DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4347

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).

BDNS (Identif.): 739709.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter unha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística

b) Ter remitida a conta xeral do concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2022 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 5.333.334,00 €, coa seguinte distribución por anualidades:

Ano

Feder (60 %)

Fondos propios da Comunidade Autónoma (20 %)

Total

2024

2.000.000,00

666.667,00

2.666.667,00

2025

2.000.000,00

666.667,00

2.666.667,00

Totais

4.000.000,00

1.333.334,00

5.333.334,00

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes