DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5654

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

BDNS (Identif.:) 739787.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión Europea, físicas ou xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizaren unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se pretende financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpriren os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.

Tamén poderán ter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é regular as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I ás bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

Cuarto. Importe

Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2024 polo importe máximo de 2.000.000 de € (partida orzamentaria 09.A1.741A.8900). En relación coas compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 250.000 € para o exercicio 2024 e de 270.000 € para o exercicio 2025, partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro e/ou ás comisións de aval financiarase con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, cunha dotación de 250.000 € para o exercicio 2024, 4.430.000 € para o exercicio 2025 e 4.500.000 € para o exercicio 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo comezará ás 8.00 horas do día hábil seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do día 30 de setembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica