DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 5979

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no artigo 69.4 que corresponde ás administracións educativas, no ámbito das súas competencias, organizar periodicamente probas para que as persoas maiores de vinte anos poidan obter directamente o título de bacharel, sempre que demostren ter alcanzado os obxectivos de bacharelato.

A Orde de 10 de febreiro de 2012, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia, establece a ordenación xeral da dita proba para a nosa comunidade.

O Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, no punto 2 da disposición transitoria primeira, establece que as probas que ata o final do curso 2023/24 realicen as administracións educativas para a obtención directa do título de bacharel se organizarán baseándose na configuración curricular desenvolvida a partir do Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, para o caso da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establece a obrigatoriedade de cursar a materia de Historia da Filosofía para o alumnado que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

O Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no punto 5 da disposición adicional terceira que corresponde á consellería con competencias en materia de educación a organización de probas para que as persoas maiores de vinte anos poidan obter directamente o título de bacharel.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2024 na Comunidade Autónoma de Galicia, con código de procedemento administrativo ED534A, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Segundo. Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos do bacharelato, establecidos no artigo 33 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, así como os fixados nos aspectos básicos do currículo recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Data e lugar de realización da proba

1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

2. Cando o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba no IES San Clemente, a Dirección Xeral de Formación Profesional establecerá outro centro ou centros nos cales os aspirantes realizarán a proba.

Cuarto. Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Quinto. Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

1. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024.

Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela.

Sexto. Persoas con necesidades educativas especiais

1. As persoas con necesidades educativas especiais que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver (anexo I).

2. A presidencia do tribunal determinará se procede adoptar medidas ou facilitar recursos adicionais para cada caso e informará a persoa interesada da súa decisión.

3. A presidencia do tribunal adoptará as medidas e facilitará os recursos adicionais que se determinen para permitir que estas persoas poidan realizar a proba. Cando sexa necesario, poñerá esta circunstancia en coñecemento da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que facilite os recursos necesarios.

Sétimo. Validacións

As persoas aspirantes poderán solicitar a validación dos exercicios da proba de acordo co establecido no artigo 13 da Orde do 22 de decembro de 2016 e no anexo III desta resolución.

Oitavo. Exención da realización da proba das materias de Lingua Galega e Literatura I e II

1. Consonte o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, as persoas aspirantes procedentes doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro poderán solicitar a exención da realización da proba de Lingua Galega e Literatura I e II.

2. A solicitude de exención consignarase no formulario de inscrición na proba (anexo I).

Noveno. Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición

1. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

3. Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centros educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 5 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

4. A identidade dos solicitantes quedará acreditada mediante DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

5. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

b) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.

c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º andar, 36202 Vigo.

Décimo. Documentación complementaria

1. Cando proceda, a documentación complementaria deberá presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 5 da epígrafe novena ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

a) Pasaporte ou documento acreditativo da identidade recoñecido en dereito.

b) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

c) Certificacións académicas ou copia do libro de escolaridade e/ou historial académico que acrediten ter superado materias que permitan validar algún exercicio da proba.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Décimo primeiro. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

• Certificado do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de solicitar a adaptación da proba.

• Historial académico dos estudos cursados en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo segundo. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 5 da epígrafe novena ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

Décimo terceiro. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo cuarto. Listaxes de persoas admitidas e excluídas e prazos de reclamacións

1. O día 5 de marzo de 2024 publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas (anexo II), con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2. Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas indicaranse para cada persoa aspirante os exercicios en que figura inscrita, con indicación, se é o caso, da nota correspondente aos exercicios validados e a concesión ou denegación da exención de realizar a proba das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

3. Unha vez publicadas as listaxes, as persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para formular escrito de reclamación contra estas dirixido á presidencia do tribunal, e presentar, se é o caso, a documentación que consideren oportuna.

4. O día 14 de marzo de 2024 publicarase a listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

Décimo quinto. Tribunais

1. Para avaliar e supervisar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral Formación Profesional designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta titular do corpo de inspectores de Educación e catro vogais titulares dos corpos de catedráticos/as de ensino secundario e/ou de profesores/as de ensino secundario; designará, así mesmo, un presidente ou unha presidenta suplente e catro vogais suplentes (anexo X).

2. Poderanse constituír comisións técnicas integradas por oito funcionarios e funcionarias dos corpos de catedráticos/as de ensino secundario e/ou de profesores/as de ensino secundario especialistas nas distintas materias que compoñen a proba, para os efectos de colaboración co tribunal na aplicación e na corrección dos exercicios da proba.

3. Á vista das persoas aspirantes inscritas, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá establecer outros tribunais de seren necesarios para a realización da proba.

Décimo sexto. Normas para a realización da proba

1. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

2. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos alfanuméricos. Os membros do tribunal poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, será retirada e non poderá ser substituída por outra.

b) Nas materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas con apéndices gramaticais, pero sen páxinas de contidos literarios.

c) Na materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

d) Na materia de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, regra, escuadro ou cartabón.

3. As persoas aspirantes non poderán acceder á proba con auriculares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos. Os membros do tribunal poderán comprobar en calquera momento o cumprimento desta norma.

4. Non respectar estas instrucións, copiar, valerse de información subministrada por terceiros, utilizar material non autorizado ou calquera tipo de actuación fraudulenta detectada durante a realización dos exercicios comportará a non superación da proba na súa totalidade.

Décimo sétimo. Estrutura da proba

1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.

2. O segundo exercicio (anexo IV) terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:

1. Física e Química e Física.

2. Física e Química e Química.

3. Debuxo Técnico I e II.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais en calquera dos seus dous itinerarios, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:

1. Economía e Economía da Empresa.

2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

3. Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida.

Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:

1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Décimo oitavo. Desenvolvemento da proba

1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

2. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.

Parte 2, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.

3. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.

Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia de Filosofía.

Décimo noveno. Cualificacións provisionais e reclamacións

1. O día 15 de maio de 2024 faranse públicas as cualificacións provisionais e poderanse consultar de maneira presencial no centro de inscrición na proba ou no espazoAbalar, ao que se poderá acceder no enderezo web https://espazoabalar.edu.xunta.gal/ con certificado dixital ou Chave365, ou a través da aplicación abalarMóbil. O acceso á aplicación móbil tras a súa descarga farase mediante o número de teléfono móbil que se facilite no formulario de inscrición na proba (anexo I) no cal recibirá un código de acceso.

2. Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación mediante escrito motivado dirixido á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións.

3. A reclamación presentarase na secretaría do centro de inscrición na proba ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Ademais, poderase adiantar o envío por correo electrónico ao enderezo educadultos@edu.xunta.gal, o cal non suplirá en ningún caso a presentación do escrito na secretaría do centro.

Vixésimo. Resolución

1. Resoltas as reclamacións, o día 24 de maio de 2024 faranse públicas as cualificacións definitivas e poderanse consultar seguindo o procedemento indicado no punto 1 da epígrafe décimo novena.

2. Contra estas cualificacións poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

Vixésimo primeiro. Superación da proba

A proba considerarase superada cando se obteña unha cualificación global igual ou superior a cinco puntos nos dous exercicios que a compoñen.

Vixésimo segundo. Superación parcial da proba

As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación obtida no exercicio superado para sucesivas convocatorias (anexo VII).

Vixésimo terceiro. Expedición do título de bacharel

As persoas aspirantes que superen a proba poderán solicitar a expedición do título de bacharel na modalidade correspondente.

Vixésimo cuarto. Certificación

1. A acta de avaliación (anexo V) recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a validación destes.

2. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VI), para os efectos da certificación mencionada no punto 4 desta epígrafe.

3. As persoas que superen a proba poderán solicitar unha certificación da cualificación obtida. O tribunal expedirá esa certificación segundo o modelo do anexo VIII desta resolución.

4. As persoas que superen a proba poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, para xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal estenderá esa certificación segundo o modelo do anexo IX.

5. Os centros en que se constitúan os tribunais conservarán toda a documentación relativa á proba para a súa tramitación e custodia.

6. As certificacións da proba que se soliciten con posterioridade ao proceso de avaliación serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se realizou a proba.

Vixésimo quinto. Publicación e información

1. A relación de persoas admitidas e excluídas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

2. As cualificacións provisionais e definitivas poderán ser consultadas seguindo o procedemento establecido no punto 1 da epígrafe décimo novena.

Disposición adicional única. Efectos económicos do tribunal e das persoas asesoras especialistas

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, o tribunal e as comisións técnicas ateranse á categoría correspondente que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2024

Lista de persoas aspirantes admitidas

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte

(2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de Lingua Galega e Literatura I e II

(3)

NIF

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indíquese cunha aspa [X] no exercicio ou exercicios en que a persoa aspirante está inscrita.

(2) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indíquese SI no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON, no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2024

Lista de persoas aspirantes excluídas

NIF

Razón da exclusión

ANEXO III

Validación de exercicios da proba por grupos de materias superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II

Lingua Castelá e Literatura I e II

Primeira Lingua Estranxeira I e II

Filosofía

Historia de España

Primeiro exercicio

Segundo exercicio: materias troncais, xerais e de opción, propias de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas dúas materias de 2º curso da modalidade elixida).

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo exercicio

As materias troncais xerais propias da modalidade:

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

– Matemáticas I

– Matemáticas II

– Latín I e II

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso. De segundo curso, obrigatoriamente, deberase ter superada a materia de Historia da Filosofía 1):

– Economía

– Grego I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Economía da Empresa

– Grego II

– Xeografía

– Historia da Arte

– Historia da Filosofía

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

– Bioloxía e Xeoloxía

– Debuxo Técnico I

– Física e Química

– Bioloxía

– Debuxo Técnico II

– Química

– Física

– Xeoloxía

1 Agás as persoas aspirantes que nos cursos académicos 2016/17 e 2017/18 realizaran os estudos do segundo curso de bacharelato, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, e teñan superadas as dúas materias de opción do bloque de materias troncais dese curso.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

– Fundamentos da Arte I

– Fundamentos da Arte II

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

– Cultura Audiovisual I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Artes Escénicas

– Cultura Audiovisual II

– Deseño

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV

Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1:

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escóllase unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escóllase unha destas dúas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO V

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2024

Folla número_____

Centro onde se realizou a proba:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de orde

Apelidos e nome

Modalidade

[1]

Idioma

[2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais) [3]

Validación 1º exercicio (materias comúns)[3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción)

[3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade)

[3]

Nota final [4]

Titula [5]

1) Escríbase: HCSH (Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades); HCSCS (Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais); CC (Ciencias); ART (Artes).

2) Escríbase: I (Inglés); F (Francés).

3) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10, non superado (NS), non presentado (NP).

4) NOTA FINAL: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

5) TITULA: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende................... persoas aspirantes e acaba con.................................................................................

............................................................, .......... de ............................................................... de 2024

Visto e prace

O/a presidente/a

Vogais

O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VI

Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2024

Folla número_____

Centro onde se realizou a proba:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Número de

orde

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(* ) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; non presentado (NP).

............................................................, .......... de ............................................................... de 2024

Visto e prace

O/a presidente/a

Vogais

O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VII

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Dirección Xeral de Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ... de ... de 2024

CERTIFICADO

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2024, realizada no centro

________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA que

____________________________________________________________________,

con DNI ___________________, superou (1)____________________

da proba coa cualificación que se expresa (2)__________.

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción».

(2) Indíquese a cualificación correspondente.

______________________, ____ de _______________ de 2024

Visto e prace

O/a presidente/a

O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Dirección Xeral de Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ... de ... de 2024

CERTIFICADO

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2024, realizada no centro

___________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA que

________________________________________, con DNI ________________, superou os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1)________________________ coa cualificación que se expresa_____________ e que, unha vez aboadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario. Escríbase: Ciencias; Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades; Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais; Artes

______________________, ____ de _______________ de 2024

Visto e prace

O/a presidente/a

O/a secretario/a do tribunal

ANEXO IX

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos

na convocatoria de abril de 2024, realizada no centro ______________________________

(consígnense centro e localidade)

CERTIFICA: que _____________________________, con DNI ___________________, obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN *

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN *

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Matemáticas (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Física

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química

Grego (I e II)

Debuxo Técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

______________________, ____ de _______________ de 2024

Visto e prace

O/a presidente/a

O/a secretario/a do tribunal

ANEXO X

Tribunal:

– Titulares:.

Presidenta titular: Verónica Martínez Delgado, inspectora de Educación.

Vogal titular 1: Ana Alberte Lista, profesora de ensino secundario.

Vogal titular 2: Susana González Marcos, profesora de ensino secundario.

Vogal titular 3: Pedro Antonio Labraña Barrero, catedrático de ensino secundario.

Vogal titular 4: Fernando Lojo Piñeiro, catedrático de ensino secundario.

– Suplentes:

Presidenta suplente: Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Vogal suplente 1: Carme González Bueno, profesora de ensino secundario.

Vogal suplente 2: Tomas Rodríguez Puy, profesor de ensino secundario.

Vogal suplente 3: María Mercedes Rodríguez Ruibal, catedrática de ensino secundario.

Vogal suplente 3: Francisco Javier Poch Gutiérrez, profesor de ensino secundario.