DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5688

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e a do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e único exercicio do proceso selectivo.

Advertido un erro na resolución anterior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3747, no parágrafo primeiro, na décima liña, onde di:

«… o primeiro e único exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 27 de xaneiro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«… o primeiro e único exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 27 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela».