De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 9 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro), grupo IV.1, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional especialista de oficios (xardineiro) a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Quenda de acceso libre
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
1 |
***7466** |
Álvarez Escudero, Fabio |
PL000709 |
Especialista de oficios (xardineiro). Área de Operación de Infraestruturas |
Mañá |
Compostela |
Permiso de conducir B/Curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios |
