DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarias de carreira dunha técnica da Administración xeral e dunha subalterna.

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 31.10.2023 e 3.11.2023, nomeou funcionarias de carreira deste concello a:

– Montserrat González Pérez, con DNI ***2661**, para ocupar unha praza de técnico/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso oposición, por promoción interna, da modificación da OEP ordinaria do ano 2021.

– Tania González Velo, con DNI ***7117**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas, polo sistema oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, que se publican de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, as persoas interesadas tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente en dereito.

Pontevedra, 29 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados