DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4010

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 7 de setembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).

Mediante a Resolución do 7 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse e convocáronse as bases reguladoras para as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

Segundo o artigo 16.1 das bases reguladoras, e de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e prelación previstos no artigo 14 e segundo o establecido nos artigos 5 e 13 das bases reguladoras, por un importe total de 1.094.615,08 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2023.11.20.313B.481.2, código de proxecto e denominación «2018 00004. Axudas 0,7 % IRPF», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non superaren o limiar de puntuación establecido no artigo 13.3 ou non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada. Utilizarase para tal efecto o anexo V.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que outorgue a Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez que sexa notificada a resolución de concesión.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de marzo de 2025.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través da conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través da conta xustificativa con presentación de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23, ademais do anexo VI.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2024.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e coas demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que procedan, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas ou investimentos subvencionados o seu financiamento por parte da Xunta de Galicia, de xeito que se cumpra a obriga de dar publicidade dos programas/investimentos subvencionados con cargo a esta convocatoria, nos termos establecidos no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

i) Ter subscrita unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Número do expediente

Nome

NIF

Denominación do programa

Importe solicitado

Total puntos

Importe da subvención

SI452A-2023-00000037-00

Cáritas Federadas Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela En Galicia

R1500444C

Programa educación para a saúde e apoio á muller-Avelaíña

54.327,18

99

54.327,18

SI452A-2023-00000047-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Empoderamento a mulleres en situacións de dificultade social

75.000,00

93

59.510,72

SI452A-2023-00000044-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

G15068091

Kaiseki: motor de cambio para a transformación social da muller xorda rural

75.000,00

92,75

59.350,75

SI452A-2023-00000038-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

Activa-das. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade

75.000,00

87,75

56.151,25

SI452A-2023-00000036-00

Ecos do Sur

G15354483

Olimpia VI

74.999,65

86,75

55.511,35

SI452A-2023-00000022-00

Fundación Acción Contra el Hambre

G81164105

Vives emprega saudable 2024: competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión

35.992,83

85,5

35.992,83

SI452A-2023-00000055-00

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

Programa dirixido a promover a saúde integral das mulleres

75.000,00

83,75

35.727,77

SI452A-2023-00000004-00

Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (Bumei)

G27441153

Enténdote, colle a miña man VI!

75.000,00

83,5

35.621,12

SI452A-2023-00000014-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Achégate á rede

17.260,00

81,5

17.260,00

SI452A-2023-00000053-00

Asociación Médicos del Mundo

G79408852

Tratamento da saúde integral das mulleres en situación de prostitución, con especial atención ás consecuencias na súa saúde mental

67.783,26

81

34.554,62

SI452A-2023-00000007-00

Fundación Anar

G80453731

Teléfono/chat Anar contra a violencia de xénero da Comunidade Autónoma de Galicia

34.035,57

80

34.035,57

SI452A-2023-00000003-00

ONG Mestura para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

Programa Saimi V edición

26.288,52

79,75

26.288,52

SI452A-2023-00000028-00

ACCEM

G79963237

Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituídas

74.886,23

79,5

33.914,71

SI452A-2023-00000058-00

Fundación Amigó

G81454969

Prevención e atención da violencia contra a muller no ámbito familiar: proxecto Convivindo

60.000,00

79,5

33.914,71

SI452A-2023-00000011-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente-CDR O Viso

G32122376

Elas-empoderamento, liberdade, autoestima, solidariedade

75.000,00

78,75

33.594,76

SI452A-2023-00000029-00

Federación Aspace Galicia

G36344950

Mulleres empoderadas: programa de empoderamento e participación activa para mulleres con parálise cerebral

39.802,44

76,5

32.634,91

SI452A-2023-00000006-00

Asociación Saúde Mental, A Mariña

G27262799

Velando pola miña saúde integral V

20.500,00

76

20.500,00

SI452A-2023-00000059-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

A voz da igualdade

17.852,82

75,25

17.852,82

SI452A-2023-00000035-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Programa Calí, pola igualdade das mulleres xitanas

74.310,86

75

31.995,01

SI452A-2023-00000043-00

Federación de Asociaciones de Familiares y Enfermos Mentales de Galicia

G15545353

Tempo de lecer e saúde en igualdade

75.000,00

74,5

23.836,29

SI452A-2023-00000033-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

Redmur

51.482,76

74

23.676,31

SI452A-2023-00000013-00

Asociación Diagnosticados de Cancro de Mama

G36380301

Por vós vale a pena 3.0! Programa de saúde integral para mulleres en situación de especial vulnerabilidade e/ou cancro de mama ou xinecolóxico

21.586,60

72,75

21.586,60

SI452A-2023-00000012-00

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector

G15784978

Programa de prevención para o desenvolvemento integral da muller

39.039,52

71

22.716,46

SI452A-2023-00000016-00

Red Española de Entidades por el Empleo. Red Araña

G58579806

Muller TIC

59.092,00

71

22.716,46

SI452A-2023-00000039-00

Down Vigo. Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Formación universitaria para mulleres coa síndrome de Down e diversidade intelectual para a mellora da súa capacitación e empregabilidade

30.000,00

70,5

22.556,48

SI452A-2023-00000030-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Itinerarios de apoderamento para mulleres migrantes en situación de especial vulnerabilidade

75.000,00

69,75

22.316,52

SI452A-2023-00000017-00

Fundación ECCA Social

G72405277

Muller avanza

72.411,11

69,5

22.236,54

SI452A-2023-00000064-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Actuacións para a prevención de VIH e outras ETS en mulleres que exercen a prostitución

28.890,91

69

22.076,56

SI452A-2023-00000010-00

Fundación Estela

G15752660

Xerentas: empoderamento da muller a través da promoción do autoemprego

66.298,54

68,5

21.916,59

SI452A-2023-00000001-00

Asociación Alar Galicia. Proxectos de Inserción

G15775901

Programa Atenea, de apoio e tratamento integral dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero especialmente vulnerables.

75.000,00

68,25

21.836,60

SI452A-2023-00000024-00

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Programa de asesoramento xurídico e orientación laboral a mulleres en situación de explotación laboral, discriminación, precariedade ou economía somerxida

30.310,00

68

21.756,61

SI452A-2023-00000054-00

Fundación Mujeres

G80974702

ACE (actívate creando empresas)

75.000,00

66,75

21.356,67

SI452A-2023-00000023-00

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

Recurso residencial e asistencial para mulleres novas procedentes do sistema de protección

74.918,75

66

21.116,71

SI452A-2023-00000061-00

Asociación Antonio Noche

G15210388

Programa Elas

75.000,00

65

20.796,76

SI452A-2023-00000019-00

Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

E-muller

52.500,00

63

13.437,90

SI452A-2023-00000021-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer Chantada

G27320225

Programa Concilia, de respiro para mulleres coidadoras informais do medio rural

75.000,00

63

13.437,90

SI452A-2023-00000050-00

Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP)

G36624120

Mirando por nós II

42.410,91

62,25

13.277,92

SI452A-2023-00000046-00

Valores Innovation

G70377585

Vivenda activa e preventiva, casas violeta-casas fogar, de refuxio e/ou transición a unha vida autónoma dentro do programa integral

17.447,80

62

13.224,60

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desistidas

Número do expediente

Nome

NIF

Causa de exclusión, inadmisión ou denegación

SI452A-2023-00000034-00

Asociación Gallega de Afectados por Transplantes Medulares

G70370713

Incumprimento do artigo 13): requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido

SI452A-2023-00000062-00

Fundación Educativa y Social Dignidad

G27473677

Incumprimento do artigo 13): requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido

SI452A-2023-00000068-00

ONGD Senvalos

G70610282

Artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: desistencia expresa da solicitude

SI452A-2023-00000049-00

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000052-00

Asociación de Familiares y Enfermos Mentales Morea

G32187049

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000051-00

Asamblea de Cooperación por la Paz

G80176845

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000009-00

Ansias Asociación de Familias de Menores Trans*

G27820182

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000005-00

Asociación Alumbre Saúde Mental

G27198977

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000025-00

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000042-00

Asociación Xaruma

G27746486

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000026-00

Asociación de Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000018-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense

G32198970

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000056-00

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000066-00

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000032-00

Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual

G36880615

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000015-00

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000027-00

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000002-00

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000060-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

G94088549

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000008-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais Ourense

G32237869

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000063-00

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000045-00

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000041-00

Asociación Centro Cultural Artístico y Recreativo Valladares

G36617082

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000067-00

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000065-00

Asociación Centinelas

G70390745

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000040-00

Asociación pro Salud Mental A Creba

G15476310

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000048-00

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000020-00

Asociación de Mulleres Progresistas

G36657336

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000031-00

Asociación Axel (Asociación de Xoves Emprendedores Lucenses)

G27305218

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)

SI452A-2023-00000057-00

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Non superar o limiar de puntuación (art. 12.4)