De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,
DISPOÑO:
Convocar para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de coordinador/a de persoal técnico superior en imaxe para o diagnóstico no Hospital Universitario de Ourense, que se relaciona no anexo desta resolución.
As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As solicitudes deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento pdministrativo común das administracións públicas.
Ourense, 15 de xaneiro de 2024
Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Denominación do posto: coordinador/a de persoal técnico superior en imaxe para o diagnóstico.
Número de vacantes: 1.