Sociedades agrarias de transformación.

e) Sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital.

f) Sociedades de fomento forestal.

g) Calquera outra entidade que teña por obxecto a recuperación, de forma conxunta, de terras forestais.

que desexen inscribirse como unha AFXC sempre que, unha vez completados os traballos para os cales se solicita a subvención, cedesen ao seu favor a xestión dun mínimo de 10 ha de terreos forestais situadas dentro dun determinado perímetro de xestión conxunta que pertenzan a un número mínimo de 3 propietarios diferentes.

2. Serán entidades beneficiarias da subliña III-B todas aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, con anterioridade ao remate do prazo de solicitude desta axuda.

3. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ademais, tamén deben cumprir os requisitos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as disposicións contidas na presente orde.

4. Conforme o artigo 20 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) poderán pertencer ás agrupacións forestais de xestión conxunta, preferentemente a aquelas agrupacións que dispoñan, dentro da súa superficie de actuación de xestión conxunta, de parcelas lindeiras co límite do monte veciñal. Coa finalidade de procurar unha explotación máis eficiente e sustentable do monte, as comunidades de montes veciñais en man común terán plena capacidade xurídica para a realización de actos ou negocios xurídicos para pertencer ás agrupacións de xestión conxunta.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, con anterioridade ao remate do prazo de solicitude da axuda.

5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, a entidade solicitante deberá declarar na solicitude que non se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 54. Actuacións obxecto de axuda

1. As actuacións obxecto das axudas e os importes máximos subvencionables son os descritos no anexo XV para cada unha das subliñas. As actuacións subvencionables son as seguintes:

a) Para a subliña III-A (axudas para creación de AFXC) as actuacións subvencionables son:

1.

a) Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución da AFXC.

b) Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

c) Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

d) Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta.

2. Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3. Revisión do parcelario e estado das parcelas.

4. Investigación da titularidade.

5. Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6. Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

b) Para a subliña III-B (axudas para o apoio das AFXC creadas e inscritas) as actuacións subvencionables son:

1. Revisión do parcelario e estado das parcelas que supoñen unha ampliación da AFXC.

2. Investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación da AFXC.

3. Boa gobernanza das Sofor.

4. Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

5. Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6. Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

2. As actuacións indicadas nas subliñas III-A e II-B non son compatibles, xa que as primeiras se dirixen á constitución ou creación de AFXC mentres que as segundas procuran a consolidación e o pulo necesario daquelas agrupacións xa constituídas.

3. Serán subvencionables os custos derivados das actuacións relacionadas no punto primeiro realizadas entre unha data posterior á resolución de concesión e o 31 de xullo de 2025.

4. O IVE non é subvencionable.

5. O importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria nesta liña non poderá superar os 50.000 euros.

Artigo 55. Requirimentos mínimos para solicitar axudas e superficies de aplicación

1. Os requirimentos mínimos para a creación dunha agrupación forestal de xestión conxunta (subliña III-A) son os regulados no artigo 122.ter da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. Só poderán ser beneficiarias da subliña III-B aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta que se atopen inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, antes do remate do prazo de solicitude da axuda.

3. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais (en diante, terreo), segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, agás:

a) Superficies en concentración parcelaria en execución; soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas naquelas superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo responsable das infraestruturas agrarias da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural correspondente emita un certificado en que indique o nome da persoa propietaria e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

b) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

c) As superficies forestais con convenio ou consorcio coa Administración forestal en vigor, agás que estea asinado con propietarios privados particulares.

4. Tal como establece o artigo 122.ter da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os terreos incluídos dentro do ámbito dunha determinada agrupación forestal de xestión conxunta non poderán formar parte doutra agrupación.

Artigo 56. Condicións técnicas xerais

1. As limitacións e condicións técnicas xerais de cada actuación obxecto das axudas son as descritas no anexo XVI (limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables para a subliña III-A (creación AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC) para cada unha das subliñas e medidas.

2. Aquelas solicitudes ao abeiro da subliña III-A só serán obxecto de percepción da axuda se finalmente a agrupación é inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 57. Compromisos

1. As entidades beneficiarias da axuda comprométense a manter a actividade da agrupación forestal de xestión conxunta, cando menos, ao longo de 10 anos desde a data de pagamento da axuda, cumprindo cos requirimentos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, mediante declaración responsable.

2. A entidade beneficiaria comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas neste capítulo.

3. No caso de cesións de pagamento, a persoa titular da conta bancaria debe coincidir coa cesionaria e comprometerse a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

4. En aplicación dos artigos 2.2.b) e 4 da Orde HFP/1030/2021, as persoas beneficiarias deben cumprir, no que afecte as actuacións establecidas nesta orde, co compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto, para cada compoñente, no PRTR, con base no Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

5. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «Non causar prexuízo significativo» (DNSH) definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

Artigo 58. Criterios de baremación

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación:

i. Número de persoas socias da AFXC, ata un máximo de 50 puntos. Para a subliña III-B (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no rexistro de AFXC. Para a subliña III-A (entidades sen constituír) o número de persoas socias que figuren na acta de constitución da entidade xurídica.

Outorgaráselle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de socios e ao resto a que corresponda en proporción.

ii. Superficie da AFXC, ata un máximo de 30 puntos. Para a subliña III-B (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no rexistro de AFXC, outorgaráselle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de superficie e ao resto a que lle corresponda en proporción. As entidades non inscritas no rexistro de AFXC recibirán 0 puntos neste criterio.

iii. A empresa ou persoa individual executora da/das actuación/s obxecto de subvención está inscrita no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor): 20 puntos.

2. As solicitudes presentadas ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignada á liña de axudas.

3. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

i. Se a superficie da AFXC está en zonas con limitacións naturais ou limitacións específicas de acordo co artigo 32.1.a) do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo a axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello.

ii. Se a superficie da AFXC contén zonas de Rede Natura 2000.

iii. Se a AFXC ten superficie en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

iv. Maior superficie de actuación.

v. Maior importe de subvención.

Artigo 59. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo X) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo X (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 60 desta orde, xunto cos anexos que sexan necesarios.

3. No formulario de solicitude (anexo X) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a entidade cumpre os requisitos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as disposicións contidas na presente orde.

e) De que se compromete a manter a actividade da agrupación forestal de xestión conxunta, cando menos, ao longo de 10 anos desde a data de pagamento da axuda, cumprindo cos requirimentos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, mediante declaración responsable.

f) Que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

g) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións previstas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

h) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04), para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.

i) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04), para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 60. Documentación complementaria

1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo X) a seguinte documentación:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude

a.2) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante

a.3) Unha memoria descritiva-económica das actuacións subvencionables polas que pide axuda segundo a subliña III-A ou subliña III-B, que conterá, como mínimo:

a) Descrición da situación de partida.

b) Obxectivos que se pretende acadar.

c) Actuacións solicitadas ao abeiro do disposto no artigo 54 e no anexo XV (actuacións e importes máximos dos investimentos) xustificadas consonte os obxectivos declarados no punto anterior.

d) Valoración económica das actuacións solicitadas calculada segundo os importes (sen IVE) ou coas fórmulas que se relacionan no anexo XV (actuacións e importes máximos dos investimentos).

e) Resultados e melloras previstas tras a execución das actuacións.

a.4) Os orzamentos ou facturas pro forma do importe do gasto subvencionable asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 15.000 euros, IVE excluído, a entidade solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Documentación acreditativa dos criterios de priorización segundo o establecido no artigo 58.1, salvo para o criterio i) e ii) das AFXC inscritas (subliña III-B), que comprobará o órgano instrutor. A información achegarase nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 61. Prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será 45 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o solicitante será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 62. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria está ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria está ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

h) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria está ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

j) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.

k) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.

l) Inscrición no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que na consulta de datos polo órgano xestor non se obtivese resultado favorable, as certificacións que debe entregar a entidade solicitante, logo de requirimento de emenda, deben ter data de expedición posterior á data de consulta.

Artigo 63. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 64. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos de montes provinciais).

2. O órgano instrutor examinará as solicitudes presentadas e requirirá os solicitantes para que, no prazo máximo de 10 días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fan, se considerará que desisten da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, o órgano instrutor proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraas á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

4. Posteriormente, a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, finalmente, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 65. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 66. Publicación dos actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 67. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta liña remata o 31 de xullo de 2025.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

O órgano instrutor proporá as ditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

3. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 68, requirirase a beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a entidade beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 68. Xustificación das actividades subvencionadas

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actuacións subvencionadas será o 31 de xullo de 2025, e so serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados entre unha data posterior á resolución de concesión da axuda e a data límite de xustificación.

2. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo XI), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:

1. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

b) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria en que consten a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos, de ser o caso, coma na resolución de aprobación, de acordo cos puntos que figuran no anexo XV (actuacións e importes máximos dos investimentos) e no artigo 54.

d) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo XV (actuacións e importes máximos) e no artigo 54.

e) Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo XVII (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.

f) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.

Para iso, debe presentar o anexo XII (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).

3. Na solicitude de pagamento (anexo XI) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de selección.

4. En todo caso a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da axuda concedida debe cumprir co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 69. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa das actividades subvencionadas, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 68.2.f).

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen prexuízo do disposto no artigo 72.2.

5. Os pagamentos das actuación da subliña III-A realizaranse cando a agrupación sexa inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Ademais, o pagamento da solicitude que inclúa a actuación de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas realizarase cando sexa efectiva a inscrición no citado rexistro.

6. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

7. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 70. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisa introducir modificacións no proxecto, poderá solicitarse unha modificación da resolución de aprobación ante a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xustificando as razóns do cambio e achegando a oportuna actualización do expediente que recolle as variacións das actividades previstas no proxecto orixinal.

O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata dous (2) meses antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación a terceiros e que non supoña a modificación da puntuación conseguida pola aplicación dos criterios de selección.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A autorización da modificación será expresa e por resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, por delegación do conselleiro do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada do órgano instrutor.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, seguindo o principio de proporcionalidade o que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 71. Contratación

1. A persoa beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total ou parcial das actuacións que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa ou entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación de servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido no artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación complementaria da solicitude da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

4. Nas contratacións a entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a entidade subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 72. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso referente á contía ou conceptos subvencionados, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada, entenderase que o devandito incumprimento é total e non terá dereito ao cobramento salvo que se aprobasen todas as solicitudes desta liña que cumpren cos requisitos da orde.

3. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 73. Controis e loita contra a fraude

1. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_filefolderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), que será de aplicación a esta orde e, polo tanto, ás persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 74. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 75. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 76. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias da axuda están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A entidade beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

4. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

5. Así mesmo, son obrigas das entidades beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 77. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade contempladas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

En particular, nos estudos, informes proxecto ou outro tipo de documento resultante da realización das actuacións subvencionadas deberán incluírse os seguintes logotipos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web:
http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en:

b) https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download

c) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

d) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

e) Tamén se empregarán o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Conselleria do Medio Rural.

3. A entidade beneficiaria informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 76.3 da orde, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible da súa sede, que faga referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón
https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

4. Cando a entidade beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 78. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira

1. As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352/1, do 24 de decembro de 2013), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 200.000 euros de axudas sometidas ao dito réxime, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias da presente orde que realicen actividades económicas presentarán unha declaración sobre outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio en curso, declaración que se inclúe nos anexos de solicitude de axuda e pagamento das distintas liñas de axudas.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

Disposición adicional segunda

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19; no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR; na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR; na Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Disposición adicional terceira

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional cuarta

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional quinta. Conflito de intereses

1. O presente procedemento de subvención está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión de subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión de subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

3. Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión de subvención.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación e o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIII

Actuacións e importes máximos dos investimentos subvencionables
para a liña II, axudas de apoio a asociacións sen ánimo de lucro que teñan
como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais
(procedemento MR608E)

Actuacións subvencionables, cos seus importes máximos sen IVE (en euros) e as condicións técnicas mínimas das actuacións.

Nº clave traballo

Actuación

Importe máximo sen IVE (euros) e condicións técnicas mínimas das actuacións

LII-1

Contratación de persoal técnico para facer traballos vinculados coa comercialización conxunta de produtos forestais.

Importe contratación persoal técnico= tn madeira ×1 €/tn.

O importe da axuda será o resultado de multiplicar o peso total en tn de madeira comercializada pola asociación pola ratio de 1 €/tn.

O dato de tonelada de madeira será o da memoria-declaración onde se reflicta o volume de madeira comercializada pola asociación, salvo que os datos que achegue non coincidan cos datos que constan na Administración.

O importe máximo por persoa beneficiaria: 35.000 €.

LII-2

Dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización. Básculas.

Compra ou alugamento de básculas e o seu mantemento –calibración e outros–:

– Compra: 18.000 €/báscula.

– Alugamento: 7.600 €/báscula.

– Mantemento: 1.600 €/báscula.

Para ser persoa beneficiaria desta actuación a entidade deberá comercializar un mínimo de 10.000 toneladas de madeira anuais.

Con anterioridade á realización da actuación a persoa beneficiaria deberá contar con todas as autorizacións
e/ou permisos regulados na lexislación sectorial distinta da forestal.

LII-3

Dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización. Creación e mantemento de cargadoiro de madeira.

Creación e mantemento de cargadoiro de madeira.

– Alugamento do terreo: 0,5 €/m2 ano.

– Acondicionamento e acabamento do cargadoiro: 5 €/m2.

Importe máximo por persoa beneficiaria: 15.000 €.

Terá unha superficie mínima de 500 m2.

Con anterioridade á realización da actuación a persoa beneficiaria deberá contar con todas as autorizacións
e/ou permisos regulados na lexislación sectorial distinta da forestal.

LII-4

Equipamento técnico e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de comercialización. Ferramentas dixitais para a prestación de servizos.

5.000 €.

O importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria nesta liña non poderá superar os 50.000 €.

ANEXO XIV

Documentación acreditativa das actuacións subvencionables para a liña II,
axudas de apoio a asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto
a comercialización conxunta de produtos forestais
(código de procedemento MR608E)

Documentación acreditativa do cumprimento das actuacións subvencionables, que se deberá entregar como documentación complementaria xunto coa solicitude de pagamento.

Nº clave traballo

Actuación

Documentación acreditativa do cumprimento da actuación
que debe achegar a persoa beneficiaria

LII-1

Contratación de persoal por parte das asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización de produtos forestais.

Copia das nóminas do persoal que realice tarefas dos gastos subvencionables e xustificante bancario do seu pagamento.

Recibo de liquidación da cotización (RLC) e xustificante bancario do seu pagamento.

Unha memoria-declaración onde se reflicta o volume de madeira comercializada pola asociación mediante unha relación dos permisos de corta tramitados (autorizacións e declaracións responsables) indicando o volume e as pesaxes asignadas a cada permiso. En caso de que os datos que achegue a persoa beneficiaria non coincidan coa información en poder da Administración ou a mellor información técnica dispoñible, a Administración poderá recalcular os resultados da memoria-declaración da persoa beneficiaria.

LII-2

Dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización. Básculas.

Deberase xustificar a actuación mediante:

– No caso de compra: factura da instalación da báscula e xustificación do pagamento.

– No caso de alugamento: contrato de alugamento e recibos de pagamento da contía do alugamento.

– No caso de mantemento: contrato de mantemento e recibos de pagamento da contía do mantemento.

Adicionalmente, achegarase unha memoria de actuacións con documentación gráfica, técnica e plano de localización xeorreferenciado da báscula instalada.

Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 51 desta orde.

LII-3

Dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización. Creación e mantemento de cargadoiro de madeira.

Deberase xustificar a actuación mediante:

– Factura do acondicionamento e acabamento e xustificante de pagamento.

– Contrato de alugamento do terreo e xustificante de pagamento.

Adicionalmente, achegarase unha memoria de actuacións con documentación gráfica, técnica e plano de localización xeorreferenciado dos cargadoiros.

Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 51 desta orde.

LII-4

Equipamento técnico e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de comercialización. Ferramentas dixitais para a prestación de servizos.

Declaración responsable da entidade solicitante en que indique que non posúe a ferramenta dixital que se adquiriu.

Memoria final onde se describa a ferramenta dixital e as súas características, facturas do provedor e xustificante de pagamento.

Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 51 desta orde.

ANEXO XV

Importes máximo dos investimentos subvencionables para as subliñas III-A (creación AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC) (código de procedemento MR608F)

Actuacións subvencionables cos seus importes máximos sen IVE (en euros).

Nº clave traballo

Actuación

Importe máximo sen IVE (euros)

Subliña

LIII-1

– Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC.

– Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

– Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

– Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta.

C = 286,41 × S

S = Superficie total (ha)

Mín. = 2.864,10 €

Subliña III-A

LIII-2

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3.000 €

Subliña III-A

LIII-3

Revisión do parcelario e estado das parcelas para novas AFXC/ampliación das AFXC inscritas.

M = 0,03 × (98 + S/12 + P1/12 + 2,5 P2)

S = Superficie total (ha)

P1 = Número de parcelas

P2 = Número de propietarios

Subliña III-A/ Subliña III-B

LIII-4

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas.

C = 381,88 × S

S = Superficie total (ha)

Mínimo 3.818,80

Subliña III-A/ Subliña III-B

LIII-5

Boa gobernanza das Sofor.

1.000 €

Subliña III-B

LIII-6

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

Primeira certificación (PEFC e FSC): 50 €/ha
Certificación de mantemento (PEFC e FSC): 3 €/ha ano
Certificación de servizos ecosistémicos: 1.000 €

Subliña III-B

LIII-7

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC.

30 €/RC

Subliña III-A/ Subliña III-B

LIII-8

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

1.500 €

Subliña III-A/ Subliña III-B

O importe de axuda que poderá percibir unha persoa beneficiaria nesta liña non poderá superar os 50.000 €.

ANEXO XVI

Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables para a subliña III-A (creación AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC)
(código de procedemento MR608F)

Nº clave traballo

Actuación

Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións

LIII-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC.

Listaxe para identificar a superficie da iniciativa de actuación de xestión ou comercialización conxunta, mediante o conxunto das referencias catastrais, desagregando aquelas das persoas socias daquelas que non o son, pero das cales se dispón a delegación do seu uso co seu prazo de cesión, e para cada unha delas, coa relación da persoa ou persoas titulares (NIF ou CIF e nome) xuntamente coa súa porcentaxe e dereito sobre a parcela catastral (PR: propiedade, NP: núa propiedade, US: usufruto, CA: concesión administrativa, DS: dereito de superficie ou DF: desfrutador).

Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

Listaxe onde, para cada persoa socia, de ser o caso, se indique o tipo de participación (de superficie, de capital, mixta), clase de participación (forestal, xeral), número de participacións e prazo de delegación ou cesión en anos.

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

Documentación que acredite a disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal incluídas no ámbito da iniciativa de xestión ou comercialización conxunta.

Poderase acreditar a disposición dos dereitos de uso dunha porcentaxe superior ao 70 % da superficie das terras incluídas no ámbito da iniciativa.

Respecto da xustificación dos dereitos de uso, para os efectos recollidos na Lei 7/2012, de montes de Galicia, e salvo proba en contrario, a Administración considerará a persoa que con tal carácter conste en rexistros públicos que produzan presunción que só poida ser destruída xudicialmente ou, na súa falta, a quen apareza con tal carácter en rexistros fiscais, ou finalmente a quen o sexa pública e notoriamente, aínda que careza do oportuno título escrito (artigo 122.quater.d in fine).

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta.

Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N. Non será de aplicación no caso das agrupacións enunciadas na alínea a), epígrafe 4 do artigo 122 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, entendendo neste caso que a relación de referencias catastrais é suficiente. Incluirase tamén a representación gráfica das referencias catastrais das que a AFXC dispoña de dereitos de uso.

LIII-2

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

Inscrición no rexistro apropiado segundo a natureza da entidade solicitante (asociativa, civil, mercantil, ...), obtención de número de identificación fiscal (NIF), obtención de certificado electrónico, redacción de acta de constitución da entidade, ...

LIII-3

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/ Revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas.

O obxecto dos traballos que se van realizar será a execución da análise previa da cartografía da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, que consistirá na realización de:

1. Estudos previos: análise e comparativa da cartografía catastral coas bases cartográficas existentes, co Sixpac, coas ortofotografías e delimitación do perímetro exterior e das construcións e dos elementos físicos do territorio (vías, infraestruturas e hidrografía).
Elaborarase un plano parcelario para a súa exposición pública e envío de notificacións aos titulares da exposición pública do parcelario (á conta da empresa adxudicataria).

2. Execución das operacións de definición do parcelario: comparativa en campo co parcelario catastral e revisión xeométrica e topográfica de predios non coincidentes coa cartografía catastral.
Levantamento e comprobación da xeometría das parcelas afectadas por recursos/alegacións á exposición do parcelario.
Para tal efecto, efectuarase un levantamento topográfico dun número de parcelas catastrais dun mínimo do 30 % do total de parcelas do ámbito do proxecto.

3. Elaboración de ficha individual de cada parcela ou área homoxénea que a compón, en que se recolla: superficie, fotografía, xeolocalización, principais características físicas e técnicas, valoración do terreo e valoración do voo.

LIII-4

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución da % de descoñecidos e ilocalizados).

Realizarase a investigación da titularidade para determinar as persoas propietarias das parcelas da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, así como os dereitos reais ou situacións xurídicas.

Achegarase unha lista en que se indicará, para a totalidade das parcelas do ámbito da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta, o titular segundo as diferentes fontes: Catastro, Rexistro da Propiedade, declaración responsable, etc. Deberase ter en conta o punto 122.quater.d) in fine da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

Se, como resultado da investigación da titularidade, hai parcelas respecto das cales non se pode determinar a súa titularidade, achegarase unha lista con eses titulares descoñecidos ou ilocalizados.

Para a determinación da situación xurídica das parcelas deberase contactar con todos os titulares con parcelas dentro do ámbito; para isto, realizarase a preparación e envío de notificacións aos titulares que non foi posible localizar-preparación de documentación e envío mediante carta certificada con xustificante de recepción.

LIII-5

Boa gobernanza das Sofor.

Para as Sofor, elaboración das exixencias de información que se deberán proporcionar de acordo cos puntos 2 e 3 do artigo 31 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro. En particular, do punto 3 deste artigo 31.

LIII-6

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

Primeira certificación (PEFC e FSC), certificación de mantemento (PEFC e FSC) ou certificación de servizos ecosistémicos.

LIII-7

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC.

De conformidade co artigo 9 do Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, só as agrupacións forestais formalmente constituídas cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo se poderán dotar dun documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Adicionalmente á adhesión, entregarase planimetría que indique a que modelo silvícola se vinculou cada referencia catastral.

LIII-8

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Elaboración da documentación necesaria para a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas por parte da AFXC, segundo o Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

ANEXO XVII

Documentación acreditativa das actuacións subvencionables
da subliña III-A (creación AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC)
(código de procedemento MR608F)

Documentación acreditativa do cumprimento das actuacións subvencionables da subliña III-A (creación de AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC), que se deberá entregar como documentación complementaria xunto coa solicitude de pagamento.

Nº clave

Actuación

Documentación acreditativa do cumprimento da
actuación que debe achegar a persoa beneficiaria

LIII-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC.

As listaxes.

Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

As listaxes.

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

Documentación que acredite o dereito de uso asinado.

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta.

Cartografía en formato shapefile.

LIII-2

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

Solicitude de inscrición ou certificado rexistral da súa inscrición.

LIII-3

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/Revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas.

Ficha individual de cada parcela ou área homoxénea.

LIII-4

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución da % de descoñecidos e ilocalizados).

Informe que acredite o proceso.

LIII-5

Boa gobernanza das Sofor.

Información ao Rexistro de Sofor.

LIII-6

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

Certificado emitido por unha entidade certificadora ou acreditación de participación cun titular cun certificado de grupo ou rexional.

LIII-7

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC.

Adhesión e planimetría.

LIII-8

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Solicitude de inscrición.