DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4083

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 18 de decembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 28 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 5 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Ismael Vilacoba Vieito
Presidente do tribunal