DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 23 de xaneiro de 2023 ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Isabel Fariña Negreira
Presidenta do tribunal