DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4560

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas de persoal sanitario da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 13 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro), fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con data do 5 de xaneiro de 2024 rematou o prazo establecido no punto terceiro da dita resolución para presentar reclamacións.

Como consecuencia da insuficiencia de persoal sanitario nas listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, urxe a publicación das listas para a provisión de postos do corpo facultativo superior de Administración especial, escala de facultativos, especialidade medicina; do corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de técnicos facultativos, especialidade enfermaría, e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de auxilliares de clínica, con anterioridade e de xeito independente á publicación das restantes listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Polo tanto, unha vez examinadas e resoltas as reclamacións correspondentes ás alegacións das listas para a provisión destas escalas, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

As ditas listas incluirán a seguinte información:

– Solicitantes admitidos/as na lista, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos/as, con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitaren a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.

Quinto. Contra esta resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominacion

A1

208F

Escala de facultativos. Especialidade medicina

A2

208A

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría

C2

20A3

Escala de auxiliares de clínica