DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4107

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 15 de decembro de 2023 que se cita no anexo (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), cómpre modificar os anexos que figuran nela, para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participar no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Incluír os seguintes códigos de posto:

Categoría 35

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

NIF

Inicial do apelido 1

Inicial do apelido 2

Inicial do nome

EDC995010136001035

***2309**

T

C

J

Categoría 33

Bombeiro/a forestal. Condutor de motobomba

NIF

Inicial do apelido 1

Inicial do apelido 2

Inicial do nome

MRC995015232320074

***4651**

A

R

C

Eliminar o seguinte código de posto, por figurar no proceso de funcionarización convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril)

Categoría 05

Oficial/a de 2ª cociña (…)

NIF

Inicial do apelido 1

Inicial do apelido 2

Inicial do nome

EDC994010127140001

***1348**

F

P

A

Modificar a categoría asignada á seguinte persoa, que pasa da categoría 04 (auxiliar de fogar, coidador/a auxiliar...) á categoría 03 (auxiliar sanitario/a, auxiliar de clínica...).

Categoría 03

Auxiliar sanitario/a (…)

NIF

Inicial do apelido 1

Inicial do apelido 2

Inicial do nome

PSC994080115570098

***8736**

B

H

M

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública