DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4082

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 15 de decembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 28 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 4 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal