DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4349

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 1024, na disposición derradeira, onde di: «O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: « O presente acordo entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».