DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2023.

Na Resolución de Alcaldía nº 2023-0815, do 28 de decembro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Meis. En cumprimento da citada resolución, procédese á publicación da oferta de emprego público do Concello de Meis para o ano 2023, e as prazas que se ofertan son as seguintes:

Persoal funcionario de carreira:

Nº prazas

Denominación

Natureza

Grupo

Subgrupo

Sistema de acceso

1

Administrativo

Funcionario

C

C-1

Concurso-oposición

Persoal laboral:

Nº prazas

Denominación

Natureza

Grupo laboral

Sistema de acceso

1

Subalterno/a

Laboral fixo

V

Concurso-oposición

1

Limpador/a

Laboral fixo

V

Concurso

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da Lei 39/2015; entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada e daquela os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas xulguen procedente conforme dereito.

Meis, 2 de xaneiro de 2024

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa