DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5689

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Advertido un erro na resolución anterior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do 18 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 4559, no parágrafo primeiro, na sexta liña, onde di:

«… o segundo exercicio da oposición terá lugar o 23 de xaneiro de 2023 ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«… o segundo exercicio da oposición terá lugar o 23 de xaneiro de 2024 ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela».