DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3736

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI461B) (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas que se indican no anexo ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI461B) (DOG núm. 122, do 28 de xuño), cun importe total concedido de 599.974,60 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.313D.480.2 (código de proxecto 2023 00097).

Esta convocatoria está cofinanciada nun 60 % polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4. «Unha Europa máis social e inclusiva», por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.8: fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular, para os colectivos desfavorecidos e medida 2.H.01: apoio á inserción laboral de mulleres vítima de violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2024

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº expediente

Entidade

NIF

Concesión

SI461B 2023-1

Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer Chantada

G27320225

44.217,60

SI461B 2023 -2

Asociación Síndrome de Down Teima Ferrol

G15458060

40.249,44

SI461B 2023-3

Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

51.425,16

SI461B 2023-4

Asociación Síndrome de Down Lugo

G27202043

25.480,92

SI461B 2023-5

Asociación Alar Galicia Proxectos de Inserción

G15775901

66.326,40

SI461B 2023-6

Asociación Saúde Mental A Mariña

G27262799

40.295,06

SI461B 2023-7

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo (Aspavi)

G36870558

55.272,00

SI461B 2023-8

Fundación Érguete-Integración

G36861078

34.853,88

SI461B 2023-9

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Demencias Afines de A Coruña (Afaco)

G15538838

36.740,66

SI461B 2023-10

Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías

G10645075

44.217,60

SI461B 2023-11

Asociación Centro Cultural, Artístico e Recreativo Valladares

G36617082

43.200,00

SI461B 2023-12

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos)

G05324314

48.053,16

SI461B 2023-13

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

44.217,60

SI461B 2023-14

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

25.425,12