DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4109

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2023, pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 15 de decembro de 2023 que se cita no sumario (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 26 de decembro), cómpre modificar os anexos que figuran nela, para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participar no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Incluír os seguintes códigos de posto:

Categoría 060

Auxiliar técnico/a de obra,
auxiliar técnico/a de obra TIE

NIF

Inicial do apelido 1

Inicial do apelido 2

Inicial do nome

IVA191000032001147

***6085**

F

A

M

Esta resolución pon fin á vía administrativa y contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública